Grao en Turismo

2020/2021 · 240 créditos

Introdución

Desde o curso 2020-2021 o Grao en Turismo, que antes se impartía nun centro privado adscrito, incorporouse como titulación propia á oferta académica da Universidade da Coruña. Impártese na Facultade de Filoloxía, no campus da Coruña. Ademáis, no curso 2020-2021 o grao en Turismo comeza a implantación dun grupo con modalidade online en primeiro curso. 

O programa de estudos abrangue tanto materias xeneralistas (xeografía, historia, idiomas, socioloxía, dereito, economía…) como coñecementos en áreas específicas deste sector: patrimonio, xestión de recursos turísticos, TIC aplicadas ao turismo, recursos territoriais turísticos, fiscalidade turística, aloxamento e restauración etcétera.

Os graduados e graduadas en Turismo traballan como operadores de turismo, en axencias de viaxes, hostalaría, oficinas de información turística, organismos de turismo a todos os niveis, empresas de turismo rural, parques recreativos, estacións de esquí, convencións, balnearios, márketing turístico, etcétera.

O estudo está verificado e publicado

 

Prezo para o alumnado con residencia en España ou na UE
Prezo aproximado dun curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula con residencia en España ou na UE.
591€
Prezo para o alumnado sen residencia en España ou na UE
Prezo aproximado dun curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula sen residencia en España.
1.034€
Prazas ofertadas para o curso 2020/2021
64

Por que estudar a titulación

O sector turístico xoga un papel fundamental na xeración de emprego, benestar e riqueza tanto en Galicia como en España e o resto do mundo.

O Grao en Turismo ofrece a oportunidade de adquirir coñecementos multidisciplinares e transversais, xa que abrangue diversas áreas de estudo, algunhas máis xerais,como a economía, os idiomas, a xeografía, a comunicación e as novas tecnoloxías; e outras específicas do sector, incluíndo intermediación, aloxamentos, patrimonio e xestión de recursos turísticos.

O mundo do turismo é esencialmente multicultural, e os alumnos terán a oportunidade de obteren unha visión internacional dunha industria innovadora e en constante cambio, grazas non só á formación teórica, senón tamén á mobilidade internacional e o seu amplo programa de prácticas en empresas e institucións turísticas privadas e públicas en España e fóra de España, que proporcionan unha visión real do sector e unha experiencia laboral moi valiosa á hora de enfocar o seu futuro profesional.

Folla de ruta

Curso de comezo 2009/2010
Data última modificación/verificación ACSUG 22/06/2009
Data autorización Consello Xunta 27/08/2009
Data publicación autorización DOG 16/09/2009
Data publicación BOE de carácter oficial 05/01/2010
Data publicación plan estudos DOG 09/06/2010
Data publicación plan estudos BOE 29/05/2010