Programa Oficial de Doutoramento en Estudos Ingleses Avanzados: Lingüística, Literatura e Cultura

2025/2026

Acceso

Poderá acceder aos estudos de doutoramento da UDC o alumnado que cumpra algún dos requisitos recollidos no artigo 4 (Acceso) do Regulamento de Estudos de Doutoramento da UDC.

Admisión

Os estudantes que cumpren algún dos requisitos de acceso aos estudos de doutoramente poderán ser admitidos a un programa de doutoramento conforme aos requisitos específicos e criterios de valoración de méritos que foren propios do programa. A UDC incluirá os procedementose requisitos de admisión no plan de estudos.

A Admisión non implicará, en ningún caso, ningunha modificación dos efectos académicos e profesionais que correspondan ao título previo de que estea en posesión a persoa interesada, nin o seu recoñecemento para outro efecto que o de cursar o programa de doutoramento.

Tamén podes consultar o Regulamento de Estudos de Doutoramento da UDC, Artigo 5: Admision.

14 prazas ofertadas no curso 2025/2026

Perfil de admisión recomendado

Para acceder a este programa de doutoramento será necesario:
1) Ter realizado un primeiro grao de especialización no ámbito dos estudos literarios, lingüísticos ou
culturais en lingua inglesa ou equivalente de 240 créditos como mínimo, así como un máster de 60 créditos como mínimo.
2) Estar en posesión do Diploma de Estudos Avanzados (DEA) ou Suficiencia Investigadora no ámbito dos estudos literarios, lingüísticos ou culturais en lingua inglesa.
3) Terán tamén acceso os solicitantes que acrediten ante a comisión académica competencia lingüística nivel C1 en inglés oral e escrito, mediante unha certificación oficial ou, se é o caso, a través dunha entrevista ou proba, que se considere suficiente para levar a cabo tarefas de investigación e que estean en posesión do Diploma de Estudios Avanzados (DEA), ou suficiencia investigadora polas áreas de filoloxía, traducción e interpretación, humanidades, comunicación, ciencias sociais e socioloxía, ciencias políticas e da Administración, mestre en educación infantil, mestre en educación primaria, educación social e pedagoxía, historia e filosofía.
4) Aqueles alumnos que realizasen un grao ou unha licenciatura, e pola súa vez que completasen o máster en formación do profesorado de educación secundaria, Bacharelato e escolas de idiomas (especialidade linguas e literaturas) poderán acceder ao programa de doutoramento tendo que cursar de modo obrigatorio complementos de formación en investigación que consistirán na realización de 15 créditos ECTS dos estudos de Máster en Estudos Ingleses ou equivalente.
5) Para os alumnos que completasen outros másteres e cursos de posgrao afíns á especialidade, nos ámbitos de ciencias da educación, estudos de xénero e feministas, filoloxía, estudos clásicos, tradución, lingüística, historia, filosofía e humanidades, cun mínimo de 60 créditos, a Comisión Académica estudará cada solicitude en particular, determinando os complementos de formación en investigación deberán realizar. Os complementos de formación non superarán os 15 ECTS e serán dos estudos de máster en estudos ingleses ou equivalentes.
Requisitos de acceso específicos do programa
Dadas as características e o nivel científico do programa de doutoramento, o candidato ou candidata debe ter acreditado un nivel mínimo de coñecementos de (idioma) nivel C1 de competencia lingüística en inglés oral e escrito de acordo co establecido polo Consello de Europa no Marco Común Europeo de Referencia sobre Coñecemento de Linguas. Establécese este requisito non só por se-la lingua común de comunicación científica a nivel internacional na actualidade no ámbito de coñecemento da teses da senón porque parte dos cursos, tanto de formación específica como transversal, así como diversas actividades do programa, poden realizarse neste idioma. O nivel de (idioma) acreditarase coa correspondente certificación oficial das incluídas na listaxe de acreditacións recoñecidas habitualmente para os distintos niveis do marco común europeo (por exemplo, https://www.usc.gal/es/servizos/clm/acreditacion/index.html).

Procedemento xeral de solicitude de admisión

A solicitude de admisión (ou de renovación da matrícula) e a matrícula nos estudos de doutoramento realizarase a través da secretaría virtual, achegando a documentación acreditativa de reunir os requisitos de acceso. A solicitude de admisión e matrícula para o alumnado externo da UDC debe facerse aquí.

Se desexas obter máis información podes consultar o Procedemento xeral de solicitude de admisión.

Procedemento de solicitude de admisión do alumnado cun título estranxeiro non homologado

Consulta a Admisión e matrícula da EIDUDC.

Procedemento xeral por parte da CAPD

Consulta a Admisión e matrícula da EIDUDC.

Requisitos de admisión específicos da CAPD

Estes criterios permitirán realizar a selección de admitidos en caso de existir máis solicitudes que prazas.
A selección de estudantes para a súa admisión no programa realizarase en función dos seguintes criterios:
• Considerarase mérito preferente a dispoñibilidade de aval/compromiso de dirección de teses por un
membro do cadro de profesorado.
• Expediente académico determinado polas cualificacións obtidas no grao e máster (ou DEA ou
suficiencia investigadora).
• Experiencia investigadora logo de e os seus resultados: Neste punto valoraranse publicacións, comunicacións a congresos e outras contribucións científicas e a súa adecuación ás liñas de investigación do programa de doutoramento. As persoas candidatas deberán presentar documentación xustificativa.
• Experiencia profesional: Neste punto valorarase experiencia profesional relacionada coas liñas de investigación do programa de doutoramento. As persoas candidatas deberán presentar documentación
xustificativa (certificación de vida laboral, copia de contratos, bolsas, etc.)
• Outros aspectos acreditados no currículum do candidato: Neste punto valoraranse as estadías de investigación, cursos realizados e cursos impartidos relacionados coas liñas de investigación do
programa, así como o coñecemento doutros idiomas distintos da lingua materna e a inglesa, etc. As
persoas candidatas deberán presentar documentación xustificativa.
• Entrevista persoal (segundo criterio das CAPDs): Neste punto valoraranse motivación e aptitude,
capacidade de comunicación escrita e oral, etc.
Aplicaranse os mesmos criterios para admitir a todas as persoas candidatas independentemente de que a súa dedicación sexa a tempo completo ou parcial.

Prazos

A solicitude de admisión (ou de renovación da matrícula) e a matrícula nos estudos de doutoramento realizarase de acordo cos prazos aprobados polo Consello de Goberno da UDC.

Matrícula

Consulta a información dispoñible para facer a matrícula nun estudo de doutorado da udc. 

Axudas predoutorais

Consulta as axudas predoutorais na UDC.