Grao en Humanidades

2023/2024 · 240 créditos

Que se aprende

A Facultade de Humanidades e Documentación en xeral, e o Grao de Humanidades en particular, ofrecen unha formación de alta calidade tanto no aspecto puramente académico como na vertente máis profesional. Os doce departamentos que imparten docencia neste centro completan a formación do/a humanista, que recibirá como plus ás humanidades clásicas un amplo coñecemento das técnicas documentais e dixitais, así como das humanidades contemporáneas, unha excelente base para desenvolverse como parte da cidadanía europea e que lle outorgará capacidade para desenvolver o seu futuro profesional nos ámbitos da súa competencia.

Competencias xenéricas

Preme na ligazón Competencias completas do estudo para ver as competencias xenéricas do Grao en Humanidades.

Competencias específicas

Preme na ligazón Competencias completas do estudo para ver as competencias específicas do Grao en Humanidades.

Competencias transversais

Preme na ligazón Competencias completas do estudo para ver as competencias transversais do Grao en Humanidades.

Saídas profesionais e académicas

O plan de estudos do Grao en Humanidades conta cos créditos necesarios para que os titulados poidan impartir docencia na educación secundaria, e de feito os centros educativos son unha das saídas máis atraentes para os graduados.

Desenvolven tamén todas as súas competencias noutras áreas, como a dinamización cultural de concellos e entidades cívicas; a realización de proxectos culturais e administración cultural de empresas; a xestión do patrimonio histórico e cultural en todos os seus ámbitos ou os labores de turismo cultural. Así mesmo, poden traballar na xestión dos aspectos éticos e deontolóxicos das empresas ou como avaliadores do medio ambiente e patrimonial.

En xeral son profesionais que poden atender todas as necesidades do mercado cultural, e acrecentar o valor humano, crítico e responsable no mercado laboral dunha sociedad plural e democrática.

Saídas profesionais e académicas

Dirección de institucións educativas, xestión e dinamización cultural en administracións públicas e privadas, mundo editorial, creación de espazos virtuais e deseño de produtos. Turismo cultural, comunicación, docencia e investigación ou cooperación internacional.

Planificación do ensino

No Grao de Humanidades imparten docencia os departamentos indicados no apartado de "Profesorado", que dan mostra da base que se ofrece para unha formación sólida e versátil. Esta titulación dispón de guía docente. Para consultala preme na ligazón que aparece a seguir: https://guiadocente.udc.es/guia_docent/index.php?centre=710&ensenyament=710G01

Estrutura do estudo

Os estudos de grao organízanse por cursos. Fai clic nun curso para obter máis información.

  Guía Carácter Cuadr. créditos
Historia Medieval Con restriccións Obrigatorio 6 ECTS
Historia da Arte Medieval Con restriccións Obrigatorio 6 ECTS
Ética Moderna e Contemporánea Con restriccións Obrigatorio 6 ECTS
Xeografía Humana Con restriccións Obrigatorio 6 ECTS
Fontes Histórico Documentais da Idade Media Con restriccións Obrigatorio 6 ECTS
Historia de América e da Expansión Europea Con restriccións Obrigatorio 6 ECTS
Historia Moderna Con restriccións Obrigatorio 6 ECTS
Socioloxía da Cultura e do Patrimonio Con restriccións Obrigatorio 6 ECTS
Xeografía Rexional Con restriccións Obrigatorio 6 ECTS
Historia da Arte Moderna Con restriccións Obrigatorio 6 ECTS
  Guía Carácter Cuadr. créditos
Antropoloxía Social e Problemas Actuais Con restriccións Obrigatorio 6 ECTS
Historia Contemporánea Con restriccións Obrigatorio 6 ECTS
Filosofía da Ciencia e a Tecnoloxía Con restriccións Obrigatorio 6 ECTS
Historia de España Contemporánea Con restriccións Obrigatorio 6 ECTS
Historia da Arte Contemporánea Con restriccións Obrigatorio 6 ECTS
Hermenéutica Filosófica Con restriccións Obrigatorio 6 ECTS
Traballo Fin de Grao Con restriccións Obrigatorio 6 ECTS
Prácticum Con restriccións Optativo 4,5 ECTS
Arqueoloxía e Numismática Con restriccións Optativo 4,5 ECTS
Xeografía Humana de Galicia Con restriccións Optativo 4,5 ECTS
Historia das Relixións Con restriccións Optativo 4,5 ECTS
Mitoloxía Clásica Con restriccións Optativo 4,5 ECTS
Antropoloxía Social Aplicada Con restriccións Optativo 4,5 ECTS
Ética Aplicada e Deontoloxía Profesional Con restriccións Optativo 4,5 ECTS
Historia de Galicia Con restriccións Optativo 4,5 ECTS
Xeografía Rexional de Galicia Con restriccións Optativo 4,5 ECTS

 BOE co plan de estudos (PDF)

Profesorado

O ensino do plan de estudos está a cargo de docentes dos departamentos de: Ciencias da Computación e Tecnoloxías da Información, Dereito Público, Didácticas Específicas e Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación, Humanidades, Letras, Proxectos Arquitectónicos, Urbanismo e Composición e Socioloxía e Ciencias da Comunicación.

Os estudos de grao organízanse por cursos. Fai clic nun curso para obter máis información.

Accións para a mobilidade do estudantado

A UDC mantén convenios de mobilidade de estudantes con universidades e institucións de educación superior de catro continentes. Cada curso académico publícanse varias convocatorias de mobilidade de estudantes para que estes poidan cursar parte dos seus estudos nunha desas institucións (un semestre ou un ano académico completo), obtendo pleno recoñecemento académico ao seu regreso no expediente UDC do estudante.

Nesas convocatorias publícanse as prazas das que a UDC dispón para ofrecer aos estudantes dos distintos centros e, no seu caso, as condicións específicas de cada unha delas. Do mesmo xeito, todos os anos convócanse bolsas para financiar a realización de prácticas no estranxeiro por parte dos estudantes

As prácticas serán tamén recoñecidas como parte do seu expediente académico ou no suplemento europeo ao título. O estudante é libre para buscar a empresa ou institución de destino do EEES na que desexa facer as prácticas. A estes efectos, a UDC ten un taboleiro virtual no que se publican as ofertas que chegan ao seu coñecemento.

As convocatorias de mobilidade xestiónanse conxuntamente nos centros de procedencia dos estudantes, baixo a dirección dos Responsables de Relacións Internacionais dos centros, e na Oficina de Relacións Internacionais da Universidade (ORI). Os requisitos xerais para acceder a unha praza de mobilidade, os dereitos e obrigacións dos estudantes, así como o procedemento para conceder as prazas regúlanse no Regulamento de Mobilidade da UDC.

Accións concretas do centro

A UDC mantén convenios de mobilidade de estudantes con universidades e institucións de educación superior de catro continentes, cuxo obxecto é que o alumnado poida cursar parte dos seus estudos (un semestre ou un ano académico completo) nalgunha delas con pleno recoñecemento académico ao seu regreso no expediente da UDC.

Nas convocatorias publícanse as prazas de que a UDC dispón para lles ofrecer aos estudantes dos distintos centros e, no seu caso, as condicións específicas de cada unha delas.

Do mesmo xeito, todos os anos se convocan bolsas para financiar a realización de prácticas no estranxeiro por parte dos estudantes, as cales serán tamén recoñecidas como parte do expediente académico ou no suplemento europeo ao título.

Cada estudante é libre de buscar a empresa ou institución de destino do EEES en que desexa facer as prácticas. Para estes efectos, a UDC conta cun taboleiro virtual en que se publican as ofertas que chegan ao seu coñecemento. As convocatorias de mobilidade son xestionadas conxuntamente polos centros de procedencia dos estudantes, baixo a dirección dos responsables de Relacións Internacionais, e a Oficina de Relacións Internacionais (ORI) da UDC. Os requisitos xerais para acceder a unha praza de mobilidade, o procedemento para conceder as prazas e os dereitos e obrigas dos estudantes réxense polo disposto no Regulamento de mobilidade da UDC.