Programa Oficial de Doutoramento en Neurociencias

2025/2026

Introdución

O Programa de Doutoramento Interuniversitario en Neurociencias, coordinado polo Departamento de Neurociencias da Universidade do País Vasco, reúne a un corpo docente formado por profesorado de prestixio internacional na investigación e o ensino, así como estudantes moi motivados nunha contorna científica que comparte un firme compromiso por entender a función e disfunción do sistema nervioso.

O programa ofrece formación especializada en neurociencias a estudantes procedentes de diversas contornas e cobre múltiples campos de investigación, desde a neurociencia celular e molecular á neurociencia clínica, cognitiva e do comportamento, dependendo das distintas liñas de investigación que se ofrecen en cada universidade.

O obxectivo último é formar a estudantes para que lideren a investigación en neurociencia, as ciencias da saúde ou a educación. O alumnado ten a oportunidade de traballar con calquera membro do profesorado que estea vinculado ao programa e na universidade na que se atope: Universidade do Pais Vasco, Universidade Pablo de Olavide, Universidade da Coruña, Universidade de Castilla-La Mancha, Universidade Rovira i Virgili

Link a Universidade Coordinadora:

    www.ehu.eus/es/web/doktoregoa/doctorado-neurociencias

    O estudo está verificado e publicado

    O estudo renovou a sua acreditación o xoves, 22 de xullo de 2021.

     

    Prezo da titoría anual de doutoramento
    Prezo aproximado aplicable a todos os estudantes (non residentes en España ou na UE incluídos). Gastos de secretaría, seguro escolar e complementos formativos (de ser aplicables) non incluídos.
    200€
    Prazas ofertadas para o curso 2025/2026
    4

Por que estudar a titulación

O Programa de Doutoramento que se pretende pór en funcionamento parte desa idea e ten como un dos seus obxectivos principais formar a investigadores que desde o inicio das súas carreiras teñan esa visión da Neurociencia como unha disciplina integradora en que a colaboración con outros grupos, a visión interdisciplinar, a abordaxe dos problemas desde puntos de vista científicos diferentes sexa o punto de partida do deseño dos experimentos. É importante por iso que o estudante visite outros centros ou laboratorios durante o proceso formativo que lle permitan familiarizarse coas distintas técnicas instrumentais, ir forxando a súa propia rede de contactos, así como asimilar as relacións que se establecen entre o laboratorio e a clínica. Neste sentido, o programa ofrece unhas enormes oportunidades pola variedade e calidade dos grupos de investigación que participan nel e o esquema de contactos internacionais que estes posúen. Con estes obxectivos uníronse os esforzos académicos de 5 universidades para ofrecer un Programa de Doutoramento que reúne a masa crítica suficiente de neurocientíficos para desenvolvelos.

Finalmente mencionar que a investigación en Neurociencias dentro da investigación biomédica española é moi relevante en calidade e tamaño e, malia estar distribuída polas diferentes universidades, algunhas destacaron como núcleos interdisciplinarios na área. Entre estas, atópanse as universidades participantes desta proposta de doutoramento. Todas elas teñen unha longa tradición na formación especializada en Neurociencias e conteñen grupos de investigación importantes con proxección internacional, con liñas de investigación representativas de todos os campos da Neurociencia. Por todo isto, o interese científico da proposta baséase sobre todo na cobertura da case totalidade das áreas de especialización nun deseño transversal de programa, que resulta imprescindible para a formación de novos científicos verdadeiramente competitivos no eido da Neurociencia.

Este estudo é interuniversitario, ademais da Universidade da Coruña, participan na súa docencia as seguintes universidades:

  • Universidad del País Vasco
  • Universitat Rovira i Virgili
  • Universidad Pablo de Olavide
  • Universidad de Castilla - La Mancha

Folla de ruta

Curso de comezo 2013-2014
Data publicación autorización DOG 31/01/2014
Data publicación BOE de carácter oficial 30/04/2014
Data publicación plan estudos BOE 30/04/2014