Programa Oficial de Doutoramento en Neurociencias

2023/2024

Que se aprende

O Doutoramento en Neurociencias ten como propósito transferir aos futuros doutores a experiencia acumulada e os coñecementos xerados ao redor de diversas enfermidades neurodegenerativas e outros trastornos do sistema nervioso, así como penetralos na cultura de investigación de vangarda que no futuro permitirá abordar de maneira eficaz estas enfermidades e, eventualmente, achar unha cura para elas.

Saídas profesionais e académicas

Saídas profesionais e académicas

Investigador Post doutoral en Áreas da Saúde e Ciencias da vida. Formación enfocada a profesionais e investigadores da Saúde (xeración de investigadores en persoal Médico/Sanitario, Médico Interno Residente MIR, Farmacéutico Interno Residente FIR, Biólogo Interno Residente BIR, Químicos Internos Residentes QUIR, #etc…),

Liñas de investigación

Estas son as liñas de investigación principáis deste programa de doutoramento:

  • Anti-inflammatory drugs
  • Bases celulares y circuitales de la Epilepsia. Control de la excitabilidad y modificaciones de la plasticidad sináptica
  • Bases celulares y moleculares de la fisiología de los ganglios basales. Modificaciones de la plasticidad sináptica en patologías extrapiramidales como la enfermedad de Parkinson, Huntington, disquinesias, etc.
  • Bases celulares y moleculares de la memoria y aprendizaje. Fenómenos de plasticidad sináptica y sus modificaciones en demencias (enfermedad de Alzheimer), etc
  • Bases celulares y subcelulares de la función de canales de potasio y receptores para neurotransmisores en el sistema auditivo
  • Bases moleculares y celulares de la plasticidad neuronal. Mecanismos moleculares y celulares relacionados con la plasticidad neuronal a largo plazo.
  • Bases subcelulares que median la asociación y acoplamiento funcional entre receptores para neurotransmisores y los canales iónicos en el sistema nervioso central
  • Biomarkers of Stroke.
  • Desarrollo de implantes artificiales para regeneración de nervios periféricos
  • Detección precoz de la enfermedad de Alzheimer basada en la combinación de diferentes marcadores
  • Disección y búsqueda de nuevas dianas farmacológicas. Estudio de los mecanismos de acción de posibles nuevos fármacos neuroprotectores. Participación de la mitocondria y segundos mensajeros en los procesos neurodegenerativos.
  • Enfermedad de Parkinson y otros parkinsonismos / Demencias / Enfermedades priónicas / Disautonomía Epilepsias fármacorresistentes
  • Estudio de la inervación del segmento axonal de las neuronas principales del córtex cerebral
  • Estudio de los mecanismos de acción de posibles nuevos fármacos neuroprotectores
  • Estudio de los mecanismos que guían la atención visual y de las interacciones corticotalámicas
  • Expresión de factores que impiden la regeneración postlesional de las conexiones nerviosas mediante la aplicación de pequeñas moléculas inhibitorias como son los siRNAs y los antagomirs.
  • Fisiología de la transmisión sináptica.
  • Génesis y control de órdenes motoras con especial énfasis en los sistemas motores extraocular y facial.
  • Genética de esclerosis múltiple.
  • Localización celular y subcelular de canales iónicos en el sistema nervioso central.
  • Localización celular y subcelular de canales iónicos en el SNC y sus implicaciones funcionales: papel de canales de potasio en la función normal y patológica del SNC.
  • Localización celular y subcelular de receptores para neurotransmisores en el sistema nervioso central.
  • Magnetorrecepción en "Drosophila melanogaster": fisiología de la detección de campos magnéticos y los efectos que dichos campos pueden tener sobre organismos vivos.
  • Mecánica coclear, fisiología núcleos cocleares, implantes cocleares
  • Mecanismos celulares y moleculares de adaptación de las neuronas auditivas centrales al trauma acústico.
  • Mecanismos celulares y moleculares de degeneración, adaptación y reparación/regeneración en neuronas deprivadas de entradas sinápticas en modelos de sordera.
  • Mecanismos cerebrales subyacentes a los procesos de memorua y su deterioro.
  • Mecanismos neurofisiológicos que intervienen en el ciclo sueño - vigilia y en el procesamiento visual
  • Microglial phagocytosis in the adult hippocampus in health and disease
  • Microvascularización cerebral: estudio de su estructura y función, de los mecanismos implicados en su mantenimiento, regulación, desarrollo y plasticidad en condiciones fisiológicas y patológicas
  • Neural stem cells and neurogenesis in aging and epilepsy
  • Neurobiología Celular de la Audición y sus trastornos
  • Neurobiologia CelularSinaptogénesis, mecanismos de regulación de la actividad sináptica y mecanismos de adaptación, remodelación y plasticidad en el sistema nervioso
  • Neurobiología del dolor
  • Neurodegeneración y neuroprotección
  • Neurorehabilitación no farmacológica del control motor en mayores y enfermos neurológicos
  • Organización neuronal y conectiva del claustro cerebral de los mamíferos
  • Papel de las estructuras corticales (prefrontal, premotora, motora, hipocampal), subcorticales (estriado, amígdala, núcleo rojo, centros motores troncoencefálicos)y cerebelares en la adquisición de tareas de aprendizaje asociativo
  • Participación de la mitocondria y segundos mensajeros en los procesos neurodegenerativos
  • Participación del Sistema Cannabinoide Endógeno en la Diferenciación Neural
  • Procedimientos de fenotipado de ratones y ratas mediante el uso de técnicas de registro electrofisiológico (EEG)
  • Procesos de aprendizaje y memoria en "Drosophila melanogaster".
  • Procesos neuronales que subyacen al aprendizaje y la memoria en el animal despierto. Substratos neuronales de los comportamientos apetitivos y exploratorios
  • Propiedades oscilatorias de la corteza cerebral
  • Psicosis, Trastornos de Personalidad, Salud Mental Infanto-Juvenil
  • Psiquiatría
  • Recuperación de la función visual en las lesiones parciales de retina y en modelos de ambliopía experimental
  • Regeneración en el SNC: receptores nucleares
  • Relaciones funcionales entre la fisiología del sueño y los procesos de consolidación de memoria
  • Revisiones sistemáticas y metaanálisis
  • Rutas celulares y moleculares que participan en procesos neurodegenerativos (Parkinson, Huntingnton, Alzheimer e isquemia).
  • Sistema endocannabinoide en el cerebro sano y enfermo
  • Técnicas de liberación lenta de sustancias neuroactivas incorporadas a nanopartículas de materiales plásticos biodegradables de aplicación en el sistema nervioso central.
  • Trastornos psicóticos: epidemiología clínica y neurocognición.

Planificación do ensino

Complementos de formación específicos

No caso de que o doutorando careza da formación previa completa esixida no programa, a súa admisión no programa poderá quedar condicionada á superación de complementos de formación específicos, que poderán ser materias ou módulos de máster e grao. Os complementos asignados a un mesmo doutorando non poderán superar os 15 créditos ECTS e poderán realizarse de forma previa ou simultánea á matrícula en tutela académica no programa.

No caso de realización simultánea o alumnado deberá matricularse destes complementos no momento de formalizar a matrícula de tutela académica no programa, que deberán superarse no prazo máximo de tres cuadrimestres consecutivos. De non facelo así, o alumnado causará baixa no programa.

Tamén podes consultar o Regulamento de Estudos de Doutoramento da UDC, Artigo 16: Admisión.

complementos créditos
Introdución á neurociencia 8
Técnicas experimentais en neurociencia 12

Actividades formativas da EIDUDC

Actividades formativas da EIDUDC

Actividades formativas do programa

  • Asistencia a Congresos Nacionais e/ou Internacionais.
  • Estancias noutros centros de Investigación.
  • Planificación xeral da mobilidade (incluidas as anteriormente relacionadas).
  • Reunións de seguimento de proxectos de teses, de traballos ou de resultados de investigación.
  • Seminarios de Investigación.
  • Compromiso documental de supervisión

    Especifica a relación académica entre o doutorando e a Universidade, os seus dereitos e deberes, incluídos os posibles dereitos de propiedade intelectual e/ou industrial derivados da investigación, así como a aceptación do procedemento de resolución de conflitos e a súa duración. Inclúe tamén os deberes do/a titor/a do doutorando e do seu director ou directora de tese.

    O devandito compromiso será asinado por unha representación específica designada pola universidade, o/a titor/a e o doutorando, nun prazo máximo dun mes que comezará a contar desde a data da matrícula, mentres que a sinatura do/a director/a se incorporará no momento da súa designación.

    Este compromiso de supervisión engadirase ao documento de actividades do doutorando no momento da súa sinatura por todas as persoas implicadas.

    Tamén podes consultar o Regulamento de Estudos de Doutoramento da UDC, Artigo 31: Compromiso de supervisión.

    Plan de investigación

    Nun prazo de seis meses logo da matrícula, o estudante elaborará un Plan de Investigación que incluirá a metodoloxía, os obxectivos, os medios e a planificación temporal. O plan presentarase avalado co informe do director e/ou titor e deberá ser aprobado pola CAPD. Este plan poderá mellorarse no proceso de avaliación anual contando co aval do director e/ou titor.

    Anualmente, a CAPD avaliará o Plan de Investigación, xunto cos informes que a tal efecto deberán emitir o titor/a e/ou o director/a, e o documento de actividades. A avaliación positiva será requisito indispensable para continuar no programa. En caso de avaliación negativa, o estudante elaborará un novo Plan que será avaliado no prazo de seis meses. En caso de nova avaliación negativa, causará baixa definitiva no programa.

    Tamén podes consultar o Regulamento de Estudos de Doutoramento da UDC, Artigo 30: Plan de investigación.

    Accións para a mobilidade do estudantado

    A UDC mantén convenios de mobilidade de estudantes con universidades e institucións de educación superior de catro continentes. Cada curso académico publícanse varias convocatorias de mobilidade de estudantes para que estes poidan cursar parte dos seus estudos nunha desas institucións (un semestre ou un ano académico completo), obtendo pleno recoñecemento académico ao seu regreso no expediente UDC do estudante.

    Nesas convocatorias publícanse as prazas das que a UDC dispón para ofrecer aos estudantes dos distintos centros e, no seu caso, as condicións específicas de cada unha delas. Do mesmo xeito, todos os anos convócanse bolsas para financiar a realización de prácticas no estranxeiro por parte dos estudantes

    As prácticas serán tamén recoñecidas como parte do seu expediente académico ou no suplemento europeo ao título. O estudante é libre para buscar a empresa ou institución de destino do EEES na que desexa facer as prácticas. A estes efectos, a UDC ten un taboleiro virtual no que se publican as ofertas que chegan ao seu coñecemento.

    As convocatorias de mobilidade xestiónanse conxuntamente nos centros de procedencia dos estudantes, baixo a dirección dos Responsables de Relacións Internacionais dos centros, e na Oficina de Relacións Internacionais da Universidade (ORI). Os requisitos xerais para acceder a unha praza de mobilidade, os dereitos e obrigacións dos estudantes, así como o procedemento para conceder as prazas regúlanse no Regulamento de Mobilidade da UDC.