Programa Oficial de Doutoramento en Saúde, Discapacidade, Dependencia e Benestar

2024/2025

Que se aprende

Con este programa oficial de doutoramento preténdese dotar aos futuros investigadores dunha serie de competencias entre as que destacan:

Competencias xenéricas

Competencias básicas e xerais:

  • Comprensión sistemática da discapacidade, dependencia e benestar, e o dominio das habilidades e métodos de investigación relacionados con este campo do ensino.
  • Capacidade de concibir, deseñar ou crear, poñer en práctica e adoptar un proceso substancial de investigación ou creación.
  • Capacidade para contribuír á ampliación das fronteiras do coñecemento a través dunha investigación orixinal.
  • Capacidade de realizar unha análise crítica e de avaliación e síntese de ideas novas e complexas.
  • Capacidade de comunicación coa comunidade académica e científica e coa sociedade en xeral acerca dos seus ámbitos de coñecemento nos modos e idiomas de uso habitual na súa comunidade científica internacional.
  • Capacidade de fomentar, en contextos académicos e profesionais, o avance científico, tecnolóxico, social, artístico ou cultural dentro dunha sociedade baseada no coñecemento.
  • Competencias específicas

    Capacidade e destrezas persoais:

  • Desenvolverse en contextos nos que hai pouca información específica.
  • Atopar as preguntas craves que hai que responder para resolver un problema complexo.
  • Deseñar, crear, desenvolver e emprender proxectos novos e innovadores no seu ámbito de coñecemento.
  • Traballar tanto en equipo como de maneira autónoma nun contexto internacional ou multidisciplinar.
  • Integrar coñecementos, enfrontarse á complexidade e formular xuízos con información limitada.
  • A crítica e defensa intelectual de solucións.
  • Outras Competencias:
  • Ser capaz de determinar a metodoloxía de investigación adecuada para desenvolvela no campo da discapacidade, dependencia e benestar.
  • Saber dirixir un proceso de investigación de forma integral neste campo, prestando especial atención aos aspectos ético-legais que caracterizan ás investigacións neste ámbito.
  • Ser capaz de identificar a pregunta de investigación correcta para deseñar un proxecto de investigación que aporte unha contribución significativa.
  • Desenvolver a capacidade para iniciar, xestionar e liderar equipos e proxectos de investigación cun alto grao de transferencia do coñecemento xerado tanto ao sistema de saúde como ao sector produtivo.
  • Adquirir as habilidades necesarias para a realización dunha contribución científica orixinal e relevante.
  • Saídas profesionais e académicas

    Saídas profesionais e académicas

    O título de doutor neste campo ofrece cualificadas oportunidades de desenvolvemento profesional no ámbito académico, investigador, empresarial e no da xestión relacionadas coa discapacidade, dependencia e benestar.

    Liñas de investigación

    Estas son as liñas de investigación principáis deste programa de doutoramento:

    • Intervención psicolóxica e rehabilitación funcional

    Planificación do ensino

    Complementos de formación específicos

    No caso de que o doutorando careza da formación previa completa esixida no programa, a súa admisión no programa poderá quedar condicionada á superación de complementos de formación específicos, que poderán ser materias ou módulos de máster e grao. Os complementos asignados a un mesmo doutorando non poderán superar os 15 créditos ECTS e poderán realizarse de forma previa ou simultánea á matrícula en tutela académica no programa.

    No caso de realización simultánea o alumnado deberá matricularse destes complementos no momento de formalizar a matrícula de tutela académica no programa, que deberán superarse no prazo máximo de tres cuadrimestres consecutivos. De non facelo así, o alumnado causará baixa no programa.

    Tamén podes consultar o Regulamento de Estudos de Doutoramento da UDC, Artigo 16: Admisión.

    Actividades formativas da EIDUDC

    Actividades formativas da EIDUDC

    Actividades formativas do programa

    A CAPD establecerá en cada caso concreto os complementos de formación específicos adaptados aos perfís de ingreso tendo en conta que será imprescindible a acreditación de coñecementos en metodoloxía da investigación.

    A CAPD entende que a necesidade de complementos formativos para realizar con garantías de éxito os estudos de doutoramento circunscríbese á formación en metodoloxía da investigación naqueles casos nos que os estudantes non superasen estudos de Máster que incluísen especificamente esta formación.

    En caso de alumnos que procedan de titulacións sen acceso directo, o alumno deberá cursar ata 15 créditos de contidos das materias dos diferentes títulos de máster vinculados ao programa de doutoramento, a determinar pola CAPD en función da liña de investigación na que desenvolverá a súa tese doutoral.

    Tanto os estudantes a tempo completo como parcial, terán que realizar as seguintes actividades formativas:
    • Redacción do plan de investigación.
    • Presentación oral do plan de investigación.
    • Actualización da revisión de traballos e redacción provisional do traballo de investigación.
    • Realización da parte experimental do traballo (estudo piloto, perfeccionamento das técnicas, intervencións ou medicións a realizar, mostraxe, recollida de datos, tratamento estatístico).
    • Seminarios de investigación onde se compartan os avances do traballo de investigación.
    • Envío, aceptación e presentación dunha comunicación científica oral ou escrita a un congreso de ámbito nacional ou internacional.
    • Elaboración e aceptación dun artigo científico nunha revista indexada.
    • Redacción definitiva do traballo de investigación.

    Compromiso documental de supervisión

    Especifica a relación académica entre o doutorando e a Universidade, os seus dereitos e deberes, incluídos os posibles dereitos de propiedade intelectual e/ou industrial derivados da investigación, así como a aceptación do procedemento de resolución de conflitos e a súa duración. Inclúe tamén os deberes do/a titor/a do doutorando e do seu director ou directora de tese.

    O devandito compromiso será asinado por unha representación específica designada pola universidade, o/a titor/a e o doutorando, nun prazo máximo dun mes que comezará a contar desde a data da matrícula, mentres que a sinatura do/a director/a se incorporará no momento da súa designación.

    Este compromiso de supervisión engadirase ao documento de actividades do doutorando no momento da súa sinatura por todas as persoas implicadas.

    Tamén podes consultar o Regulamento de Estudos de Doutoramento da UDC, Artigo 31: Compromiso de supervisión.

    Plan de investigación

    Nun prazo de seis meses logo da matrícula, o estudante elaborará un Plan de Investigación que incluirá a metodoloxía, os obxectivos, os medios e a planificación temporal. O plan presentarase avalado co informe do director e/ou titor e deberá ser aprobado pola CAPD. Este plan poderá mellorarse no proceso de avaliación anual contando co aval do director e/ou titor.

    Anualmente, a CAPD avaliará o Plan de Investigación, xunto cos informes que a tal efecto deberán emitir o titor/a e/ou o director/a, e o documento de actividades. A avaliación positiva será requisito indispensable para continuar no programa. En caso de avaliación negativa, o estudante elaborará un novo Plan que será avaliado no prazo de seis meses. En caso de nova avaliación negativa, causará baixa definitiva no programa.

    Tamén podes consultar o Regulamento de Estudos de Doutoramento da UDC, Artigo 30: Plan de investigación.

    Accións para a mobilidade do estudantado

    A UDC mantén convenios de mobilidade de estudantes con universidades e institucións de educación superior de catro continentes. Cada curso académico publícanse varias convocatorias de mobilidade de estudantes para que estes poidan cursar parte dos seus estudos nunha desas institucións (un semestre ou un ano académico completo), obtendo pleno recoñecemento académico ao seu regreso no expediente UDC do estudante.

    Nesas convocatorias publícanse as prazas das que a UDC dispón para ofrecer aos estudantes dos distintos centros e, no seu caso, as condicións específicas de cada unha delas. Do mesmo xeito, todos os anos convócanse bolsas para financiar a realización de prácticas no estranxeiro por parte dos estudantes

    As prácticas serán tamén recoñecidas como parte do seu expediente académico ou no suplemento europeo ao título. O estudante é libre para buscar a empresa ou institución de destino do EEES na que desexa facer as prácticas. A estes efectos, a UDC ten un taboleiro virtual no que se publican as ofertas que chegan ao seu coñecemento.

    As convocatorias de mobilidade xestiónanse conxuntamente nos centros de procedencia dos estudantes, baixo a dirección dos Responsables de Relacións Internacionais dos centros, e na Oficina de Relacións Internacionais da Universidade (ORI). Os requisitos xerais para acceder a unha praza de mobilidade, os dereitos e obrigacións dos estudantes, así como o procedemento para conceder as prazas regúlanse no Regulamento de Mobilidade da UDC.