O Grao en Logopedia é un título da Facultade de Ciencias da Educación pertencente á área de Ciencias da Saúde, cunha duración de catro anos e 240 créditos ECTS na súa totalidade.
A Logopedia é a disciplina científica e a profesión encargada do estudo, a investigación, a prevención, a avaliación, o diagnóstico e o tratamento en todas as áreas da comunicación humana, linguaxe, fala, voz, audición e funcións orais non verbais, tanto nos seus aspectos normativos como patolóxicos, ao longo de todo o ciclo vital da persoa, desde o nacemento ata a última etapa da vida.
O estudo está verificado e publicado
O estudo renovou a sua acreditación o luns, 28 de xaneiro de 2019.
Prezo para o alumnado con residencia en España ou na UE Prezo aproximado dun curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula con residencia en España ou na UE. |
836€ |
Prezo para o alumnado sen residencia en España ou na UE Prezo aproximado dun curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula sen residencia en España. |
1.045€ |
Prazas ofertadas para o curso 2024/2025 |
60 |
Os plans de estudo vixentes na actualidade nas distintas universidades son eficaces na formación de logopedas e pode afirmarse que os estudantes obteñen unha boa formación e están preparados para afrontaren os retos profesionais ao finalizaren os seus estudos.
Proporciónase formación básica en lingüística, educación, psicoloxía, anatomía, fisioloxía e patoloxía da fala, da audición, a linguaxe e a comunicación; coñecementos e habilidades para a intervención logopédica nos diferentes transtornos da linguaxe, a fala e a voz; así como coñecementos sobre recursos metodolóxicos, instrumentais e tecnolóxicos para a intervención.
A nova proposta de título abre aos logopedas a posibilidade de realizar labores de investigación, pois tras cursaren o grao e algún posgrao oficial poderían ter acceso ao doutoramento e, por tanto, a presentar a súa tese de doutoramento.
Curso de comezo | 2009/2010 |
Data última modificación/verificación ACSUG | 31/12/2012 |
Data autorización Consello Xunta | 27/08/2009 |
Data publicación autorización DOG | 16/09/2009 |
Data publicación BOE de carácter oficial | 05/01/2010 |
Data publicación plan estudos DOG | 13/05/2010 |
Data publicación plan estudos BOE | 26/04/2010 |