Os estudantes que cumpren algún dos requisitos de acceso aos estudos de doutoramente poderán ser admitidos a un programa de doutoramento conforme aos requisitos específicos e criterios de valoración de méritos que foren propios do programa. A UDC incluirá os procedementose requisitos de admisión no plan de estudos.
A Admisión non implicará, en ningún caso, ningunha modificación dos efectos académicos e profesionais que correspondan ao título previo de que estea en posesión a persoa interesada, nin o seu recoñecemento para outro efecto que o de cursar o programa de doutoramento.
Tamén podes consultar o Regulamento de Estudos de Doutoramento da UDC, Artigo 5: Admision.
12
prazas ofertadas no curso 2024/2025
Requisitos de admisión específicos da CAPD
Os criterios de selección basaranse no expediente académico e o curriculum vitae.
Poderá ser relevante unha entrevista coa/o candidata/ou na que se porán de relevo a súa capacidade para expresarse en lingua inglesa, a súa información sobre o que implica un programa de doutoramento, e a súa capacidade e disposición para abordar a realización dunha teses doutoral.
Valorase moi positivamente que contactase previamente á solicitude de admisión cun posible director de teses e que este aceptase dirixírselle. Este aspecto deberá ser demostrado achegando un compromiso de dirección en caso de admisión asinado por un investigador do programa.
Para o caso de estudantes estranxeiros que non acrediten fluídez no manexo do español ou galego nunha entrevista, exixirase un nivel mínimo de B2 en inglés como requisito imprescindible.
Criterios de admisión:
1. CV (35%). Valoraranse os estudos de grao e/ou master (orientación e contido), así titulacións oficiais, cursos e actividades formativas recibidas e/ou impartidas, e o resto de actividades e méritos contidos no CV que a Comisión Académica (de forma motivada) considere máis idóneos para o desenvolvemento da actividade investigadora no marco das liñas de investigación do programa). O candidato deberá incluír unha proposta de proxecto de investigación de máximo 3000 palabras (que se vai investigar ou cal é o problema que se suxire abordar baixo un enfoque de investigación científica, por que é importante e para quen é importante os resultados desa investigación, área de investigación, unha breve reseña de cómo se propón levar a cabo a devandita investigación). A CAPD poderá pedir a opinión dun posible director de teses que sexa membro do corpo de profesorado do programa.
2. Expediente académico, notas medias de Grao (10%).
3. Expediente académico, notas medias de Máster (15%).
4. Formación previa en investigación científica (15%). Valoraranse materias cursadas, ou experiencia investigadora previa en aspectos científicos da área de Economía ou Empresa, ou contratos de investigación ou participación en proxectos de investigación científica. Especificamente, incluirase valoración da calidade científica do TFM do título que dea acceso ao programa, documento que deberá ser xuntado na fase de candidaturas.
5. Acreditación de coñecemento de idiomas (15%). Nivel B1 de inglés correspóndese cun 5%, B2 de inglés cun 10%, e C1 ou superior de inglés correspóndese co 15%. Para o caso de estudantes estranxeiros que non acrediten fluidez no manexo do español, esixirase un nivel mínimo de B2 en inglés (10 puntos), e un nivel C1 ou superior de inglés corresponderase co 15%, de forma que se garante que entre o/a potencial doutorando/a e os directores de teses poden manter unha conversación fluída.
6. Carta de compromiso de dirección de teses en caso de admisión dun investigador que pertenza ao Programa (10%), quen poderá exercer como directora de teses en caso de admisión. Ademais, deberá indicar a súa opinión favorable sobre a proposta de investigación presentada, aspecto que se acreditará mediante a mención disto na carta de compromiso ou mediante sinatura electrónica no proxecto de investigación.
Valorarase cada un deses criterios nunha escala de 0 a 10 e aplicarase logo o peso de cada criterio para obter a puntuación final. No caso das notas medias de grao e master, poderanse penalizar aquelas estudos que non teñan relación coas áreas de Economía ou Empresa. Á vista de lista provisional de avaliacións e prazas ofertadas, poderase determinar unha puntuación mínima, sen que isto implique unha admisión maior ás prazas ofertadas.