Programa Oficial de Doutoramento en Ciencias do Deporte, Educación Física e Actividade Física Saudable

2024/2025

Que se aprende

Competencias xenéricas

CB11 - Comprensión sistemática dun campo de estudo e dominio das habilidades e métodos de investigación relacionados co dito ámbito.

CB12 - Capacidade de concibir, deseñar ou crear, pór en práctica e adoptar un proceso substancial de investigación ou creación.

CB13 - Capacidade para contribuír á ampliación das fronteiras do coñecemento a través dunha investigación orixinal.

CB14 - Capacidade de realizar unha análise crítica e de avaliación e síntese de ideas novas e complexas.

CB15 - Capacidade de comunicación coa comunidade académica e científica e coa sociedade en xeral acerca dos seus ámbitos de coñecemento nos modos e idiomas de uso habitual na súa comunidade científica internacional.

CB16 - Capacidade de fomentar, en contextos académicos e profesionais, o avance científico, tecnolóxico, social, artístico ou cultural dentro dunha sociedade superada no coñecemento.

CB17 - Capacidade de fomentar a Ciencia Aberta e a Ciencia Cidadá, conforme o artigo 12 da Lei orgánica 2/2023, do 22 de marzo, como modo de contribuír á consideración do coñecemento científico como un ben común, mediante a avaliación de actividades transversais levadas a cabo pola doutoramento ou o doutorando relacionadas con diferentes dimensións da ciencia aberta e a ciencia cidadá, así como a capacitación adquirida en sendas disciplinas en formato de microcredenciais ou similar.

Competencias específicas

CA01 - Desenvolverse en contextos nos que hai pouca información específica.

CA02 - Atopar as preguntas claves que hai que responder para resolver un problema complexo.

CA03 - Deseñar, crear, desenvolver e emprender proxectos novidosos e innovadores no seu ámbito de coñecemento.

CA04 - Traballar tanto en equipo como de maneira autónoma nun contexto internacional ou multidisciplinar.

CA05 - Integrar coñecementos, enfrontarse á complexidade e formular xuízos con información limitada.

CA06 - A crítica e defensa intelectual de solucións.

CG01 - Capacidade para comprender o valor e dos límites do método científico, capacidade de razoamento crítico e autocrítico, e capacidade de análise e de síntese.

CG02 - Capacidade de xerar novas ideas (creatividade). Iniciativa e espírito emprendedor.

CG03 - Capacidade para disciplinarse nos traballos de equipo, desenvolvendo dotes de liderado para desenvolver proxectos, ensinando e entrenando a outros, supervisándolles o traballo que realizan

CG04 - Desenvolver un compromiso ético na aplicación dos códigos deontolóxicos e normativas legais con responsabilidade social e integridade científica

CT01 - Capacidade para actualizar o coñecemento de forma autónoma. Capacidade de autoevaliación e recoñecemento da necesidade da mellora persoal continúa.

CT02 - Capacidade para aplicar os coñecementos á práctica, e para resolver problemas complexos, con alto compoñente de transferencia de coñecemento, participando en equipos multidisciplinares.

CT03 - Capacidade para buscar, analizar e xestionar a información, incluíndo a capacidade de interpretación e avaliación, desenvolvendo habilidade e destreza no manexo das xeramentas informáticas avanzadas.

CT04 - Capacidade de comunicar oralmente e por escrito en galego, español e inglés nos ámbitos da construción de novo coñecemento en actividade física e deporte, incluídos coñecemento básico ou fronteirizo. Capacidade para que a súa contribución orixinal poida ser recoñecida pola comunidade científica internacional

CE01 - Adquirir coñecemento da metodoloxía e os procedementos propios da investigación científica nos ámbitos do ensino da educación física e deportiva, para a promoción da saúde, e para aumentar o rendemento motor e/ou deportivo

CE02 - Capacidade para determinar os obxectivos, o deseño e desenvolvemento de investigacións nos ámbitos da actividade física e do deporte, achegando novo coñecemento de interese científico, técnico, e/ou social.

CE03 - Capacidade para utilizar novos coñecementos, instrumentos e tecnoloxías desde outras ramas ou áreas científicas, e integrar coñecementos doutros ámbitos profesionais

CE04 - Capacidade para intercambiar coñecementos e colaborar en proxectos de investigación, en equipos ou redes científicas, co fin de ampliar e profundizar o coñecemento aplicable aos ámbitos da educación física, do deporte e do exercicio físico saudable.

Competencias transversais

CB11 - Comprensión sistemática dun campo de estudo e dominio das habilidades e métodos de investigación relacionados co dito ámbito.

CB12 - Capacidade de concibir, deseñar ou crear, pór en práctica e adoptar un proceso substancial de investigación ou creación.

CB13 - Capacidade para contribuír á ampliación das fronteiras do coñecemento a través dunha investigación orixinal.

CB14 - Capacidade de realizar unha análise crítica e de avaliación e síntese de ideas novas e complexas.

CB15 - Capacidade de comunicación coa comunidade académica e científica e coa sociedade en xeral acerca dos seus ámbitos de coñecemento nos modos e idiomas de uso habitual na súa comunidade científica internacional.

CB16 - Capacidade de fomentar, en contextos académicos e profesionais, o avance científico, tecnolóxico, social, artístico ou cultural dentro dunha sociedade superada no coñecemento.

CB17 - Capacidade de fomentar a Ciencia Aberta e a Ciencia Cidadá, conforme o artigo 12 da Lei orgánica 2/2023, do 22 de marzo, como modo de contribuír á consideración do coñecemento científico como un ben común, mediante a avaliación de actividades transversais levadas a cabo pola doutoramento ou o doutorando relacionadas con diferentes dimensións da ciencia aberta e a ciencia cidadá, así como a capacitación adquirida en sendas disciplinas en formato de microcredenciais ou similar.

Saídas profesionais e académicas

As dúas saídas profesionais principáis tras a culminación dos estudos de doutoramento neste programa son:

  • investigador/a no sector público ou privado e
  • profesor/a universitario/a (o título de doutoramento é un requisito para obter a acreditación da ANECA).

Ademáis, dispoñer do título de doutor/a e dos coñecementos habilidades e destrezas que se adquiren no programa, supoñen un mérito computable e valor añadido para o desempeño doutras tarefas profesionais:

  • docencia en Educación Secundaria;
  • preparación física, adestramento e análise do rendemento en deportes de equipo e individuáis;
  • preparación física o adestramento para a protección e a promoción da salúde;
  • preparación física o adestramento para a protección e a promoción da saúde;
  • preparación física o adestramento adaptado en persoas con patoloxías;
  • promoción da actividade física e deportivas en diferentes grupos poblacionáis, y
  • xestión deportiva.

Empresas e institucións colaboradoras

01. Universidade Lusófona de Humanidades e Tecnoloxía de Lisboa
02. REAFES (convenio multilateral)
03. A Liga de Fútbol Profesional

Liñas de investigación

Estas son as liñas de investigación principáis deste programa de doutoramento:

  • Actividade física, Educación física, exercicio físico, deporte e calidade de vida: idade, xénero, contorna, pensamento e comportamento.
  • Adestramento e análise do rendemento nos deportes.
  • Condición física e respostas e adaptacións ao exercicio: saúde e rendemento.
  • Control motor e exercicio: avaliación, aprendizaxe e rehabilitación neuromotora
  • Socorrismo e rescate acuático: investigación e innovación.

Planificación do ensino

Complementos de formación específicos

No caso de que o doutorando careza da formación previa completa esixida no programa, a súa admisión no programa poderá quedar condicionada á superación de complementos de formación específicos, que poderán ser materias ou módulos de máster e grao. Os complementos asignados a un mesmo doutorando non poderán superar os 15 créditos ECTS e poderán realizarse de forma previa ou simultánea á matrícula en tutela académica no programa.

No caso de realización simultánea o alumnado deberá matricularse destes complementos no momento de formalizar a matrícula de tutela académica no programa, que deberán superarse no prazo máximo de tres cuadrimestres consecutivos. De non facelo así, o alumnado causará baixa no programa.

Tamén podes consultar o Regulamento de Estudos de Doutoramento da UDC, Artigo 5: Admisión.

Actividades formativas da EIDUDC

Actividades formativas da EIDUDC

Actividades formativas do programa

Compromiso documental de supervisión

Especifica a relación académica entre o doutorando e a Universidade, os seus dereitos e deberes, incluídos os posibles dereitos de propiedade intelectual e/ou industrial derivados da investigación, así como a aceptación do procedemento de resolución de conflitos e a súa duración. Inclúe tamén os deberes do/a titor/a do doutorando e do seu director ou directora de tese.

O devandito compromiso será asinado por unha representación específica designada pola universidade, o/a titor/a e o doutorando, nun prazo máximo dun mes que comezará a contar desde a data da matrícula, mentres que a sinatura do/a director/a se incorporará no momento da súa designación.

Este compromiso de supervisión engadirase ao documento de actividades do doutorando no momento da súa sinatura por todas as persoas implicadas.

Tamén podes consultar o Regulamento de Estudos de Doutoramento da UDC, Artigo 13: Compromiso de supervisión.

Plan de investigación

Nun prazo de seis meses logo da matrícula, o estudante elaborará un Plan de Investigación que incluirá a metodoloxía, os obxectivos, os medios e a planificación temporal. O plan presentarase avalado co informe do director e/ou titor e deberá ser aprobado pola CAPD. Este plan poderá mellorarse no proceso de avaliación anual contando co aval do director e/ou titor.

Anualmente, a CAPD avaliará o Plan de Investigación, xunto cos informes que a tal efecto deberán emitir o titor/a e/ou o director/a, e o documento de actividades. A avaliación positiva será requisito indispensable para continuar no programa. En caso de avaliación negativa, o estudante elaborará un novo Plan que será avaliado no prazo de seis meses. En caso de nova avaliación negativa, causará baixa definitiva no programa.

Tamén podes consultar o Regulamento de Estudos de Doutoramento da UDC, Artigo 15: Plan de investigación.

Accións para a mobilidade do estudantado

A UDC mantén convenios de mobilidade de estudantes con universidades e institucións de educación superior de catro continentes. Cada curso académico publícanse varias convocatorias de mobilidade de estudantes para que estes poidan cursar parte dos seus estudos nunha desas institucións (un semestre ou un ano académico completo), obtendo pleno recoñecemento académico ao seu regreso no expediente UDC do estudante.

Nesas convocatorias publícanse as prazas das que a UDC dispón para ofrecer aos estudantes dos distintos centros e, no seu caso, as condicións específicas de cada unha delas. Do mesmo xeito, todos os anos convócanse bolsas para financiar a realización de prácticas no estranxeiro por parte dos estudantes

As prácticas serán tamén recoñecidas como parte do seu expediente académico ou no suplemento europeo ao título. O estudante é libre para buscar a empresa ou institución de destino do EEES na que desexa facer as prácticas. A estes efectos, a UDC ten un taboleiro virtual no que se publican as ofertas que chegan ao seu coñecemento.

As convocatorias de mobilidade xestiónanse conxuntamente nos centros de procedencia dos estudantes, baixo a dirección dos Responsables de Relacións Internacionais dos centros, e na Oficina de Relacións Internacionais da Universidade (ORI). Os requisitos xerais para acceder a unha praza de mobilidade, os dereitos e obrigacións dos estudantes, así como o procedemento para conceder as prazas regúlanse no Regulamento de Mobilidade da UDC.