Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos

2026/2027 · 240 créditos

Introdución

O Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos pretende a creación de especialistas na defensa e asesoramento de traballadores e empresarios con base en tres piares: 1.Unha formación xurídica ampla e asemade profunda no dereito do traballo e da Seguridade Social. 2.Coñecementos de carácter económico e técnico, con especial atención á visión do subsistema empresarial dos recursos humanos, sen esquecer a visión global da empresa, tanto desde un prisma interno como externo, con todos os factores económicos esóxenos que teñen influencia sobre o sistema empresa. 3.Unha formación sociolóxica sen a cal non teriamos unha visión completa do apaixonante mundo das relacións laborais. Ofrecémosche un proxecto formativo ilusionante dende o punto de vista persoal e profesional. O noso desexo é que aproveites ao máximo tódolos recursos que poñemos nas túas mans e que che permitirán chegar a ser unha/un profesional altamente cualificado/a. Páxina web da Facultade:"http://www.fcct.es/"

O estudo está verificado e publicado

O estudo renovou a sua acreditación o martes, 12 de decembro de 2023.

 

Prazas ofertadas para o curso 2026
100

Por que estudar a titulación

Se consideras que as relacións laborais e os recursos humanos son unha actividade fundamental nos ámbitos individual e colectivo, que xogan un papel decisivo na calidade de vida das persoas e no funcionamento axeitado das empresas e organizacións, o Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos ofréceche as ferramentas adecuadas para desenvolveres unha perspectiva multidisciplinar imprescindible para os líderes do mundo do traballo do mañá.

 Folleto informativo

Folla de ruta

Curso de comezo 2025
Data última modificación/verificación ACSUG 19/06/2009
Data autorización Consello Xunta 27/08/2009
Data publicación autorización DOG 16/09/2009
Data autorización Consello de Ministros 30/10/2009
Data publicación BOE de carácter oficial 05/01/2010
Data publicación plan estudos DOG 18/05/2010
Data publicación plan estudos BOE 26/04/2010