Este grao impartese na Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF) no Campus de Esteiro. A EPEF nace no ano 2021 como resultado da fusión das dúas escolas de enxeñaría da cidade, a Escola Universitaria Politécnica e a Escola Politécnica Superior, con máis de 50 anos de traxectoria en formación no ámbito da enxeñaría.
O grao de Enxeñaría Naval e Oceánica é unha carreira para os que queren meterse de cheo no mundo dos barcos e todo o que ten que ver co mar. Aprenderás a deseñar e construír desde pequenas embarcacións de recreo ata grandes estruturas offshore, pasando por todo o relacionado co casco dos buques, a súa propulsión e os sistemas que fan que os barcos funcionen. Pero non todo se queda no deseño, tamén hai saídas en mantemento e reparación de barcos, xestión portuaria, administración pública como inspector de buques, xestión de flotas en navieras ou investigación e desenvolvemento.
Este grao habilita para a profesión regulada de Enxeñeiro Técnico Naval (Orde CIN/350/2009) coas atribucións profesionais das especialidades de Estruturas Mariñas e de Propulsión e Servizos do buque; Así mesmo, permite o acceso directo ao Master en Enxeñaría Naval e Oceánica, o cal pola súa vez habilita para a profesión regulada de Enxeñeiro Naval e Oceánico (Orde CIN/354/2009).
O estudo está verificado e publicado
O estudo renovou a sua acreditación o martes, 15 de outubro de 2019.
|
Prazas ofertadas para o curso 2025/2026 |
45 |
Único título en Galicia... Actualmente, é o único centro do noroeste peninsular en que se imparte a oferta completa de estudos relacionados coa Enxeñaría Naval e Oceánica.
Unha carreira sen paro... Enxeñería Naval e Oceánica é unha carreira con moi boas saídas laborais. Os seus titulados solen ter unha taxa de desemprego moi baixa, porque son perfís moi valorados nun sector que segue crecendo e que necesita profesionais preparados. Ademais, non só hai oportunidades en España, senón tamén fóra, onde esta formación está moi ben recoñecida. De feito, segundo datos do INE, a taxa de emprego dos antigos estudantes de Enxeñaría Naval e Oceánica é do 94,6%, unha cifra moi alta dentro das carreiras universitarias.
Totalmente integrada no sector empresarial... Pola súa situación estratéxica, a Escola Politécnica de Enxeñería de Ferrol —e, por tanto, esta titulación— está nun lugar de peso dentro do sector naval. Galicia e a cidade de Ferrol son referentes en todo o que rodea á actividade marítima e naval, tanto a nivel industrial como administrativo. Na rexión está presente practicamente todo o ecosistema: pesca, deseño, construcción e reparación de buques, actividades militares, administración civil e grandes instalacións portuarias. Para un estudante de Enxeñería Naval e Oceánica, isto supón ter o sector moi cerca, con moitas oportunidades de prácticas, contactos e saídas profesionais.
Formación práctica en empresas... Poderás levar a cabo prácticas dentro dun amplo abanico de empresas concertadas que abranguen practicamente tódolos sectores da profesión.
Grupos de docencia reducidos... As clases impártense sempre en grupos reducidos, con non máis de 50 alumnos nas exposicións teóricas e un máximo de 20 nas sesións prácticas. Así se permite unha atención personalizada do alumnado que non é fácil atopar noutras universidades máis masificadas. Ademais, as sinerxías que se xeran entre docentes e estudantes das distintas enxeñerías que se imparten no campus, redundan nun beneficio neto na formación do futuro graduado.
| Curso de comezo | 2013/2014 |
| Data autorización Consello Xunta | 05/12/2013 |
| Data publicación autorización DOG | 20/12/2013 |
| Data publicación BOE de carácter oficial | 11/03/2014 |
| Data publicación plan estudos DOG | 13/10/2022 |
| Data publicación plan estudos BOE | 17/10/2022 |