O Grao en Enxeñaría Mecánica impártese na Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF) no Campus de Esteiro. A EPEF nace no ano 2021 como resultado da fusión das dúas escolas de enxeñaría da cidade, a Escola Universitaria Politécnica e a Escola Politécnica Superior, con mais de 50 anos de traxectoria en formación no ámbito da enxeñaría.
A partir do curso 2010/2011, a adaptación das titulacións universitarias ao Espazo Europeo de Educación Superior, motivou a substitución dos plans de estudos conducentes aos títulos de Enxeñeiro por outros de Graduado. As materias que se estudan para obter o Grao en Enxeñería Mecánica estrutúranse en catro cursos, con dous cuadrimestres por curso. En cada cuadrimestre cúrsanse ordinariamente cinco materias.
Este itinerario curricular que conduce ao título de Graduado en Enxeñería Mecánica pola Universidade da Coruña permite a especialización en Estruturas e Construción ou Máquinas. Estas mencións de especialización que complementan o t
O estudo está verificado e publicado
O estudo renovou a sua acreditación o martes, 30 de maio de 2023.
Prezo para o alumnado con residencia en España ou na UE Prezo aproximado dun curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula con residencia en España ou na UE. |
836€ |
Prezo para o alumnado sen residencia en España ou na UE Prezo aproximado dun curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula sen residencia en España. |
1.045€ |
Prazas ofertadas para o curso 2023/2024 |
45 |
Unha carreira sen paro… En catro anos formamos profesionais altamente cualificados e preparados para acceder a un mercado laboral cunha altísima demanda pola multitude de campos de actuación, e que posteriormente poden seguir formándose na nosa escola mediante a titulación do Mestrado en Enxeñaría Industrial.
Unha profesión fascinante… Esta titulación vai capacitarte para traballares en sectores de vangarda como a automoción, a robótica, a fabricación e a construción de plantas industriais e de grandes estruturas.
Formación práctica en empresas… Poderás levar a cabo prácticas dentro dun amplo abano de empresas concertadas que abranguen todos os sectores da profesión.
Grupos de docencia reducidos… As clases impártense sempre en grupos reducidos, con non máis de 50 alumnos nas exposicións teóricas e un máximo de 20 nas sesións prácticas. Así se permite unha atención personalizada do alumnado que non é fácil atopar noutras universidades máis masificadas. Ademais, as sinerxias que se xeran entre docentes e estudantes das distintas enxeñerías que se imparten no campus, redundan nun beneficio neto na formación do futuro graduado.
A vida no Campus de Esteiro… O Campus de Esteiro se encontra situado no centro da cidade de Ferrol. A oferta de aloxamento para estudantes en Ferrol é moi ampla e en xeral pódese considerar que o custo da vida é menor que noutras cidades que ofertan estes estudos.
Curso de comezo | 2010/2011 |
Data última modificación/verificación ACSUG | 26/07/2022 |
Data autorización Consello Xunta | 11/11/2010 |
Data publicación autorización DOG | 17/11/2010 |
Data publicación BOE de carácter oficial | 16/03/2011 |
Data publicación plan estudos DOG | 24/10/2022 |
Data publicación plan estudos BOE | 25/10/2022 |