Preténdese proporcionar a
formación técnica e os coñecementos específicos para a investigación nos
ámbitos mencionados e facilitar un marco de interrelación con outros/as
doutorandos/as que fomente a interdisciplinariedade. Propónse promover un
espazo científico integrador de carácter multidisciplinar, que aborde o
estudo do cerebro desde un punto de vista morfolóxico, estrutural,
funcional, computacional e do desenvolvemento, ademais da súa relación recíproca con
variables psicosociais, co fin de comprender o comportamento humano,
para facilitar o desenvolvemento de estratexias preventivas e terapéuticas fronte ás principais enfermidades neurolóxicas e trastornos psiquiátricos.
O programa comprende sete
grandes liñas de investigación, que se relacionan a continuación:
CB11. Comprensión sistemática dun ámbito de estudo e dominio das
habilidades e métodos de investigación relacionados co dito ámbito.
CB12. Capacidade de concibir, deseñar ou crear, pór en práctica e
adoptar un proceso substancial de investigación ou creación.
CB13. Capacidade para contribuír á ampliación das fronteiras do
coñecemento a través dunha investigación orixinal.
CB14. Capacidade de realizar unha análise crítica e de avaliación e
síntese de ideas novas e complexas.
CB15. Capacidade de comunicación coa comunidade académica e científica e
coa sociedade en xeral acerca dos seus ámbitos de coñecemento nos modos e
idiomas de uso habitual na súa comunidade científica internacional.
CB16. Capacidade de fomentar, en contextos académicos e profesionais, o
avance científico, tecnolóxico, social, artístico ou cultural dentro dunha
sociedade superada no coñecemento.
CB17. Capacidade de fomentar a Ciencia Aberta e a Ciencia Cidadá,
conforme o artigo 12 da Lei orgánica 2/2023, do 22 de marzo, como modo de
contribuír á consideración do coñecemento científico como un ben común,
mediante a avaliación de actividades transversais levadas a cabo pola
doutoramento ou o doutorando relacionadas con diferentes dimensións da ciencia
aberta e a ciencia cidadá, así como a capacitación adquirida en sendas
disciplinas en formato de microcredenciais ou similar.
CA01. Desenvolverse en
contextos nos que hai pouca información específica.
CA02. Atopar as preguntas
claves que hai que responder para resolver un problema complexo.
CA03. Deseñar, crear,
desenvolver e emprender proxectos novidosos e innovadores no seu ámbito de
coñecemento.
CA04. Traballar tanto en
equipo como de maneira autónoma nun contexto internacional ou multidisciplinar.
CA05. Integrar
coñecementos, enfrontarse á complexidade e formular xuízos con información
limitada.
CA06. A crítica e defensa
intelectual de solucións.
CO01. Saber formular
problemas relevantes na fronteira do coñecemento do campo de investigación
específico da teses doutoral.
CO02. Saber formular
hipóteses orixinais que contribúan significativamente ao avance do coñecemento
nas áreas de Neurobioloxía, Neurociencia cognitiva ou Psicoloxía Clínica.
CO03. Coñecer e saber
seleccionar o deseño, as técnicas de análise de datos e as técnicas
experimentais máis adecuadas á investigación en calquera dos ámbitos que
converxen neste programa, para desenvolver o traballo de teses co máximo grao
de autonomía.
CO04. Ser capaz de encadrar
o problema obxecto de estudo no marco xeral da neurociencia e do estudo do comportamento.
CO05. Ser capaz de difundir
os resultados da investigación nas publicacións científicas e os foros
nacionais e internacionais máis relevantes no campo da neurociencia e a
psicoloxía clínica e a psiquiatría.
CB11. Comprensión sistemática dun ámbito de estudo e dominio das
habilidades e métodos de investigación relacionados co dito ámbito.
CB12. Capacidade de concibir, deseñar ou crear, pór en práctica e
adoptar un proceso substancial de investigación ou creación.
CB13. Capacidade para contribuír á ampliación das fronteiras do
coñecemento a través dunha investigación orixinal.
CB14. Capacidade de realizar unha análise crítica e de avaliación e
síntese de ideas novas e complexas.
CB15. Capacidade de comunicación coa comunidade académica e científica e
coa sociedade en xeral acerca dos seus ámbitos de coñecemento nos modos e
idiomas de uso habitual na súa comunidade científica internacional.
CB16. Capacidade de fomentar, en contextos académicos e profesionais, o
avance científico, tecnolóxico, social, artístico ou cultural dentro dunha
sociedade superada no coñecemento.
CB17. Capacidade de fomentar a Ciencia Aberta e a Ciencia Cidadá,
conforme o artigo 12 da Lei orgánica 2/2023, do 22 de marzo, como modo de
contribuír á consideración do coñecemento científico como un ben común,
mediante a avaliación de actividades transversais levadas a cabo pola
doutoramento ou o doutorando relacionadas con diferentes dimensións da ciencia
aberta e a ciencia cidadá, así como a capacitación adquirida en sendas
disciplinas en formato de microcredenciais ou similar.
Os estudantes egresados
do programa adquiren habilidades e coñecementos que os capacitan para o
desempeño dunha investigación de calidade, tanto básica como traslacional,
orientada ás enfermidades no sistema nervioso, a psicoloxía e a saúde
mental.
As principais saídas
profesionais das persoas egresadas son:
Os estudantes egresados
do programa adquiren habilidades e coñecementos que os capacitan para o
desempeño dunha investigación de calidade, tanto básica como traslacional,
orientada ás enfermidades no sistema nervioso, a psicoloxía e a saúde
mental.
As principais saídas
profesionais das persoas egresadas son:
Estas son as liñas de investigación principáis deste programa de doutoramento:
No caso de que o doutorando careza da formación previa completa esixida no programa, a súa admisión no programa poderá quedar condicionada á superación de complementos de formación específicos, que poderán ser materias ou módulos de máster e grao. Os complementos asignados a un mesmo doutorando non poderán superar os 15 créditos ECTS e poderán realizarse de forma previa ou simultánea á matrícula en tutela académica no programa.
No caso de realización simultánea o alumnado deberá matricularse destes complementos no momento de formalizar a matrícula de tutela académica no programa, que deberán superarse no prazo máximo de tres cuadrimestres consecutivos. De non facelo así, o alumnado causará baixa no programa.
Tamén podes consultar o Regulamento de Estudos de Doutoramento da UDC, Artigo 5: Admisión.
No marco do RD 99/2011, os programas de doutoramento poden establecer actividades de formacion transversal e específica no seu ámbito. Neste caso establécense as seguintes actividades formativas:
De carácter obrigatorio:
De carácter optativo:
Especifica a relación académica entre o doutorando e a Universidade, os seus dereitos e deberes, incluídos os posibles dereitos de propiedade intelectual e/ou industrial derivados da investigación, así como a aceptación do procedemento de resolución de conflitos e a súa duración. Inclúe tamén os deberes do/a titor/a do doutorando e do seu director ou directora de tese.
O devandito compromiso será asinado por unha representación específica designada pola universidade, o/a titor/a e o doutorando, nun prazo máximo dun mes que comezará a contar desde a data da matrícula, mentres que a sinatura do/a director/a se incorporará no momento da súa designación.
Este compromiso de supervisión engadirase ao documento de actividades do doutorando no momento da súa sinatura por todas as persoas implicadas.
Tamén podes consultar o Regulamento de Estudos de Doutoramento da UDC, Artigo 13: Compromiso de supervisión.
Nun prazo de seis meses logo da matrícula, o estudante elaborará un Plan de Investigación que incluirá a metodoloxía, os obxectivos, os medios e a planificación temporal. O plan presentarase avalado co informe do director e/ou titor e deberá ser aprobado pola CAPD. Este plan poderá mellorarse no proceso de avaliación anual contando co aval do director e/ou titor.
Anualmente, a CAPD avaliará o Plan de Investigación, xunto cos informes que a tal efecto deberán emitir o titor/a e/ou o director/a, e o documento de actividades. A avaliación positiva será requisito indispensable para continuar no programa. En caso de avaliación negativa, o estudante elaborará un novo Plan que será avaliado no prazo de seis meses. En caso de nova avaliación negativa, causará baixa definitiva no programa.
Tamén podes consultar o Regulamento de Estudos de Doutoramento da UDC, Artigo 15: Plan de investigación.
A UDC mantén convenios de mobilidade de estudantes con universidades e institucións de educación superior de catro continentes. Cada curso académico publícanse varias convocatorias de mobilidade de estudantes para que estes poidan cursar parte dos seus estudos nunha desas institucións (un semestre ou un ano académico completo), obtendo pleno recoñecemento académico ao seu regreso no expediente UDC do estudante.
Nesas convocatorias publícanse as prazas das que a UDC dispón para ofrecer aos estudantes dos distintos centros e, no seu caso, as condicións específicas de cada unha delas. Do mesmo xeito, todos os anos convócanse bolsas para financiar a realización de prácticas no estranxeiro por parte dos estudantes
As prácticas serán tamén recoñecidas como parte do seu expediente académico ou no suplemento europeo ao título. O estudante é libre para buscar a empresa ou institución de destino do EEES na que desexa facer as prácticas. A estes efectos, a UDC ten un taboleiro virtual no que se publican as ofertas que chegan ao seu coñecemento.
As convocatorias de mobilidade xestiónanse conxuntamente nos centros de procedencia dos estudantes, baixo a dirección dos Responsables de Relacións Internacionais dos centros, e na Oficina de Relacións Internacionais da Universidade (ORI). Os requisitos xerais para acceder a unha praza de mobilidade, os dereitos e obrigacións dos estudantes, así como o procedemento para conceder as prazas regúlanse no Regulamento de Mobilidade da UDC.