Poderá acceder aos estudos de doutoramento da UDC o alumnado que cumpra algún dos requisitos recollidos no artigo 15 (Acceso) do Regulamento de Estudos de Doutoramento da UDC.
Os estudantes que cumpren algún dos requisitos de acceso aos estudos de doutoramente poderán ser admitidos a un programa de doutoramento conforme aos requisitos específicos e criterios de valoración de méritos que foren propios do programa. A UDC incluirá os procedementose requisitos de admisión no plan de estudos.
A Admisión non implicará, en ningún caso, ningunha modificación dos efectos académicos e profesionais que correspondan ao título previo de que estea en posesión a persoa interesada, nin o seu recoñecemento para outro efecto que o de cursar o programa de doutoramento.
Tamén podes consultar o Regulamento de Estudos de Doutoramento da UDC, Artigo 16: Admision.
10 prazas ofertadas no curso 2024/2025
Tamén terán acceso sen necesidade de complementos os estudantes co título de DEA do programa de doutoramento da UDC "Novas tendencias e aplicacións no ámbito asistencial".
Outros perfís:Poderán acceder estudantes con outro tipo de perfil diferente dos anteriores, sempre que sexa considerado adecuado pola CAPD, que avaliará de forma individualizada cada caso.
Considerarase a posibilidade de esixirlles complementos de formación (máximo ata 15 ECTS). A CAPD valorará a idoneidade da formación dos candidatos que acrediten superar polo menos 60 ECTS nalgún outro máster oficial cando tras a admisión preferente de alumnos queden prazas vacantes.
Perfil persoal recomendadoQue os estudantes presenten interese pola investigación no ámbito da discapacidade e dependencia desde calquera das súas vertentes (intervención psicosocial, rehabilitación funcional etc.)
A solicitude de admisión (ou de renovación da matrícula) e a matrícula nos estudos de doutoramento realizarase a través da secretaría virtual, achegando a documentación acreditativa de reunir os requisitos de acceso. A solicitude de admisión e matrícula para o alumnado externo da UDC debe facerse aquí.
Se desexas obter máis información podes consultar o Procedemento xeral de solicitude de admisión.
Consulta a Admisión e matrícula da EIDUDC.
Consulta a Admisión e matrícula da EIDUDC.
A solicitude de admisión (ou de renovación da matrícula) e a matrícula nos estudos de doutoramento realizarase de acordo cos prazos aprobados polo Consello de Goberno da UDC.
Consulta a información dispoñible para facer a matrícula nun estudo de doutorado da udc.
Consulta as axudas predoutorais na UDC.
Podes consultar a normativa relacionada cos estudos de doutoramento na UDC.
Outros documentos de interese son: