Preténdese que o alumnado do programa adquira a capacidade de concibir, proxectar e desenvolver temas de investigación de forma autónoma ou en colaboración, respectando patróns de calidade e integridade académicas; que realice traballos de investigación con resultados orixinais que contribúan á expansión das fronteiras do coñecemento nas respectivas áreas de investigación e que sexan merecedores de publicación en revistas internacionais especializadas con sistemas de arbitraxe. Finalmente, preténdese que sexa capaz de analizar criticamente e sintetizar ideas novas e complexas e de comunicalas á comunidade científica e á sociedade en xeral.
Nunha perspectiva máis xeral, as persoas que completan o programa deben ser quen de interpretar e modelar problemas científico-tecnolóxicos, así como de percibir a súa relevancia económica e social, construíndo unha visión crítica do coñecemento e a realidade.
CB11 - Comprensión sistemática dun campo de estudo e dominio das habilidades e métodos de investigación relacionados co dito campo. (Substitúese "campo" por "ámbito" a partir da aplicación do R.D. 576/2023, do 4 de xullo)
CB12 - Capacidade de concibir, deseñar ou crear, pór en práctica e adoptar un proceso substancial de investigación ou creación.
CB13 - Capacidade para contribuír á ampliación das fronteiras do coñecemento a través dunha investigación orixinal.
CB14 - Capacidade de realizar unha análise crítica e de avaliación e síntese de ideas novas e complexas.
CB15 - Capacidade de comunicación coa comunidade académica e científica e coa sociedade en xeral acerca dos seus ámbitos de coñecemento nos modos e idiomas de uso habitual na súa comunidade científica internacional.
CB16 - Capacidade de fomentar, en contextos académicos e profesionais, o avance científico, tecnolóxico, social, artístico ou cultural dentro dunha sociedade superada no coñecemento.
CB17 - Capacidade de fomentar a Ciencia Aberta e a Ciencia Cidadá, conforme o artigo 12 da Lei orgánica 2/2023, do 22 de marzo, como modo de contribuír á consideración do coñecemento científico como un ben común, mediante a avaliación de actividades transversais levadas a cabo pola doutoramento ou o doutorando relacionadas con diferentes dimensións da ciencia aberta e a ciencia cidadá, así como a capacitación adquirida en sendas disciplinas en formato de microcredenciais ou
similar. (A partir da aplicación do R.D. 576/2023, do 4 de xullo)
CA01 - Desenvolverse en contextos nos que hai pouca información específica.
CA02 - Atopar as preguntas claves que hai que responder para resolver un problema complexo.
CA03 - Deseñar, crear, desenvolver e emprender proxectos novidosos e innovadores no seu ámbito de coñecemento.
CA04 - Traballar tanto en equipo como de maneira autónoma nun contexto internacional ou multidisciplinar.
CA05 - Integrar coñecementos, enfrontarse á complexidade e formular xuízos con información limitada.
CA06 - A crítica e defensa intelectual de solucións.
OC01 - Capacidade de desenvolver técnicas, linguaxes e ferramentas teóricas e/ou computacionais adecuadas para resolver problemas matemáticos.
OC02 - Capacidade de afondar en técnicas xerais e de abordar autónomamente problemas de investigación en matemática.
OC03 - Capacidade de modelar e resolver fenómenos científicos no ámbito das aplicacións da matemática.
OC04 - Capacidade de integración en grupos de traballo multidisciplinares desenvolvendo modelos innovadores na matemática.
OC05 - Capacidade para detectar novos ámbitos de aplicación da matemática.
Competencias transversais
CB11 - Comprensión sistemática dun campo de estudo e dominio das habilidades e métodos de investigación relacionados co dito campo. (Substitúese "campo" por "ámbito" a partir da aplicación do R.D. 576/2023, do 4 de xullo)
CB12 - Capacidade de concibir, deseñar ou crear, pór en práctica e adoptar un proceso substancial de investigación ou creación.
CB13 - Capacidade para contribuír á ampliación das fronteiras do coñecemento a través dunha investigación orixinal.
CB14 - Capacidade de realizar unha análise crítica e de avaliación e síntese de ideas novas e complexas.
CB15 - Capacidade de comunicación coa comunidade académica e científica e coa sociedade en xeral acerca dos seus ámbitos de coñecemento nos modos e idiomas de uso habitual na súa comunidade científica internacional.
CB16 - Capacidade de fomentar, en contextos académicos e profesionais, o avance científico, tecnolóxico, social, artístico ou cultural dentro dunha sociedade superada no coñecemento.
CB17 - Capacidade de fomentar a Ciencia Aberta e a Ciencia Cidadá, conforme o artigo 12 da Lei orgánica 2/2023, do 22 de marzo, como modo de contribuír á consideración do coñecemento científico como un ben común, mediante a avaliación de actividades transversais levadas a cabo pola doutoramento ou o doutorando relacionadas con diferentes dimensións da ciencia aberta e a ciencia cidadá, así como a capacitación adquirida en sendas disciplinas en formato de microcredenciais ou
similar. (A partir da aplicación do R.D. 576/2023, do 4 de xullo)
Saídas profesionais e académicas
O programa de doutoramento en Matemáticas e Aplicacións pretende que o seu estudantado adquira as capacidades de investigación e de transferencia máis relevantes, o que lle permitirá ter mellores competencias para ampliar as futuras perspectivas de traballo. Un programa conxunto de doutoramento dá ao estudantado un acceso amplo e variado aos recursos das diversas institucións, ao profesorado e persoal investigador, e proporciona un amplo abano de oportunidades. Así, o alumnado deste tipo de doutoramento pode aproveitar os puntos fortes da cada institución para iniciar e desenvolver as súas carreiras científicas.
Por outra banda, o crecente interese do sector industrial e empresarial por persoas con formación matemática avanzada proporciona aos egresados deste programa unhas perspectivas laborais máis amplas que as exclusivas do ambiente académico. Así, as capacidades de análise, síntese, comunicación e a habilidade para afrontar problemas complexos que se adquiren no programa, proporcionan unha formación de ampla demanda no mercado laboral actual.

Empresas e institucións colaboradoras
Os investigadores das distintas liñas do programa de doutoramento colaboran asiduamente con investigadores de universidades estranxeiras de alto nivel académico. Estas colaboracións teñen teñen por obxectivo principal o intercambio de profesores, investigadores e estudantes, o intercambio de información e documentación, organización de cursos de grao, posgrao, seminarios e conferencias e proxectos de investigación conxuntos, así como na obtención de resultados científicos. Entre as institucións coas que existe un convenio podemos citar á Universidade Nacional de Córdoba (Arxentina), a Xeorxian Technical University (Georgia), o V.I. Romanovsky Institute of Mathematics
(Uzbeksitan), el Andrea Razmadze Mathematical Institute (Georgia).
Tamén as universidades do Porto e do Minho colaboran coa Universidade de Aveiro nun programa doutoral conxunto de Matemática Aplicada e a Universidade do Porto coa Universidade de Coimbra no programa doutoral interuniversitario de Matemáticas. A Universidade do Porto tamén ten un convenio coa Universidade Nacional Timor Lorosa'e (Timor) en termos de Matemáticas.
Por outra parte, este programa pódese considerar como unha continuación natural do título simultáneo conxunto do máster en Matemáticas entre as universidades de Porto e de Santiago de Compostela.
Complementos de formación específicos
No caso de que o doutorando careza da formación previa completa esixida no programa, a súa admisión no programa poderá quedar condicionada á superación de complementos de formación específicos, que poderán ser materias ou módulos de máster e grao. Os complementos asignados a un mesmo doutorando non poderán superar os 15 créditos ECTS e poderán realizarse de forma previa ou simultánea á matrícula en tutela académica no programa.
No caso de realización simultánea o alumnado deberá matricularse destes complementos no momento de formalizar a matrícula de tutela académica no programa, que deberán superarse no prazo máximo de tres cuadrimestres consecutivos. De non facelo así, o alumnado causará baixa no programa.
Tamén podes consultar o Regulamento de Estudos de Doutoramento da UDC, Artigo 5: Admisión.
Actividades formativas da EIDUDC
Actividades formativas da EIDUDC
Actividades formativas do programa
O programa de doutoramento inclúe entre as súas actividades formativas as seguintes:
Workshop en Matemática 1,
Workshop en Matemática 2,
Workshop en Matemática 3,
Workshop en Matemática 4,
Workshop en Matemática 5,
Workshop en Matemática 6
e Seminarios de Investigación.
Ademais, fomentarase que o alumnado asista a cursos e participe en actividades científicas como congresos, e realice estadías de investigación.
Compromiso documental de supervisión
Especifica a relación académica entre o doutorando e a Universidade, os seus dereitos e deberes, incluídos os posibles dereitos de propiedade intelectual e/ou industrial derivados da investigación, así como a aceptación do procedemento de resolución de conflitos e a súa duración. Inclúe tamén os deberes do/a titor/a do doutorando e do seu director ou directora de tese.
O devandito compromiso será asinado por unha representación específica designada pola universidade, o/a titor/a e o doutorando, nun prazo máximo dun mes que comezará a contar desde a data da matrícula, mentres que a sinatura do/a director/a se incorporará no momento da súa designación.
Este compromiso de supervisión engadirase ao documento de actividades do doutorando no momento da súa sinatura por todas as persoas implicadas.
Tamén podes consultar o Regulamento de Estudos de Doutoramento da UDC, Artigo 13: Compromiso de supervisión.
Plan de investigación
Nun prazo de seis meses logo da matrícula, o estudante elaborará un Plan de Investigación que incluirá a metodoloxía, os obxectivos, os medios e a planificación temporal. O plan presentarase avalado co informe do director e/ou titor e deberá ser aprobado pola CAPD. Este plan poderá mellorarse no proceso de avaliación anual contando co aval do director e/ou titor.
Anualmente, a CAPD avaliará o Plan de Investigación, xunto cos informes que a tal efecto deberán emitir o titor/a e/ou o director/a, e o documento de actividades. A avaliación positiva será requisito indispensable para continuar no programa. En caso de avaliación negativa, o estudante elaborará un novo Plan que será avaliado no prazo de seis meses. En caso de nova avaliación negativa, causará baixa definitiva no programa.
Tamén podes consultar o Regulamento de Estudos de Doutoramento da UDC, Artigo 15: Plan de investigación.
Profesorado
Métodos cuantitativos para a economía e a empresa
Accións para a mobilidade do estudantado
A UDC mantén convenios de mobilidade de estudantes con universidades e institucións de educación superior de catro continentes. Cada curso académico publícanse varias convocatorias de mobilidade de estudantes para que estes poidan cursar parte dos seus estudos nunha desas institucións (un semestre ou un ano académico completo), obtendo pleno recoñecemento académico ao seu regreso no expediente UDC do estudante.
Nesas convocatorias publícanse as prazas das que a UDC dispón para ofrecer aos estudantes dos distintos centros e, no seu caso, as condicións específicas de cada unha delas. Do mesmo xeito, todos os anos convócanse bolsas para financiar a realización de prácticas no estranxeiro por parte dos estudantes
As prácticas serán tamén recoñecidas como parte do seu expediente académico ou no suplemento europeo ao título. O estudante é libre para buscar a empresa ou institución de destino do EEES na que desexa facer as prácticas. A estes efectos, a UDC ten un taboleiro virtual no que se publican as ofertas que chegan ao seu coñecemento.
As convocatorias de mobilidade xestiónanse conxuntamente nos centros de procedencia dos estudantes, baixo a dirección dos Responsables de Relacións Internacionais dos centros, e na Oficina de Relacións Internacionais da Universidade (ORI). Os requisitos xerais para acceder a unha praza de mobilidade, os dereitos e obrigacións dos estudantes, así como o procedemento para conceder as prazas regúlanse no Regulamento de Mobilidade da UDC.