Cursar esta titulación proporcionará unha grande carga artística, técnica, sociolóxica e humanística relacionada co habitar.
Introdúcese ao estudantado nos conceptos estruturais, da construción e as distintas tecnoloxías vinculadas co proceso de edificación.
En todos os casos, incídese nos aspectos enerxéticos, de sustentabilidade e de atención á diversidade.
O título de Grao en Estudos de Arquitectura non habilita para ningunha profesión regulada, pero constitúe requisito académico para o acceso ao Título Oficial de Mestrado Universitario en Arquitectura, que é o título habilitante para o exercicio da profesión regulada de Arquitecto, de acordo co sinalado na Orde EDU/2075/2010, de 29 de xullo, pola que se establecen os requisitos para a verificación dos títulos universitarios oficiais que habiliten para o exercicio da profesión regulada de Arquitecto.
Podes consultalas na memoria da titulación
Podes consultalas na memoria da titulación
Podes consultalas na memoria da titulación
Esta titulación dispón de guía docente
Podes consultala para coñecer máis sobre o estudo. Na táboa inferior tamén podes consultar as guías docentes particulares a aquelas materias que dispoñen de ela.
Os estudos de grao organízanse por cursos. Fai clic nun curso para obter máis información.
Guía | Carácter | Cuadr. | créditos | |
---|---|---|---|---|
Debuxo de Arquitectura | Formación básica | 1º | 6 ECTS | |
Xeometría Descritiva | Formación básica | 1º | 6 ECTS | |
Matemáticas para a Arquitectura 1 | Formación básica | 1º | 6 ECTS | |
Introdución á Arquitectura | Obrigatorio | 1º | 6 ECTS | |
Física para a Arquitectura 1 | Formación básica | 1º | 6 ECTS | |
Proxectos 1 | Obrigatorio | 2º | 6 ECTS | |
Análise de Formas Arquitectónicas | Formación básica | 2º | 6 ECTS | |
Matemáticas para a Arquitectura 2 | Formación básica | 2º | 6 ECTS | |
Construción 1 | Obrigatorio | 2º | 6 ECTS | |
Xeometría da Forma Arquitectónica | Formación básica | 2º | 6 ECTS |
Guía | Carácter | Cuadr. | créditos | |
---|---|---|---|---|
Proxectos 2 | Obrigatorio | 1º | 6 ECTS | |
Análise Arquitectónica 1 | Formación básica | 1º | 6 ECTS | |
Física para a Arquitectura 2 | Formación básica | 1º | 6 ECTS | |
Historia da Arte | Obrigatorio | 1º | 6 ECTS | |
Construción 2 | Obrigatorio | 1º | 6 ECTS | |
Proxectos 3 | Obrigatorio | 2º | 9 ECTS | |
Análise Arquitectónica 2 | Formación básica | 2º | 9 ECTS | |
Urbanística 1 | Obrigatorio | 2º | 6 ECTS | |
Estruturas 1 | Obrigatorio | 2º | 6 ECTS |
Guía | Carácter | Cuadr. | créditos | |
---|---|---|---|---|
Proxectos 4 | Obrigatorio | 1º | 6 ECTS | |
Construción 3 | Obrigatorio | 1º | 6 ECTS | |
Estruturas 2 | Obrigatorio | 1º | 6 ECTS | |
Urbanística 2 | Obrigatorio | 1º | 6 ECTS | |
Instalacións 1 | Obrigatorio | 1º | 6 ECTS | |
Proxectos 5 | Obrigatorio | 2º | 6 ECTS | |
Teoría da Arquitectura | Obrigatorio | 2º | 6 ECTS | |
Construción 4 | Obrigatorio | 2º | 6 ECTS | |
Estruturas 3 | Obrigatorio | 2º | 6 ECTS | |
Urbanística 3 | Obrigatorio | 2º | 6 ECTS |
Guía | Carácter | Cuadr. | créditos | |
---|---|---|---|---|
Proxectos 6 | Obrigatorio | 1º | 6 ECTS | |
Urbanística 4 | Obrigatorio | 1º | 6 ECTS | |
Construción 5 | Obrigatorio | 1º | 6 ECTS | |
Estruturas 4 | Obrigatorio | 1º | 6 ECTS | |
Historia da Arquitectura 1 | Obrigatorio | 1º | 6 ECTS | |
Proxectos 7 | Obrigatorio | 2º | 6 ECTS | |
Construción 6 | Obrigatorio | 2º | 6 ECTS | |
Estruturas 5 | Obrigatorio | 2º | 6 ECTS | |
Instalacións 2 | Obrigatorio | 2º | 6 ECTS | |
Historia da Arquitectura 2 | Obrigatorio | 2º | 6 ECTS |
O ensino do plan de estudos está a cargo de docentes dos departamentos de: Ciencias da Computación e Tecnoloxías da Información, Construcións e Estruturas Arquitectónicas, Civís e Aeronáuticas, Enxeñaría Civil, Expresión Gráfica Arquitectónica, Física e Ciencias da Terra, Matemáticas e Proxectos Arquitectónicos, Urbanismo e Composición.
Os estudos de grao organízanse por cursos. Fai clic nun curso para obter máis información.
A UDC mantén convenios de mobilidade de estudantes con universidades e institucións de educación superior de catro continentes. Cada curso académico publícanse varias convocatorias de mobilidade de estudantes para que estes poidan cursar parte dos seus estudos nunha desas institucións (un semestre ou un ano académico completo), obtendo pleno recoñecemento académico ao seu regreso no expediente UDC do estudante.
Nesas convocatorias publícanse as prazas das que a UDC dispón para ofrecer aos estudantes dos distintos centros e, no seu caso, as condicións específicas de cada unha delas. Do mesmo xeito, todos os anos convócanse bolsas para financiar a realización de prácticas no estranxeiro por parte dos estudantes
As prácticas serán tamén recoñecidas como parte do seu expediente académico ou no suplemento europeo ao título. O estudante é libre para buscar a empresa ou institución de destino do EEES na que desexa facer as prácticas. A estes efectos, a UDC ten un taboleiro virtual no que se publican as ofertas que chegan ao seu coñecemento.
As convocatorias de mobilidade xestiónanse conxuntamente nos centros de procedencia dos estudantes, baixo a dirección dos Responsables de Relacións Internacionais dos centros, e na Oficina de Relacións Internacionais da Universidade (ORI). Os requisitos xerais para acceder a unha praza de mobilidade, os dereitos e obrigacións dos estudantes, así como o procedemento para conceder as prazas regúlanse no Regulamento de Mobilidade da UDC.