O estudo está verificado e publicado
Este grao ten numerosas saídas profesionais, non só no territorio español senón tamén no ámbito internacional.
Unha parte da reactivación da nosa economía pasa pola rehabilitación do patrimonio arquitectónico existente e a creación de edificacións de obra nova eficientes, o que fai necesaria a formación de profesionais ben capacitados para exerceren como técnicos e dirixentes do proceso edificatorio.
A edificación, en todas as súas vertentes, absorbe gran parte de man de obra de técnicos e traballadores, tanto en empresas construtoras de calquera tamaño, como en empresas de industrias auxiliares.
| Curso de comezo | 2020/2021 |
| Data última modificación/verificación ACSUG | 18/05/2020 |
| Data autorización Consello Xunta | 19/06/2020 |
| Data publicación autorización DOG | 01/07/2020 |
| Data publicación BOE de carácter oficial | 17/09/2020 |
| Data publicación plan estudos DOG | 01/06/2021 |
| Data publicación plan estudos BOE | 29/05/2021 |