Grao en Enxeñaría Naval e Oceánica

2024/2025 · 240 créditos

Que se aprende

A titulación proporciona ao alumno os coñecementos necesarios para integrarse con éxito en calquera dos distintos ámbitos relacionados co sector naval, incluíndo principalmente aqueles necesarios para o deseño, construción e reparación de buques e artefactos oceánicos de todo tipo (plataformas offshore, sistemas de xeración enerxética, instalacións de acuicultura, etc.), así como para a inspección dos mesmos.

Competencias completas do estudo

Saídas profesionais e académicas

O ámbito en que os Graduados en Enxeñaría Naval e Oceánica terán competencias para redactar, asinar e desenvolver proxectos é o deseño de buques e artefactos oceánicos, así como dos seus sistemas de propulsión e auxiliares.

No caso dos nosos egresados do Grao de Enxeñería Naval e Oceánica, atópanse, unha gran maioría dos mesmos, empregados directamente en empresas e institucións do sector naval (estaleiros, navieras, enxeñerías, portos, sociedades de clasificación, administración, etc.), onde os graduados da Escola Politécnica Superior, agora EPEF, teñen unha gran reputación.

Contorno profesional no que se sitúa

Este grao habilita para a profesión regulada de enxeñeiro/a técnico/a naval (Orde CIN/350/2009) coas atribucións profesionais dos actuais enxeñeiros técnicos navais, tanto na especialidade de estruturas mariñas como na de propulsión e servizos do buque. Así mesmo, dá acceso ao Mestrado en Enxeñaría Naval e Oceánica, que habilita para exercer esa profesión regulada (Orde CIN/354/2009).

A situación xeográfica da EPEF na cidade de Ferrol, cidade cunha ampla tradición no sector naval, permite que as actividades profesionais e de investigación realizadas polos docentes da titulación están intimamente relacionadas co tecido industrial, favorecendo a interacción Universidade – Empresa e permitindo aos alumnos coñecer de preto a investigación aplicada ao sector marítimo de primeiro nivel internacional.

Saídas profesionais e académicas

As saídas profesionais do graduado en Enxeñería Naval e Oceánica son moi numerosas, e abarcan todos os campos do sector naval. Así, inclúen a integración en:

  • Oficinas técnicas navais
  • Estaleiros de construción e a reparación naval
  • Compañías navieras
  • Fabricantes de motores e outros equipos auxiliares
  • Consultorías
  • Portos
  • Explotación de recursos mariños (industria petroleira, de enerxías renovables ou acuicultura)
  • Sociedades de clasificación
  • Organismos públicos e privados de investigación
  • docencia, etc.
  • Así mesmo, os graduados en Enxeñería Naval e Oceánica manteñen unha formación o suficientemente ampla como para poder empregarse con facilidade noutros campos da enxeñería diferentes ao naval.

    Empresas e institucións colaboradoras

    A EPEF dispón de de mais de 200 convenios firmados con empresas de todos os sectores industriais, das cales as mais relevantes son:

  • Navantia
  • ARDAGH, SAU
  • Astilleros Armon, SA
  • Astilleros Canarios, SA
  • Astilleros Lagos
  • Atein Naval, SL
  • Balenciaga, SA
  • Celta Prix, SL
  • Construcciones Navales del Norte
  • Construcciones Navales Freire, SA
  • DETEGASA
  • Cuest Global
  • Electrorayma, SL
  • Ghenova Ingeniería, SL
  • IN-Ingeniería Naval y Oceánica
  • Intaf, SA
  • M.P. Yacht Design, SL
  • Seatech Consulting, SL
  • Talleres Mecánicos de Galicia, SL
  • CT Ingenieros
  • Planificación do ensino

    O plan de estudos do grao en Enxeñería Naval e Oceánica estrutúrase en catro cursos, con dous cuadrimestres por curso. En cada cuadrimestre cúrsanse ordinariamente cinco materias.

    Esta titulación dispón de guía docente
    Podes consultala para coñecer máis sobre o estudo. Na táboa inferior tamén podes consultar as guías docentes particulares a aquelas materias que dispoñen de ela.

    Estrutura do estudo

    Os estudos de grao organízanse por cursos. Fai clic nun curso para obter máis información.

      Guía Carácter Cuadr. créditos
    Matemáticas 1 Formación básica 6 ECTS
    Física 1 Formación básica 6 ECTS
    Química Formación básica 6 ECTS
    Construción Naval e Sistemas de Propulsión Obrigatorio 6 ECTS
    Estatística Formación básica 6 ECTS
    Expresión Gráfica Formación básica 6 ECTS
    Matemáticas 2 Formación básica 6 ECTS
    Física 2 Formación básica 6 ECTS
    Organización e Xestión da Empresa Formación básica 6 ECTS
    Métodos Informáticos Formación básica 6 ECTS
      Guía Carácter Cuadr. créditos
    Debuxo Naval Obrigatorio 6 ECTS
    Ecuacións Diferenciais Formación básica 6 ECTS
    Electrotecnia Obrigatorio 6 ECTS
    Termodinámica Técnica Obrigatorio 6 ECTS
    Mecánica Obrigatorio 6 ECTS
    Ciencia e Enxeñaría de Materiais Obrigatorio 4,5 ECTS
    Automatismos, Control e Electrónica Obrigatorio 6 ECTS
    Elasticidade e Resistencia de Materiais Obrigatorio 6 ECTS
    Mecánica de Fluídos Obrigatorio 6 ECTS
    Hidrostática e Estabilidade Obrigatorio 7,5 ECTS
      Guía Carácter Cuadr. créditos
    Enxeñaría da Calidade e Medioambiente Obrigatorio 4,5 ECTS
    Transmisión de Calor Obrigatorio 4,5 ECTS
    Hidrodinámica Naval Obrigatorio 7,5 ECTS
    Estruturas Mariñas 1 Obrigatorio 6 ECTS
    Proxecto de Buques e Artefactos Mariños 1 Obrigatorio 7,5 ECTS
    Estruturas Mariñas 2 Obrigatorio 6 ECTS
    Máquinas Mariñas e Sistemas de Propulsión 1 Obrigatorio 6 ECTS
    Sistemas Auxiliares do Buque 1 Obrigatorio 6 ECTS
    Sistemas Hidráulicos e Pneumáticos Obrigatorio 6 ECTS
    Procesos de Fabricación e Montaxe Obrigatorio 6 ECTS
      Guía Carácter Cuadr. créditos
    Tecnoloxía da Construción Naval Obrigatorio 7,5 ECTS
    Vibracións e Ruídos Obrigatorio 4,5 ECTS
    Máquinas Mariñas e Sistemas de Propulsión 2 Obrigatorio 6 ECTS
    Sistemas Auxiliares do Buque 2 Obrigatorio 6 ECTS
    Sistemas Eléctricos e Electrónicos do Buque Obrigatorio 6 ECTS
    Prácticas en Empresa Optativo 4,5 ECTS
    Transporte Marítimo Obrigatorio 6 ECTS
    Proxecto de Buques e Artefactos Mariños 2 Obrigatorio 6 ECTS
    Mantemento e Reparación de Buques Con restriccións Optativo 4,5 ECTS
    Traballo Fin de Grao Obrigatorio 13,5 ECTS
    Buques de Guerra Optativo 4,5 ECTS
    Visitas Técnicas Optativo 4,5 ECTS

     BOE co plan de estudos (PDF)

    Profesorado

    O ensino do plan de estudos está a cargo de docentes dos departamentos de: Ciencias da Computación e Tecnoloxías da Información, Ciencias da Navegación e Enxeñaría Mariña, Construcións e Estruturas Arquitectónicas, Civís e Aeronáuticas, Empresa, Enxeñaría Civil, Enxeñaría de Computadores, Enxeñaría Industrial, Enxeñaría Naval e Industrial, Física e Ciencias da Terra, Matemáticas e Química.

    Os estudos de grao organízanse por cursos. Fai clic nun curso para obter máis información.

    Accións para a mobilidade do estudantado

    A UDC mantén convenios de mobilidade de estudantes con universidades e institucións de educación superior de catro continentes. Cada curso académico publícanse varias convocatorias de mobilidade de estudantes para que estes poidan cursar parte dos seus estudos nunha desas institucións (un semestre ou un ano académico completo), obtendo pleno recoñecemento académico ao seu regreso no expediente UDC do estudante.

    Nesas convocatorias publícanse as prazas das que a UDC dispón para ofrecer aos estudantes dos distintos centros e, no seu caso, as condicións específicas de cada unha delas. Do mesmo xeito, todos os anos convócanse bolsas para financiar a realización de prácticas no estranxeiro por parte dos estudantes

    As prácticas serán tamén recoñecidas como parte do seu expediente académico ou no suplemento europeo ao título. O estudante é libre para buscar a empresa ou institución de destino do EEES na que desexa facer as prácticas. A estes efectos, a UDC ten un taboleiro virtual no que se publican as ofertas que chegan ao seu coñecemento.

    As convocatorias de mobilidade xestiónanse conxuntamente nos centros de procedencia dos estudantes, baixo a dirección dos Responsables de Relacións Internacionais dos centros, e na Oficina de Relacións Internacionais da Universidade (ORI). Os requisitos xerais para acceder a unha praza de mobilidade, os dereitos e obrigacións dos estudantes, así como o procedemento para conceder as prazas regúlanse no Regulamento de Mobilidade da UDC.