O grao en Economía impartido na Facultade de Economía e Empresa da Universidade da Coruña proporciona ao alumnado unha sólida formación para a comprensión do funcionamento do sistema económico xeral. Os estudos están principalmente orientados á análise económica da realidade xeral e empresarial e á elaboración de políticas que contribúan á mellora do nivel de vida do conxunto da sociedade
O plan de estudos combina materias básicas, obrigatorias e optativas até acadar os 240 ECTS nos ámbitos das técnicas instrumentais (matemáticas, estatística, econometría etc.), formación económica (teoria micro e macroeconómica, estrutura económica, política económica, historia económica, economía industrial, mercados, espazos económicos, Facenda pública e fiscalidade etc.), formación xurídica e social (dereito, socioloxía, etc.) e formación empresarial (economía da empresa). O plan de estudos inclúe a realización de prácticas en empresas e un traballo de fin de grao.
Finalmente, nun contexto internacional, os alumnos que acrediten nivel de inglés (B1) poderán cursar voluntariamente un 50% dos créditos da titulación en lingua inglesa.
O estudo está verificado e publicado
O estudo renovou a sua acreditación o mércores, 11 de marzo de 2015.
Prezo para o alumnado con residencia en España ou na UE Prezo aproximado dun curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula con residencia en España ou na UE. |
591€ |
Prezo para o alumnado sen residencia en España ou na UE Prezo aproximado dun curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula sen residencia en España. |
739€ |
Prazas ofertadas para o curso 2024/2025 |
90 |
Os principais motivos para cursar esta titulación son:
Facultade de Economía e Empresa
Este estudo é plurilingüe. O alumnado terá a opción de cursar parte do estudo en outras linguas.
Curso de comezo | 2009/2010 |
Data última modificación/verificación ACSUG | 22/06/2009 |
Data autorización Consello Xunta | 27/08/2009 |
Data publicación autorización DOG | 16/09/2009 |
Data publicación BOE de carácter oficial | 05/01/2010 |
Data publicación plan estudos DOG | 12/05/2010 |
Data publicación plan estudos BOE | 26/04/2010 |