Grao en Máquinas Navais

2024/2025 · 240 créditos

Que se aprende

As materias do plan de estudos garanten a aprendizaxe das competencias necesarias para a operación, o mantemento, o deseño, o redeseño e a xestión das instalacións de buques.

Os graduados adquiren unha formación científico-tecnolóxica moi ampla, que tamén lles permite aplicar a metodoloxía e a técnica da enxeñaría nun extenso abano de actividades do sector enerxético, industrial, oficina técnica, produción de equipos, xestión e administración etc.

Competencias completas do estudo

Competencias xenéricas

As competencias xenéricas establécense co obxectivo de que os estudantes acaden coñecementos, habilidades e actitudes útiles para desenvolverse non só no ámbito profesional senón tamén na vida cotiá dentro dunha sociedade crítica e en continuo cambio.

Deste xeito, o título recolle entre outras, competencias como:

  • Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria.
  • Valorar críticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
  • Aplicar os coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional.

Competencias específicas

Os contidos da titulación garante a adquisición das competencias STCW (Standards of Training, Certification and Watchkeeping), que habilitan para a profesión de Oficial de Máquinas e de Oficial Electrotécnico (ETO) da Mariña Mercante, e de competencias específicas da rama de coñecemento a que pertence a titulación, Enxeñería e Arquitectura.

Cabe apuntar as seguintes:

  • Capacidade para a realización de inspeccións, medicións, valoracións, tasacións, peritacións, estudos, informes, planos de labores e certificacións nas instalacións do ámbito da súa especialidade
  • Capacidade para a dirección, organización e operación das actividades obxecto das instalacións marítimas no ámbito da súa especialidade
  • Operar, reparar, manter e optimizar a nivel operacional as instalacións industriais relacionadas como motores alternativos de combustión interna, turbinas de vapor e de gas, caldeiras, ciclos combinados, equipos eléctricos, instalacións frigoríficas, instalacións de aire acondicionado, plantas potabilizadoras, grupos electróxenos, etc.
  • Ter a capacidade para a operación, mantemento e deseño de sistemas hidráulicos y pneumáticos
  • Coñecementos e capacidade para a realización de auditorías enerxéticas de instalacións marítimas

Competencias transversais

As competencias transversais son destrezas que permiten ao alumno desenvolver e aplicar as súas propias competencias en actividades diversas. Podemos destacar, a versatilidade, comunicarse de forma efectiva, traballo en equipo, iniciativa, responsabilidade social, etc.

Saídas profesionais e académicas

Accedese ao exercicio profesional de Oficial de Máquinas da Mariña Mercante (Marine Engineer) e Oficial Electrotécnico (ETO), segundo o RD 269/2022. Non obstante, o carácter multidisciplinar da formación adquirida facilita a inserción en un mercado laboral cunha alta demanda no sector industrial marítimo e terrestre. Destacar que a titulación ten unha taxa de paro do 0% e é a titulación con maior remuneración económica segundo o último informe de inserción laboral elaborado polo Observatorio Ocupacional da UDC.

Saídas profesionais e académicas

  • Oficial de Máquinas da Mariña Mercante, e xunto co Mestrado en Enxeñaría Mariña da acceso á profesión de Xefe de Máquinas
  • Oficial Electrotécnico (ETO) da Mariña Mercante
  • Administración marítima
  • Navieiras
  • Inspección e sociedades de clasificación de buques
  • Estaleiros
  • Instalacións enerxéticas e industriais
  • Mantemento mecánico e eléctrico
  • Oficina técnica en deseño e enxeñaría
  • Ensino e acceso a mestrado e doutoramento

Planificación do ensino

As materias poden impartirse en castelán, galego e/ou inglés, segundo conste nas guías docentes de cada materia.

Esta titulación dispón de guía docente
Podes consultala para coñecer máis sobre o estudo. Na táboa inferior tamén podes consultar as guías docentes particulares a aquelas materias que dispoñen de ela.

Estrutura do estudo

Os estudos de grao organízanse por cursos. Fai clic nun curso para obter máis información.

  Guía Carácter Cuadr. créditos
Matemáticas I Formación básica 6 ECTS
Química Formación básica 6 ECTS
Física I Formación básica 6 ECTS
Informática Formación básica 6 ECTS
Empresa e Dereito Marítimo Formación básica 6 ECTS
Matemáticas II Formación básica 6 ECTS
Expresión Gráfica Formación básica 6 ECTS
Física II Formación básica 6 ECTS
Ciencia e Enxeñaría de Materiais Obrigatorio 6 ECTS
Formación Sanitaria e Marítima Obrigatorio 6 ECTS
  Guía Carácter Cuadr. créditos
Métodos Numéricos e Estatísticos Formación básica 6 ECTS
Inglés Técnico Marítimo Formación básica 6 ECTS
Mecánica e Resistencia de Materiais Obrigatorio 6 ECTS
Termodinámica e Termotecnia Obrigatorio 6 ECTS
Electrotecnia e Máquinas Eléctricas do Buque Obrigatorio 6 ECTS
Electrónica e Sistemas de Control Obrigatorio 6 ECTS
Mecánica de Fluídos Obrigatorio 6 ECTS
Construción Naval e Estabilidade do Buque Obrigatorio 6 ECTS
Seguridade Marítima e Contaminación Obrigatorio 6 ECTS
Buques Tanque e de Pasaxe Obrigatorio 6 ECTS
  Guía Carácter Cuadr. créditos
Motores de Combustión Interna Optativo anual 9 ECTS
Tecnoloxía Mecánica e Mecanismos Optativo anual 9 ECTS
Mantemento Eléctrico do Buque e Instrumentación Optativo anual 9 ECTS
Automatismos e Sistemas de Control Optativo anual 9 ECTS
Turbinas de Vapor e Gas Optativo 6 ECTS
Transferencia de Calor e Xeradores de Vapor Optativo 6 ECTS
Equipos Auxiliares do Buque Optativo 6 ECTS
Técnicas de Frío Aplicadas ao Buque Optativo 6 ECTS
Máquinas Térmicas Mariñas Optativo 6 ECTS
Electrónica Analóxica Optativo 6 ECTS
Electrónica Dixital Optativo 6 ECTS
Máquinas Eléctricas do Buque Optativo 6 ECTS
Sistemas Hidráulicos e Pneumáticos Optativo 6 ECTS
Xestión do Mantemento do Buque Optativo 6 ECTS
Sistemas Auxiliares do Buque Optativo 6 ECTS
Servizos Auxiliares do Buque Optativo 6 ECTS
Electrónica de Potencia Optativo 6 ECTS
Alta Tensión e Distribución Eléctrica do Buque Optativo 6 ECTS

 BOE co plan de estudos (PDF)

Profesorado

O ensino do plan de estudos está a cargo de docentes dos departamentos de: Ciencias da Computación e Tecnoloxías da Información, Ciencias da Navegación e Enxeñaría Mariña, Ciencias da Saúde, Dereito Privado, Economía, Enxeñaría Civil, Enxeñaría de Computadores, Enxeñaría Industrial, Enxeñaría Naval e Industrial, Física e Ciencias da Terra, Letras, Matemáticas e Química.

Os estudos de grao organízanse por cursos. Fai clic nun curso para obter máis información.

Accións para a mobilidade do estudantado

A UDC mantén convenios de mobilidade de estudantes con universidades e institucións de educación superior de catro continentes. Cada curso académico publícanse varias convocatorias de mobilidade de estudantes para que estes poidan cursar parte dos seus estudos nunha desas institucións (un semestre ou un ano académico completo), obtendo pleno recoñecemento académico ao seu regreso no expediente UDC do estudante.

Nesas convocatorias publícanse as prazas das que a UDC dispón para ofrecer aos estudantes dos distintos centros e, no seu caso, as condicións específicas de cada unha delas. Do mesmo xeito, todos os anos convócanse bolsas para financiar a realización de prácticas no estranxeiro por parte dos estudantes

As prácticas serán tamén recoñecidas como parte do seu expediente académico ou no suplemento europeo ao título. O estudante é libre para buscar a empresa ou institución de destino do EEES na que desexa facer as prácticas. A estes efectos, a UDC ten un taboleiro virtual no que se publican as ofertas que chegan ao seu coñecemento.

As convocatorias de mobilidade xestiónanse conxuntamente nos centros de procedencia dos estudantes, baixo a dirección dos Responsables de Relacións Internacionais dos centros, e na Oficina de Relacións Internacionais da Universidade (ORI). Os requisitos xerais para acceder a unha praza de mobilidade, os dereitos e obrigacións dos estudantes, así como o procedemento para conceder as prazas regúlanse no Regulamento de Mobilidade da UDC.