Ao finalizar este programas, os estudantes converteranse en profesionais cunha dupla formación:
De igual maneira, adquírese un coñecemento teórico e práctico do noso sistema xurídico, tanto de ámbito nacional como autonómico e o europeo, alén de se aprender a argumentar e a manexar as ferramentas básicas para actuar nos tribunais, nos despachos de avogados, administracións públicas etc.
Podes obter máis información premendo aquí.
Entre outras, as competencias xenéricas que se adquiren co Grao en Dereito son as seguintes:
Entre outras, as competencias xenéricas que se adquiren co Grao en ADE son as seguintes:
Entre outras, as competencias específicas que se adquiren co Grao en Dereito son as seguintes:
Entre outras, as competencias específicas que se adquiren co Grao en ADE son as seguintes:
Entre outras, as competencias xenéricas que se adquiren co Grao en Dereito son as seguintes:
Entre outras, as competencias xenéricas que se adquiren co Grao en ADE son as seguintes:
Do punto de vista da inserción laboral, os graduados en Dereito contan cunhas perspectivas altas de accederen a un emprego, pois a versatilidade dos estudos posibilita que desempeñen unha actividade xurídica tanto no campo privado como no público.
Alén disto, as características socioeconómicas da cidade da Coruña e a súa área metropolitana inclúen un importante desenvolvemento dos sectores de servizos e industria, que precisan de profesionais do ámbito xurídico. Doutra banda, na cidade ten a súa sede o máximo órgano xudicial da Comunidade Autónoma, o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, a Audiencia Provincial e un importante número de xulgados, isto, ademais da Delegación do Goberno en Galicia e un bo número de organismos autonómicos, o que determina unha gran demanda de postos na administración pública.
Polo que respecta á iniciativa privada, son especialmente significativas as empresas dedicadas ao mundo da banca e o sector téxtil, todas elas cunha clara necesidade de contar con gabinetes ou servizos xurídicos.
Os graduados en ADE poden acadar postos de traballo como directivos con responsabilidades (de tipo medio ou alta dirección) nun contexto económico e empresarial caracterizado pola súa crecente complexidade e dinamismo. Os procesos de globalización económica, coas súas repercusións no ámbito da internacionalización das empresas, determinarán o contorno de traballo destes titulados.
As principais saídas profesionais son as seguintes:
Ademais, como graduados en ADE poden desempeñar postos directivos nas áreas de contabilidade, márketing-comercialización, vendas, finanzas, loxística, recursos humanos, organización, estratexia, dirección, sistemas de información etc. A modo de exemplo, cítanse os seguintes perfís:
Como graduados en Dereito e como graduados en ADE, ao finalizaren os estudos da simultaneidade os alumnos poden cursar os mestrados universitarios que se imparten nas dúas facultades (dos oito mestrados poden citarse por exemplo os relativos á banca e as finanzas; o asesoramento xurídico empresarial; a dirección e administración de empresas e a avogacía).
Posteriormente, tamén poderán acceder aos programas de doutoramento impartidos nestes centros para realizar a tese de doutoramento.
As principais empresas e institucións que colaboran coa Facultade de Dereito e a Facultade de Economía e Empresa son as seguintes:
O Programa de simultaneidade terá unha duración de once cuadrimestres. O número de créditos necesario para superar o programa é de 396 ECTS, distribuídos da forma que se indica no Anexo I da Normativa específica para a simultaneidade do Grao en ADE e o Grao en Dereito.
Na fase final dos plans de estudos deste programa, unha vez superados cando menos un total de 288 créditos, incluídos todos os dos tres primeiros cursos, realizarase o Traballo de Fin de Grao (12 créditos ECTS), en que serán de aplicación os coñecementos adquiridos en cursos anteriores.
Canto ao centro responsable das xestións administrativas do Duplo Grao ADE-Dereito: co fin de facilitar as distintas xestións administrativas relacionadas co expediente académico dos estudantes, acordouse designar a Facultade de Dereito como centro responsable da súa tramitación e custodia, sen prexuízo do disposto no artigo 12 da normativa para o procedemento de expedición de títulos oficiais.
No referente á impartición do ensino, este terá lugar cada cuadrimestre de forma alterna no centro que corresponder segundo as materias que se foren impartir.
O detalle do plan de estudos está na seguinte ligazón.
Os estudos de grao organízanse por cursos. Fai clic nun curso para obter máis información.
| Guía | Carácter | Cuadr. | créditos | |
|---|---|---|---|---|
| Principios de Microeconomía | Formación Básica | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Historia Económica | Formación Básica | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Análise das Operacións Financeiras | Formación Básica | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Principios de Macroeconomía | Formación Básica | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Economía da Empresa: Dirección e Organización | Formación Básica | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Matemáticas I | Formación Básica | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| España na Configuración Histórico-Xurídica de Europa | Formación Básica | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Dereito Constitucional: Fontes e Dereitos | Formación Básica | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Teoría do Dereito | Formación Básica | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Dereito da Persoa | Formación Básica | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Dereito Penal. Parte Xeral | Obrigatoria | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Fundamentos Romanísticos da Cultura Xurídica Occidental | Formación Básica | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS |
| Guía | Carácter | Cuadr. | créditos | |
|---|---|---|---|---|
| Estatística I | Formación Básica | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Matemáticas II | Formación Básica | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Economía Mundial e Española | Obrigatoria | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Microeconomía. Mercados e Competencia | Obrigatoria | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Contabilidade Financeira I | Obrigatoria | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Introdución ao Márketing | Obrigatoria | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Organización Constitucional do Estado | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Dereito da Empresa | Formación Básica | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Dereito Eclesiástico do Estado | Formación Básica | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Dereito de Familia | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Constitución e Poder Xudicial | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Institucións e Ordenamento Xurídico-Administrativo | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS |
| Guía | Carácter | Cuadr. | créditos | |
|---|---|---|---|---|
| Estatística e Introdución á Econometría | Obrigatoria | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Política Económica | Obrigatoria | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Macroeconomía e Contorno Empresarial | Obrigatoria | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Contabilidade Financeira II | Obrigatoria | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Teoría do Investimento | Obrigatoria | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Facenda Pública. Sistema Fiscal | Obrigatoria | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Dereito de Obrigas e Danos | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Actuación e Bens das Administracións Públicas | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Fundamentos de Dereito Financeiro | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Dereito Internacional Público | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Dereito Sancionador | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Dereito do Traballo | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS |
| Guía | Carácter | Cuadr. | créditos | |
|---|---|---|---|---|
| Econometría | Obrigatoria | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Teoría do Financiamento | Obrigatoria | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Contabilidade de Xestión | Obrigatoria | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Análise Económica das Organizacións | Obrigatoria | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Investigación de Mercados | Obrigatoria | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Dirección Estratéxica e Política Empresarial I | Obrigatoria | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Dereito da Unión Europea | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Dereito Mercantil: Dereito de Sociedades e de Títulos-Valores | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Dereito da Contratación | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Dereito Penal. Parte Especial | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Dereito Procesual Penal | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Dereito Tributario | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS |
| Guía | Carácter | Cuadr. | créditos | |
|---|---|---|---|---|
| Filosofía do Dereito | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Dereitos Reais | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Contabilidade das Operacións Societarias | Obrigatoria | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Sistemas de Información para a Xestión Financeira da Empresa | Obrigatoria | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Deseño Organizativo | Obrigatoria | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Distribución Comercial | Obrigatoria | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Contabilidade Directiva | Obrigatoria | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Planificación Financeira | Obrigatoria | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Dereito Público Autonómico | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Dereito Internacional Privado | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Dereito Procesual Civil | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Dereito Mercantil: Contratos Empresariais. Dereito Concursal e Dereito Marítimo | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS |
| Guía | Carácter | Cuadr. | créditos | |
|---|---|---|---|---|
| Facenda Pública Española. Sistema Fiscal | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Dirección Estratéxica e Política Empresarial II | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Dirección Comercial | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Traballo Fin de Grao | Traballo Fin de Grao | Segundo Cuadrimestre | 12,0 ECTS | |
| Traballo Fin de Grao | Traballo Fin de Grao | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Dereito de Sucesións | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS |
A posta en marcha e o plan de estudos do Grao en Dereito obtivo o informe favorable de toda unha serie de axentes externos, en concreto da Fiscalía de Galicia, o Decanato de Rexistradores de Galicia, a Academia Galega de Administración Pública, o Colexio Notarial de Galicia e o Colexio de Procuradores de Galicia.
Polo de agora o estudo non ten departamentos encargados da súa docencia.
A UDC mantén convenios de mobilidade de estudantes con universidades e institucións de educación superior de catro continentes. Cada curso académico publícanse varias convocatorias de mobilidade de estudantes para que estes poidan cursar parte dos seus estudos nunha desas institucións (un semestre ou un ano académico completo), obtendo pleno recoñecemento académico ao seu regreso no expediente UDC do estudante.
Nesas convocatorias publícanse as prazas das que a UDC dispón para ofrecer aos estudantes dos distintos centros e, no seu caso, as condicións específicas de cada unha delas. Do mesmo xeito, todos os anos convócanse bolsas para financiar a realización de prácticas no estranxeiro por parte dos estudantes
As prácticas serán tamén recoñecidas como parte do seu expediente académico ou no suplemento europeo ao título. O estudante é libre para buscar a empresa ou institución de destino do EEES na que desexa facer as prácticas. A estes efectos, a UDC ten un taboleiro virtual no que se publican as ofertas que chegan ao seu coñecemento.
As convocatorias de mobilidade xestiónanse conxuntamente nos centros de procedencia dos estudantes, baixo a dirección dos Responsables de Relacións Internacionais dos centros, e na Oficina de Relacións Internacionais da Universidade (ORI). Os requisitos xerais para acceder a unha praza de mobilidade, os dereitos e obrigacións dos estudantes, así como o procedemento para conceder as prazas regúlanse no Regulamento de Mobilidade da UDC.
a) Programa Erasmus.
Os estudantes teñen a posibilidade de ampliaren os seus estudos en universidades de Alemaña, Bélxica, Italia, Portugal, Francia, Romanía, Eslovenia, Lituania, Malta, a República Checa, Polonia e Turquía.
É un sistema de mobilidade destinado a aqueles alumnos que desexen realizar un curso académico noutra universidade española. Inclúe o programa de intercambio SICUE e a convocatoria de bolsas Séneca.
c) Así mesmo, a Universidade da Coruña dispón dun programa de intercambio de estudantes no marco de convenios bilaterais con outras universidades de países estranxeiros como o Brasil, Chile, Costa Rica, Cuba, Uruguai, México, Arxentina, os Estados Unidos e o Reino Unido.