O programa de doutoramento en Estudos Ingleses Avanzados: Lingüística, Literatura e Cultura é un título interuniversitario no que participan as tres universidades galegas (Universidade da Coruña, Universidade de Santiago de Compostela e Universidade de Vigo) e que nace a partir de programas previos con diversos recoñecementos oficiais (Mención de Calidade e Recoñecemento cara á Excelencia). Foi avaliado positivamente e acreditado polo MEC (5600811; data 25/09/2013), pola ACSUG (Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia) e pola Axencia Nacional da Avaliación e a Acreditación da Calidade (ANECA) para a educación superior, sendo concedida a renovación da acreditación o 12/05/2021. O programa forma investigadores en diversos campos dentro dos estudos ingleses, desde a literatura e os estudos culturais á lingüística.
O estudo está verificado e publicado
O estudo renovou a sua acreditación o luns, 24 de maio de 2021.
Porque o coñecemento especializado na lingüística, as literaturas e as culturas anglófonas é un elemento vital no momento histórico global e intercultural da sociedade actual. Porque as destrezas de comunicación, de organización e presentación ordeada da información adquiridas na formación previa, alcanzarán coa formación e experiencia investigadora deste programa cotas avanzadas de especialización. Porque o programa ofrece a posibilidade de realizar parte dos seus estudos noutro centro dentro do marco de mobilidade Erasmus, engadindo deste modo tamén outra visión particular á experiencia intercultural de cada estudante.
Este estudo é interuniversitario, ademais da Universidade da Coruña, participan na súa docencia as seguintes universidades:
| Curso de comezo | 2013-2014 |
| Data última modificación/verificación ACSUG | 22/07/2013 |
| Data publicación autorización DOG | 20/12/2013 |
| Data publicación BOE de carácter oficial | 11/03/2014 |
| Data publicación plan estudos BOE | 11/03/2014 |