Boa parte do persoal investigador involucrado no Programa Oficial de Doutoramento en Análise Económica e Estratexia Empresarial traballa ben en grupos de investigación de referencia dentro do sistema universitario de Galicia, ben noutros grupos de investigación que obteñen financiamento nas distintas convocatorias competitivas nacionais ou europeas. Así, a relevancia das liñas de investigación en que se centra o programa reflíctese na produtividade científica dos grupos de investigación participantes, que son estes:
Grupo de Investigación en Economía dos Recursos Naturais e Ambientais (ERENEA), coa
páxina web
http://webs.uvigo.es/erenea/index.php;
Research Group in Energy, Innovation and Enviroment (REDE), coa páxina web
http://rede.uvigo.es;
Research Group in Economic Analysis (RGEA), coa páxina web
http://webs.uvigo.es/rgea;
Grupo de Investigación en Distribución da Renda, Territorio e Mercado Laboral, coa páxina web
http://webs.uvigo.es/crio/Grupo-EA7.htm;
Group of Researchers in Empirical Economics (GriEE), coa páxina web
http://webs.uvigo.es/griee;
Statistical Inference, Decision and Operations Research Group (SiDOR), coa páxina web
http://sidor.uvigo.es;
Grupo de Investigación en Estudos Económicos: Transporte, Traballo e Sostibilidade, coa páxina web
www.udc.es/iuem;
Grupo de Estudos de Historia da Empresa (GEHE);
Grupo de Investigación en Macroeconomía e Saúde (Macrosaúde);
Grupo de Investigación en Regulación, Economía e Finanzas (GREFIN);
Grupo Jean Monnet de Competitividade e Desenvolvemento na Unión Europea (Grupo C+D), coa páxina web
www.gcd.udc.es;
Grupo de Investigación en Análise Económica dos Mercados e Institucións (AEMI);
Grupo de Investigación en Economía Ambiental e Xestión Sostible dos Recursos Naturais (ECON-NATURA), coa páxina web
www.econ-natura.com;
Grupo de Investigación en Modelos de Optimización, Decisión, Estatística e Aplicacións (MODESTYA), coa páxina web
http://eio.usc.es/pub/gi1914;
Grupo de Investigación en Valoración Financeira Aplicada (VALFINAP), coa páxina web
http://www.usc.es/gl/investigacion/grupos/valfinap.
O Programa Oficial de Doutoramento en Análise Económica e Estratexia Empresarial pretende que cada estudante estea integrado/a nalgún dos grupos de investigación de que é parte o persoal investigador que o promove.
Ao mesmo tempo, a asociación deste programa co
Doutoramento en Economía Europea Erasmus Mundus (EDEEM) abre a posibilidade de realizar intercambios de estudantes e de estes/as obteren un título conxunto en dúas universidades socias. Tamén posibilita que os/as estudantes obteñan financiamento europeo para levaren a cabo o seu doutoramento ou efectuaren estadías nalgunha das universidades socias.
Para obter este financiamento requírese que o/a candidato realice previamente os exames do
Erasmus Mundus Master Models and Methods of Quantitative Economics (QEM), co fin de homologarse ao estudantado do programa europeo. Esta alternativa ofreceráselles aos/ás alumnos/as do programa que puidesen mostrar interese.
CB11 - Comprensión sistemática dun ámbito de estudo e dominio das habilidades e métodos de investigación relacionados co dito ámbito.
CB12 - Capacidade de concibir, deseñar ou crear, pór en práctica e adoptar un proceso substancial de investigación ou creación.
CB13 - Capacidade para contribuír á ampliación das fronteiras do coñecemento a través dunha investigación orixinal.
CB14 - Capacidade de realizar unha análise crítica e de avaliación e síntese de ideas novas e complexas.
CB15 - Capacidade de comunicación coa comunidade académica e científica e coa sociedade en xeral acerca dos seus ámbitos de coñecemento nos modos e idiomas de uso habitual na súa comunidade científica internacional.
CB16 - Capacidade de fomentar, en contextos académicos e profesionais, o avance científico, tecnolóxico, social, artístico ou cultural dentro dunha sociedade superada no coñecemento con responsabilidade social e integridade científica.
CB17 - Capacidade de fomentar a Ciencia Aberta e a Ciencia Cidadá, como modo de contribuír á consideración do coñecemento científico como un ben común.
CA01 - Desenvolverse en contextos nos que hai pouca información específica.
CA02 - Atopar as preguntas clave que hai que responder para resolver un problema complexo.
CA03 - Deseñar, crear, desenvolver e emprender proxectos novidosos e innovadores no seu ámbito de coñecemento.
CA04 - Traballar tanto en equipo como de maneira autónoma nun contexto internacional ou multidisciplinar.
CA05 - Integrar coñecementos, enfrontarse á complexidade e formular xuízos con información limitada.
CA06 - A crítica e defensa intelectual de solucións.
CE1 – Coñecemento dos métodos e técnicas econométricas necesarios para analizar e obter información contrastable dos datos económicos empíricos.
CE2 – Coñecemento profundo dos modelos teóricos e a súa aplicación a situacións económicas concretas.
CG1 - Capacidade para presentar e defender con rigor, claridade e precisión novas ideas tanto no contorno habitual de traballo como en reunións científicas nacionais ou internacionais.
CT1 - Capacidade para interaccionar e defender con rigor, claridade e precisión novas ideas ante especialistas doutras áreas de coñecemento
Competencias transversais
CB11 - Comprensión sistemática dun ámbito de estudo e dominio das habilidades e métodos de investigación relacionados co dito ámbito.
CB12 - Capacidade de concibir, deseñar ou crear, pór en práctica e adoptar un proceso substancial de investigación ou creación.
CB13 - Capacidade para contribuír á ampliación das fronteiras do coñecemento a través dunha investigación orixinal.
CB14 - Capacidade de realizar unha análise crítica e de avaliación e síntese de ideas novas e complexas.
CB15 - Capacidade de comunicación coa comunidade académica e científica e coa sociedade en xeral acerca dos seus ámbitos de coñecemento nos modos e idiomas de uso habitual na súa comunidade científica internacional.
CB16 - Capacidade de fomentar, en contextos académicos e profesionais, o avance científico, tecnolóxico, social, artístico ou cultural dentro dunha sociedade superada no coñecemento con responsabilidade social e integridade científica.
CB17 - Capacidade de fomentar a Ciencia Aberta e a Ciencia Cidadá, como modo de contribuír á consideración do coñecemento científico como un ben común.
Saídas profesionais e académicas
O programa pretende formar expertos/as coas destrezas necesarias para usar modelos teóricos e as técnicas que lles permitan obter unha información contrastable dos datos económicos empíricos, co fin de desenvolveren unha carreira académica ou profesional.
Saídas profesionais e académicas
O programa pretende formar expertos/as coas destrezas necesarias para usar modelos teóricos e as técnicas que lles permitan obter unha información contrastable dos datos económicos empíricos, co fin de desenvolveren unha carreira académica ou profesional.
Empresas e institucións colaboradoras
EDaSS Desenvolvemento Económico e Sustentabilidade Social
Grupo de Competencia e Desenvolvemento GCD Jean Monnet
Organizacións sociais, institucións e mercados
Sistemas de Xestión Financeira e Información de Xestión FYSIG
MAJEFRE Estudos Económicos: Transporte, Traballo e Sustentabilidade
Grupo de Estudo de Historia Empresarial de GEHE
Grupo de Investigación en Macrosaúde en Macroeconomía e Saúde
Grupo de Investigación en Regulación, Economía e Finanzas de GREFIN
iMARKA Investigación Aplicada de Marketing
Complementos de formación específicos
No caso de que o doutorando careza da formación previa completa esixida no programa, a súa admisión no programa poderá quedar condicionada á superación de complementos de formación específicos, que poderán ser materias ou módulos de máster e grao. Os complementos asignados a un mesmo doutorando non poderán superar os 15 créditos ECTS e poderán realizarse de forma previa ou simultánea á matrícula en tutela académica no programa.
No caso de realización simultánea o alumnado deberá matricularse destes complementos no momento de formalizar a matrícula de tutela académica no programa, que deberán superarse no prazo máximo de tres cuadrimestres consecutivos. De non facelo así, o alumnado causará baixa no programa.
Tamén podes consultar o Regulamento de Estudos de Doutoramento da UDC, Artigo 5: Admisión.
Actividades formativas da EIDUDC
Actividades formativas da EIDUDC
Actividades formativas do programa
1. Asistencia aos seminarios programados.
Espérase que o alumnado asista de xeito sistemático aos seminarios, presencialmente ou por videoconferencia, lea a documentación e faga preguntas e comentarios.
Procedemento de control: control presencial. A Comisión Académica do Programa de Doutoramento (CAPD) emitirá un informe sobre a asistencia de cada alumno/a.
2. Cursos específicos na fronteira da investigación
A CAPD programará cursos específicos, impartidos por investigadores/as de prestixio, para levar o estudantado á fronteira do coñecemento nalgunhas liñas de investigación propias do programa.
Procedemento de control: control presencial.
3. Estadías noutros centros de investigación
Para presentar unha tese o/a estudante terá que realizar unha estadía mínima de tres meses nun centro de investigación de fóra de Galicia con que se manteña colaboración científica.
Procedemento de control: presentarase o informe e resumo da actividade realizada avalados polo/a responsable científico/a do centro en que se fixo a estadía.
4. Presentacións periódicas do estado da investigación
Ao acabar cada curso, os/as estudantes exporán o estado do seu proxecto de investigación ante algúns dos membros da CAPD e o profesorado especialista na materia.
A CAPD avaliará o proxecto e, se é o caso, fará suxestións de mellora.
5. Asistencia a reunións científicas
A CAPD, de acordo coa dirección das teses, procurará que a partir do 2.º ano o alumnado asista cando menos a unha reunión científica nacional ou internacional por curso para presentar os resultados da súa investigación.
Procedemento de control: aceptación do traballo, valoración do comité científico e certificación da asistencia.
6. Redacción de documentos de traballo
No 3.ºcurso, cada estudante preparará como mínimo un documento de traballo coas contribucións susceptibles de se presentar en reunións científicas. Redactarase ou terá unha versión en inglés.
Procedemento de control: a CAPD recibirá o arquivo en inglés e incorporarao ao expediente de actividades.
Compromiso documental de supervisión
Especifica a relación académica entre o doutorando e a Universidade, os seus dereitos e deberes, incluídos os posibles dereitos de propiedade intelectual e/ou industrial derivados da investigación, así como a aceptación do procedemento de resolución de conflitos e a súa duración. Inclúe tamén os deberes do/a titor/a do doutorando e do seu director ou directora de tese.
O devandito compromiso será asinado por unha representación específica designada pola universidade, o/a titor/a e o doutorando, nun prazo máximo dun mes que comezará a contar desde a data da matrícula, mentres que a sinatura do/a director/a se incorporará no momento da súa designación.
Este compromiso de supervisión engadirase ao documento de actividades do doutorando no momento da súa sinatura por todas as persoas implicadas.
Tamén podes consultar o Regulamento de Estudos de Doutoramento da UDC, Artigo 13: Compromiso de supervisión.
Plan de investigación
Nun prazo de seis meses logo da matrícula, o estudante elaborará un Plan de Investigación que incluirá a metodoloxía, os obxectivos, os medios e a planificación temporal. O plan presentarase avalado co informe do director e/ou titor e deberá ser aprobado pola CAPD. Este plan poderá mellorarse no proceso de avaliación anual contando co aval do director e/ou titor.
Anualmente, a CAPD avaliará o Plan de Investigación, xunto cos informes que a tal efecto deberán emitir o titor/a e/ou o director/a, e o documento de actividades. A avaliación positiva será requisito indispensable para continuar no programa. En caso de avaliación negativa, o estudante elaborará un novo Plan que será avaliado no prazo de seis meses. En caso de nova avaliación negativa, causará baixa definitiva no programa.
Tamén podes consultar o Regulamento de Estudos de Doutoramento da UDC, Artigo 15: Plan de investigación.
Profesorado
Comercialización e investigación de mercados
Economía aplicada
-
Barreiro Gen, María
-
Casal Rodríguez, Bruno
-
Castellanos García, Pablo
-
Del Campo Villares, Manuel Octavio
-
Gómez Suárez, Manuel Alberto
-
González Laxe, Fernando I.
-
Iglesias Gómez, Guillermo
-
Iglesias Vázquez, Emma María
-
Martínez Filgueira, Xosé Manuel
-
Mourelle Espasandín, Estefanía
-
Pena López, José Atilano
-
Rivera Castiñeira, María Berta
-
Sánchez Santos, José Manuel
Economía financeira e contabilidade
-
Álvarez García, Begoña
-
Calvo Silvosa, Anxo Ramón
-
De Llano Paz, Fernando
-
Fernández Castro, Ángel Santiago
-
Iglesias Antelo, Susana
-
Lagoa Varela, María Dolores
-
Martínez Fernández, Paulino
-
Muiño Vázquez, María Flora
-
Peón Pose, David O.
-
Puime Guillén, Félix
-
Rodríguez López, Manuel
Fundamentos da análise económica
Historia e institucións económicas
Organización de empresas
Accións para a mobilidade do estudantado
A UDC mantén convenios de mobilidade de estudantes con universidades e institucións de educación superior de catro continentes. Cada curso académico publícanse varias convocatorias de mobilidade de estudantes para que estes poidan cursar parte dos seus estudos nunha desas institucións (un semestre ou un ano académico completo), obtendo pleno recoñecemento académico ao seu regreso no expediente UDC do estudante.
Nesas convocatorias publícanse as prazas das que a UDC dispón para ofrecer aos estudantes dos distintos centros e, no seu caso, as condicións específicas de cada unha delas. Do mesmo xeito, todos os anos convócanse bolsas para financiar a realización de prácticas no estranxeiro por parte dos estudantes
As prácticas serán tamén recoñecidas como parte do seu expediente académico ou no suplemento europeo ao título. O estudante é libre para buscar a empresa ou institución de destino do EEES na que desexa facer as prácticas. A estes efectos, a UDC ten un taboleiro virtual no que se publican as ofertas que chegan ao seu coñecemento.
As convocatorias de mobilidade xestiónanse conxuntamente nos centros de procedencia dos estudantes, baixo a dirección dos Responsables de Relacións Internacionais dos centros, e na Oficina de Relacións Internacionais da Universidade (ORI). Os requisitos xerais para acceder a unha praza de mobilidade, os dereitos e obrigacións dos estudantes, así como o procedemento para conceder as prazas regúlanse no Regulamento de Mobilidade da UDC.