Programa Oficial de Doutoramento en Matemáticas e Aplicacións

2024/2025

Acceso

Poderá acceder aos estudos de doutoramento da UDC o alumnado que cumpra algún dos requisitos recollidos no artigo 4 (Acceso) do Regulamento de Estudos de Doutoramento da UDC.

Admisión

Os estudantes que cumpren algún dos requisitos de acceso aos estudos de doutoramente poderán ser admitidos a un programa de doutoramento conforme aos requisitos específicos e criterios de valoración de méritos que foren propios do programa. A UDC incluirá os procedementose requisitos de admisión no plan de estudos.

A Admisión non implicará, en ningún caso, ningunha modificación dos efectos académicos e profesionais que correspondan ao título previo de que estea en posesión a persoa interesada, nin o seu recoñecemento para outro efecto que o de cursar o programa de doutoramento.

Tamén podes consultar o Regulamento de Estudos de Doutoramento da UDC, Artigo 5: Admision.

2 prazas ofertadas no curso 2024/2025

Perfil de admisión recomendado

Os destinatarios do doutoramento en Matemáticas e Aplicacións deben ser titulares do grao de máster nos dominios da Matemáticas, Estatística, Física, ou Ciencias da Computación; ou, alternativamente, titulares do grao de máster en áreas afíns cun currículo que demostre unha adecuada preparación, suxeito á aprobación da comisión académica do programa. O Programa de Doutoramento Matemáticas e Aplicacións está orientado a estudantes que desexen afondar en coñecementos, técnicas e metodoloxías propias da investigación en Matemáticas e as súas aplicacións. O perfil de ingreso recomendado é o dun alumnado con capacidade para entender e solucionar problemas no ámbito das matemáticas e as súas aplicacións en diversos campos científicos, cunha mentalidade racional, capaz de abordar problemas complexos, con capacidade de síntese e de comunicación, entre outros aspectos.
O currículo debe demostrar unha forte compoñente vocacional xunto cunha gran motivación e compromiso persoal do estudante por levar a termo o seu proxecto de teses.
Requisitos de acceso específicos do programa é requisito obrigatorio para a admisión no programa de doutoramento a presentación dun informe por parte do/a estudante consistente nunha carta de referencia dun (a) profesor(a) do programa que i) avale a potencial viabilidade da futura teses no marco dunha liña de investigación do programa á que se vincule, e que ii) puidese exercer como director/a en caso de cumprir os requisitos necesarios para iso.

Procedemento xeral de solicitude de admisión

A solicitude de admisión (ou de renovación da matrícula) e a matrícula nos estudos de doutoramento realizarase a través da secretaría virtual, achegando a documentación acreditativa de reunir os requisitos de acceso. A solicitude de admisión e matrícula para o alumnado externo da UDC debe facerse aquí.

Se desexas obter máis información podes consultar o Procedemento xeral de solicitude de admisión.

Procedemento de solicitude de admisión do alumnado cun título estranxeiro non homologado

Consulta a Admisión e matrícula da EIDUDC.

Procedemento xeral por parte da CAPD

Consulta a Admisión e matrícula da EIDUDC.

Requisitos de admisión específicos da CAPD

A selección de estudantes para a súa admisión no programa realizarase en función dos seguintes criterios:
a) Expediente académico: 40-100
b) Experiencia investigadora (publicación de artigos, monografías, participación en grupos de investigación, cartas de aval de persoal investigador de recoñecido prestixio, actividades de iniciación á investigación, etc.): 0-15
c) Currículum (experiencia profesional, coñecementos de idiomas, cartas de aval de profesionais, etc.): 0-10 
d) Entrevista persoal (a entrevista persoal será realizada pola CAPD e valorará os seguintes aspectos: coñecemento do programa, interese do estudante polas súas liñas de investigación, a coherencia da entrevista co CV presentado, a predisposición, motivación e, finalmente, o compromiso persoal do estudante por levar a termo o seu proxecto de teses): 0-5
Establécese o requisito de obter unha puntuación superior a 70 sumando as puntuacións parciais obtidas nos criterios a), b) c) e d).
Aplicaranse os mesmos criterios para admitir a todas as persoas candidatas independentemente de que a súa dedicación sexa a tempo completo ou parcial.

Prazos

A solicitude de admisión (ou de renovación da matrícula) e a matrícula nos estudos de doutoramento realizarase de acordo cos prazos aprobados polo Consello de Goberno da UDC.

Matrícula

Consulta a información dispoñible para facer a matrícula nun estudo de doutorado da udc. 

Axudas predoutorais

Consulta as axudas predoutorais na UDC.