Programa Oficial de Doutoramento en Neurociencia e Psicoloxía Clínica

2025/2026

Acceso

Poderá acceder aos estudos de doutoramento da UDC o alumnado que cumpra algún dos requisitos recollidos no artigo 4 (Acceso) do Regulamento de Estudos de Doutoramento da UDC.

Admisión

Os estudantes que cumpren algún dos requisitos de acceso aos estudos de doutoramente poderán ser admitidos a un programa de doutoramento conforme aos requisitos específicos e criterios de valoración de méritos que foren propios do programa. A UDC incluirá os procedementose requisitos de admisión no plan de estudos.

A Admisión non implicará, en ningún caso, ningunha modificación dos efectos académicos e profesionais que correspondan ao título previo de que estea en posesión a persoa interesada, nin o seu recoñecemento para outro efecto que o de cursar o programa de doutoramento.

Tamén podes consultar o Regulamento de Estudos de Doutoramento da UDC, Artigo 5: Admision.

6 prazas ofertadas no curso 2025/2026

Perfil de admisión recomendado

De forma xeral, poderán acceder a este programa de doutoramento, sen necesidade de cursar complementos formativos, alumnos/as que cursen algún máster adscrito ás ramas de coñecemento ciencias da saúde e ciencias e os ámbitos de coñecemento Ciencias biomédicas, bioloxía e xenética, bioquímica e biotecnoloxía, Enfermería, Farmacia, Medicina e Odontoloxía, Psicoloxía e Ciencias do Comportamento.

Poderán ser admitidos, logo de informe da CAPD, diplomados, graduados, licenciados e máster con experiencia e/ou intereses específicos nas distintas áreas de coñecemento da Neurociencia, sempre que cumpran os requisitos xerais de acceso ao doutoramento. Aqueles que non acrediten as competencias esixidas para o acceso ao programa terán que cursar complementos de formación.

Para calquera outro perfil a CAPD estudará os casos individualmente, podendo admitir ou non aos/ás alumnos/as e establecendo complementos formativos en caso de ser necesario. No caso de que o alumnado careza da formación previa esixida no programa, a admisión poderá quedar condicionada á superación dos complementos de formación que estableza a Comisión Académica. Estes complementos non poderán superar os 15 créditos ECTS.

Procedemento xeral de solicitude de admisión

A solicitude de admisión (ou de renovación da matrícula) e a matrícula nos estudos de doutoramento realizarase a través da secretaría virtual, achegando a documentación acreditativa de reunir os requisitos de acceso. A solicitude de admisión e matrícula para o alumnado externo da UDC debe facerse aquí.

Se desexas obter máis información podes consultar o Procedemento xeral de solicitude de admisión.

Procedemento de solicitude de admisión do alumnado cun título estranxeiro non homologado

Consulta a Admisión e matrícula da EIDUDC.

Procedemento xeral por parte da CAPD

Consulta a Admisión e matrícula da EIDUDC.

Requisitos de admisión específicos da CAPD

As persoas que pretendan acceder a un programa de doutoramento deberán reunir as condicións de acceso establecidas no RD 99/2011 e solicitar a admisión nos prazos establecidos na correspondente convocatoria. Consultar en: https://www.udc.es/es/eid/admision/

Criterios:

  • Expediente académico: 50-60 %.
  • Afinidade do máster de acceso co Programa de Doutoramento: 20-25 %.
  • Resumo da investigación que se pretende desenvolver: 20-25 %.

Prazos

A solicitude de admisión (ou de renovación da matrícula) e a matrícula nos estudos de doutoramento realizarase de acordo cos prazos aprobados polo Consello de Goberno da UDC.

Matrícula

Consulta a información dispoñible para facer a matrícula nun estudo de doutorado da udc. 

Axudas predoutorais

Consulta as axudas predoutorais na UDC.