Poderá acceder aos estudos de doutoramento da UDC o alumnado que cumpra algún dos requisitos recollidos no artigo 4 (Acceso) do Regulamento de Estudos de Doutoramento da UDC.
Os estudantes que cumpren algún dos requisitos de acceso aos estudos de doutoramente poderán ser admitidos a un programa de doutoramento conforme aos requisitos específicos e criterios de valoración de méritos que foren propios do programa. A UDC incluirá os procedementose requisitos de admisión no plan de estudos.
A Admisión non implicará, en ningún caso, ningunha modificación dos efectos académicos e profesionais que correspondan ao título previo de que estea en posesión a persoa interesada, nin o seu recoñecemento para outro efecto que o de cursar o programa de doutoramento.
Tamén podes consultar o Regulamento de Estudos de Doutoramento da UDC, Artigo 5: Admision.
15 prazas ofertadas no curso 2024/2025
O perfil de ingreso a este Programa de Doutoramento está orientado, prioritariamente, cara a persoas licenciadas ou graduadas en ciencias da actividade física e o Deporte, e licenciadas en educación física. Para calquera outro perfil, a CAPD estudiará os casos individualmente e poderá, tendo en conta os criterios de admisión indicados a continuación, establecer complementos formativos en caso de ser necesario.
A solicitude de admisión (ou de renovación da matrícula) e a matrícula nos estudos de doutoramento realizarase a través da secretaría virtual, achegando a documentación acreditativa de reunir os requisitos de acceso. A solicitude de admisión e matrícula para o alumnado externo da UDC debe facerse aquí.
Se desexas obter máis información podes consultar o Procedemento xeral de solicitude de admisión.
Consulta a Admisión e matrícula da EIDUDC.
Consulta a Admisión e matrícula da EIDUDC.
Carta de referencia dun/a profesor/a do POD que avale a viabilidade da teses
É requisito obrigatorio para a admisión no programa de doutoramento que o/a estudante conte co compromiso previo dun (a) profesor(a) do programa para dirixi-la súa teses doutoral.
Nivel mínimo de coñecemento de idiomas
O/a alumno/a debe contar con competencias lingüísticas suficientes en galego, castelán ou portugués, ou, no seu defecto, en inglés. Neste último caso, deberá acreditar oficialmente un nivel equivalente ao B2 para garantir o correcto desenvolvemento dos seus estudos de doutoramento no ámbito do programa.
Criterios de admisión do programa
A selección de estudantes para a súa admisión no programa realizarase en función dos criterios:
- Formación universitaria logo de indicada no perfil de ingreso: 60 puntos
- Formación universitaria logo de diferente á do perfil de ingreso: 40 puntos
- Experiencia investigadora previa: 10 puntos
- Coñecemento do idioma inglés: 10 puntos
- Entrevista persoal (o cuestionario substitutivo ou carta de motivación-presentación): 20 puntos
Para a súa validez, os méritos deberán ser xustificados mediante documentación acreditativa.
Aplicaranse os mesmos criterios para admitir a todos/as os/as estudantes independentemente de que a súa dedicación sexa a tempo completo ou parcial.
A solicitude de admisión (ou de renovación da matrícula) e a matrícula nos estudos de doutoramento realizarase de acordo cos prazos aprobados polo Consello de Goberno da UDC.
Consulta a información dispoñible para facer a matrícula nun estudo de doutorado da udc.
Consulta as axudas predoutorais na UDC.
Podes consultar a normativa relacionada cos estudos de doutoramento na UDC.
Outros documentos de interese son: