Este grao impártese na Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF) no Campus de Esteiro. La EPEF nace no ano 2021 como resultado da fusión das dúas escolas de enxeñaría da cidade, a Escola Universitaria Politécnica e a Escola Politécnica Superior, con mais de 50 anos de traxectoria en formación no ámbito da enxeñaría.
O Grao en Enxeñaría Naval e Oceánica proporciona ao alumno a capacidade de abordar o conxunto do proxecto de buques e artefactos oceánicos, desde embarcacións de recreo ata grandes estruturas offshore, incluíndo a totalidade do proceso de deseño e construción do casco, sistemas de propulsión e sistemas auxiliares. Ademais do campo do deseño e a construción naval, esta titulación abarca tamén o resto do sector marítimo: mantemento e reparación de buques, xestión portuaria, administración pública, investigación e desenvolvemento, náutica de recreo e competición, etc. É unha titulación cuxos profesionais están moi demandados, tanto dentro do propio sector como noutras especialidades da enxeñería, e cuxos egresados presentan unhas taxas de desemprego moi reducidas.
Este grao habilita para a profesión regulada de Enxeñeiro Técnico Naval (Orde CIN/350/2009) coas atribucións profesionais das especialidades de Estruturas Mariñas e de Propulsión e Servizos do Buque; así mesmo, permite o acceso directo ao Master en Enxeñería Naval e Oceánica, o cal á súa vez habilita para a profesión regulada de Enxeñeiro Naval e Oceánico (Orde CIN/354/2009).
O estudo está verificado e publicado
O estudo renovou a sua acreditación o martes, 15 de outubro de 2019.
Prezo para o alumnado con residencia en España ou na UE Prezo aproximado dun curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula con residencia en España ou na UE. |
836€ |
Prezo para o alumnado sen residencia en España ou na UE Prezo aproximado dun curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula sen residencia en España. |
1.045€ |
Prazas ofertadas para o curso 2023/2024 |
45 |
Único título en Galicia… Actualmente, é o único centro do noroeste peninsular en que se imparte a oferta completa de estudos relacionados coa Enxeñería Naval e Oceánica.
Unha carreira sen paro… O grao en Enxeñería Naval e Oceánica é unha titulación que presenta unhas taxas de desemprego moi reducidas. Os graduados en Enxeñería Naval son profesionais moi demandados por un sector que se atopa en expansión, e tanto nacional como internacionalmente son titulados moi recoñecidos. Segundo datos do INE, a taxa de emprego dos antigos Enxeñeiros Navais e Oceánicos, é do 94.6 %, unha das máis altas de entre todas as licenciaturas universitarias.
Totalmente integrada no sector empresarial….Pola súa estratéxica situación xeográfica, a Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol, e por tanto a titulación, se haxa situada nunha comunidade autónoma (Galicia) e unha cidade (Ferrol), nos que o sector naval, en todos os seus aspectos, ten unha enorme importancia. Todos os partícipes do mesmo, desde o ámbito pesqueiro, o de deseño, construción e reparación naval, o militar, a administración civil ou as grandes instalacións portuarias, están presentes na rexión.
Formación práctica en empresas… Poderás levar a cabo prácticas dentro dun amplo abano de empresas concertadas que abranguen practicamente todos os sectores da profesión.
Grupos de docencia reducidos… As clases impártense sempre en grupos reducidos, con non máis de 50 alumnos nas exposicións teóricas e un máximo de 20 nas sesións prácticas. Así se permite unha atención personalizada do alumnado que non é fácil atopar noutras universidades máis masificadas. Ademais, as sinerxias que se xeran entre docentes e estudantes das distintas enxeñerías que se imparten no campus, redundan nun beneficio neto na formación do futuro graduado.
Curso de comezo | 2013/2014 |
Data autorización Consello Xunta | 05/12/2013 |
Data publicación autorización DOG | 20/12/2013 |
Data publicación BOE de carácter oficial | 11/03/2014 |
Data publicación plan estudos DOG | 13/10/2022 |
Data publicación plan estudos BOE | 17/10/2022 |