Programa de simultaneidade do Grao en Inglés: Estudos Lingüísticos e Literarios e o Grao en Español: Estudos Lingüísticos e Literarios

2019/2020 · 324 créditos

Introdución

O programa de simultaneidade do Grao en Inglés e o Grao en Español: Estudos Lingüísticos e Literarios ofrece a formación que precisan os profesionais da lingua, das literaturas e da cultura nos ámbitos anglófono e hispánico.

Proporciona un dominio profesional do inglés e do español e unha ampla perspectiva das literaturas nestas linguas e das correntes lingüísticas e da ciencia literaria.

Ademais, permite a adquisición do coñecemento práctico doutras linguas (francés, italiano, portugués).

·

Titulacións oficiais de grao, de 240 créditos cada unha, publicadas no BOE de 5/1/2010 e verificadas. Sistema de garantía de calidade acreditado pola ACSUG no programa Fides-Audit.

O estudo está verificado e pendente de publicación

 

Prezo para o alumnado con residencia en España ou na UE
Prezo aproximado do curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula con residencia en España ou na UE.
591€
Prezo para o alumnado sen residencia en España ou na UE
Prezo aproximado do curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula sen residencia en España.
1.034€
Prazas ofertadas para o curso 2019/2020
20

Por que estudar a titulación

  • En só cinco anos, obtense dúas titulacións sen custos adicionais.
  • Único programa no sistema universitario galego que facilita cursar en paralelo dous títulos.
  • Sólida formación en lingua, literaturas e culturas anglosaxoas e española e hispanoamericanas.
  • Mobilidade internacional con máis de 70 destinos.
  • Prácticas en empresas e institucións da contorna.
  • Grupos reducidos e ensino personalizado.
  • Coñecemento profesional do inglés e do español.
  • Currículo personalizado: 40 materias optativas (cine, filosofía, poesía, narrativa, teatro).
  • Formación suplementaria en francés, italiano, portugués ou latín.
  • Clases prácticas de todas as linguas modernas con profesorado nativo.
  • Profesorado con acreditacións docentes e investigadoras.
  • Académicos correspondentes das academias (RAE e RAG) entre o profesorado.
  • Posibilidade de incorporación en terceiro.
  • Materiais de apoio no campus virtual.

 Folleto informativo