A1 - Recoñecer distintos niveis de organización nos sistemas vivos.
A2 - Identificar organismos.
A3 - Recoñecer, obter, analizar e interpretar evidencias paleontolóxicas.
A4 - Obter, manexar, conservar e observar especímenes.
A5 - Analizar e caracterizar mostras de orixe humano.
A6 - Catalogar, avaliar e xestionar recursos naturais.
A7 - Reconstruír as relacións filoxenéticas entre unidades operacionais e pór a proba hipótese evolutivas.
A8 - Aislar, analizar e identificar biomoléculas.
A9 - Identificar e utilizar bioindicadores.
A10 - Avaliar actividades metabólicas.
A11 - Identificar e analizar material de orixe biolóxica e as súas anomalías.
A12 - Manipular material xenético, realizar análise xenéticas e levar a cabo asesoramento xenético.
A13 - Realizar o illamento e cultivo de microorganismos e virus.
A14 - Desenvolver e aplicar productos e procesos de microorganismos.
A15 - Deseñar e aplicar procesos biotecnolóxicos.
A16 - Realizar cultivos celulares e de tecidos.
A17 - Realizar bioensaios e diagnósticos biolóxicos.
A18 - Levar a cabo estudos de produción e mellora animal e vexetal.
A19 - Analizar e interpretar o comportamento dous seres vivos.
A20 - Mostrear, caracterizar e manexar poboacións e comunidades.
A21 - Deseñar modelos de procesos biolóxicos.
A22 - Describir, analizar, avaliar e planificar o medio físico.
A23 - Avaliar o impacto ambiental. Diagnosticar e solucionar problemas ambientais.
A24 - Xestionar, conservar e restaurar poboacións e ecosistemas.
A25 - Desenvolver e aplicar técnicas de biocontrol.
A26 - Deseñar experimentos, obter información e interpretar os resultados.
A27 - Dirixir, redactar e executar proxectos en Bioloxía.
A28 - Desenvolver e implantar sistemas de xestión relacionados coa Bioloxía.
A29 - Impartir coñecementos de bioloxía.
A30 - Manexar adecuadamente instrumentación científica.
A31 - Desenvolverse con seguridade nun laboratorio.
A32 - Desenvolverse con seguridade no traballo de campo.
Pódense atopar estes titulados en diferentes sectores e en multitude de postos. Algúns dos posibles postos de traballo onde tipicamente se atopan profesionais da bioloxía son:
• Industria farmacéutica e agroalimentaria. • Industria da perfumaría, cosmética e produtos de hixiene persoal. • Industria agroquímica (fertilizantes, praguicidas etc.) • Biotecnoloxía. • Acuicultura. • Matadoiros. • Parques zoolóxicos. • Xardíns botánicos. • Medio ambiente. • Clínicas, hospitais e laboratorios • Policia científica • Tratamento, almacenaxe e/ou eliminación de residuos. • Investigación. • Ensino da bioloxía e das ciencias en xeral. • Administración, en postos da súa competencia profesional e nivel académico. • Asesoramento científico-técnico.
Os estudos de grao organízanse por cursos. Fai clic nun curso para obter máis información.
| Guía | Carácter | Cuadr. | créditos | |
|---|---|---|---|---|
| Química | Formación Básica | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Física | Formación Básica | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Matemáticas | Formación Básica | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Xeoloxía | Formación Básica | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Estatística | Formación Básica | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Xeografía Física | Formación Básica | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Citoloxía | Formación Básica | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Histoloxía | Formación Básica | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Bioquímica I | Formación Básica | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Introdución á Botánica: Botánica Xeral | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS |
| Guía | Carácter | Cuadr. | créditos | |
|---|---|---|---|---|
| Organografía Microscópica | Obrigatoria | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Bioquímica II | Formación Básica | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Microbioloxía | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Microbioloxía Aplicada e Control Microbiolóxico | Obrigatoria | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Xenética | Obrigatoria | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Botánica Sistemática: Criptogamia | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Fisioloxía Vexetal I | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Fisioloxía Vexetal II | Obrigatoria | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Zooloxía I | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Zooloxía II | Obrigatoria | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS |
| Guía | Carácter | Cuadr. | créditos | |
|---|---|---|---|---|
| Bioquímica e Bioloxía Molecular | Obrigatoria | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Técnicas en Microbioloxía | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Xenética Molecular | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Xenética de Poboacións e Evolución | Obrigatoria | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Botánica Sistemática: Fanerogamia | Obrigatoria | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Fisioloxía Vexetal Aplicada | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Fisioloxía Animal I | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Fisioloxía Animal II | Obrigatoria | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Ecoloxía I: Individuos e Ecosistemas | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Ecoloxía II: Poboacións e Comunidades | Obrigatoria | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS |
| Guía | Carácter | Cuadr. | créditos | |
|---|---|---|---|---|
| Bioloxía do Desenvolvemento | Optativa | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Paleobioloxía | Optativa | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Análise de Datos en Bioloxía | Optativa | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Edafoloxía | Optativa | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Traballo de Fin de Grao | Traballo Fin de Grao | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Prácticas Externas I | Optativa | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Prácticas Externas II | Optativa | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Fundamentos Bioquímicos de Biotecnoloxía | Optativa | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Microbioloxía e Biotecnoloxía Ambiental | Optativa | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Citoxenética | Optativa | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Xeografía Botánica: Xeobotánica | Optativa | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Resposta das Plantas en Condicións Adversas | Optativa | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Biodiversidade Animal e Medio Ambiente | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Sostibilidade e Conservación da Fauna | Optativa | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Adaptacións Funcionais da Fauna ao Medio | Obrigatoria | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Etoloxía | Optativa | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Ecoloxía Humana | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Ecotoxicoloxía | Optativa | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS |
Polo de agora o estudo non ten departamentos encargados da súa docencia.
A UDC mantén convenios de mobilidade de estudantes con universidades e institucións de educación superior de catro continentes. Cada curso académico publícanse varias convocatorias de mobilidade de estudantes para que estes poidan cursar parte dos seus estudos nunha desas institucións (un semestre ou un ano académico completo), obtendo pleno recoñecemento académico ao seu regreso no expediente UDC do estudante.
Nesas convocatorias publícanse as prazas das que a UDC dispón para ofrecer aos estudantes dos distintos centros e, no seu caso, as condicións específicas de cada unha delas. Do mesmo xeito, todos os anos convócanse bolsas para financiar a realización de prácticas no estranxeiro por parte dos estudantes
As prácticas serán tamén recoñecidas como parte do seu expediente académico ou no suplemento europeo ao título. O estudante é libre para buscar a empresa ou institución de destino do EEES na que desexa facer as prácticas. A estes efectos, a UDC ten un taboleiro virtual no que se publican as ofertas que chegan ao seu coñecemento.
As convocatorias de mobilidade xestiónanse conxuntamente nos centros de procedencia dos estudantes, baixo a dirección dos Responsables de Relacións Internacionais dos centros, e na Oficina de Relacións Internacionais da Universidade (ORI). Os requisitos xerais para acceder a unha praza de mobilidade, os dereitos e obrigacións dos estudantes, así como o procedemento para conceder as prazas regúlanse no Regulamento de Mobilidade da UDC.