O plan de estudos combina materias básicas, obrigatorias e optativas até acadar os 240 ECTS nos ámbitos das técnicas instrumentais (matemáticas, estatística, econometría etc.), formación económica (teoria micro e macroeconómica, estrutura económica, política económica, historia económica, economía industrial, mercados, Facenda Pública, espazos económicos etc.), formación xurídica e social (dereito, socioloxía etc.) e formación empresarial (economía da empresa). O plan de estudos inclúe a realización de prácticas en empresas e un traballo de fin de grao.
Tamén existe para esta titulación a posibilidade de cursar polo menos o 50% dos créditos en inglés. A información sobre a docencia no grupo plurilingüe pode atoparse na seguinte ligazón:
Organización da opción plurilingüeOs graduados en Economía deberán desenvolver a súa profesión nun contexto económico e empresarial caracterizado pola súa crecente complexidade e dinamismo. Os procesos de globalización económica, coas súas repercusións no ámbito da apertura e internacionalización das economías determinarán o contorno de traballo destes titulados.
Os graduados en Economía teñen preferencia para acceder aos mestrados universitarios que se imparten na Facultade de Economía e Empresa da UDC. Posteriormente, poderán acceder ao programa de doutoramento impartido neste centro.
Estes titulados están preparados para acceder a postos de traballo de responsabilidade media ou alta en calquera institución pública ou empresa privada. A súa formación polivalente permítelles a súa inserción nos niveis directivos das administracións públicas, de empresas privadas ou de entidades sen ánimo de lucro.
Os titulados poderán desenvolver a súa actividade profesional, a modo de exemplo, nos seguintes ámbitos e orientacións:
A Facultade de Economía e Empresa ten convenios asinados con empresas de diferentes sectores de actividade para a realización de prácticas con recoñecemento académico.
O centro ofrece información detallada sobre esta cuestión en:
Prácticas académicas externas
Os estudos de grao organízanse por cursos. Fai clic nun curso para obter máis información.
| Guía | Carácter | Cuadr. | créditos | |
|---|---|---|---|---|
| Principios de Microeconomía | Formación Básica | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Historia Económica | Formación Básica | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Socioloxía | Formación Básica | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Análise das Operacións Financeiras | Formación Básica | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Principios de Macroeconomía | Formación Básica | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Estatística I | Formación Básica | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Dereito da Empresa | Formación Básica | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Economía da Empresa: Dirección e Organización | Formación Básica | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Matemáticas I | Formación Básica | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Matemáticas II | Formación Básica | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS |
| Guía | Carácter | Cuadr. | créditos | |
|---|---|---|---|---|
| Economía Mundial | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Microeconomía e Mercados | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Política Económica | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Estatística II | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Historia Económica de España | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Economía Española | Obrigatoria | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Macroeconomía | Obrigatoria | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Políticas Económicas Sectoriais | Obrigatoria | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Métodos Estatísticos e Introdución á Econometría | Obrigatoria | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Contabilidade | Obrigatoria | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS |
| Guía | Carácter | Cuadr. | créditos | |
|---|---|---|---|---|
| Principios de Facenda Pública | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Econometría I | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Teoría Microeconómica | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Política Monetaria e Sistema Financeiro | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Integración Económica e Economía Europea | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Facenda Pública | Obrigatoria | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Econometría II | Obrigatoria | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Macroeconomía. Crecemento e Dinámica | Obrigatoria | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Teoría Económica Internacional | Obrigatoria | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Economía Rexional: Economía de Galicia | Obrigatoria | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS |
| Guía | Carácter | Cuadr. | créditos | |
|---|---|---|---|---|
| Facenda Pública Española. Sistema Fiscal | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Análise Económica das Organizacións | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Organización Industrial Europea | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Finanzas | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Marketing | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Finanzas Internacionais | Optativa | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Mercados e Intermediarios Financeiros | Optativa | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Investigación de Mercados | Optativa | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Fiscalidade das Operacións Financeiras | Optativa | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Prácticas en Empresas | Optativa | Anual | 18,0 ECTS | |
| Traballo Fin de Grao | Traballo Fin de Grao | Segundo Cuadrimestre | 12,0 ECTS |
Polo de agora o estudo non ten departamentos encargados da súa docencia.
A UDC mantén convenios de mobilidade de estudantes con universidades e institucións de educación superior de catro continentes. Cada curso académico publícanse varias convocatorias de mobilidade de estudantes para que estes poidan cursar parte dos seus estudos nunha desas institucións (un semestre ou un ano académico completo), obtendo pleno recoñecemento académico ao seu regreso no expediente UDC do estudante.
Nesas convocatorias publícanse as prazas das que a UDC dispón para ofrecer aos estudantes dos distintos centros e, no seu caso, as condicións específicas de cada unha delas. Do mesmo xeito, todos os anos convócanse bolsas para financiar a realización de prácticas no estranxeiro por parte dos estudantes
As prácticas serán tamén recoñecidas como parte do seu expediente académico ou no suplemento europeo ao título. O estudante é libre para buscar a empresa ou institución de destino do EEES na que desexa facer as prácticas. A estes efectos, a UDC ten un taboleiro virtual no que se publican as ofertas que chegan ao seu coñecemento.
As convocatorias de mobilidade xestiónanse conxuntamente nos centros de procedencia dos estudantes, baixo a dirección dos Responsables de Relacións Internacionais dos centros, e na Oficina de Relacións Internacionais da Universidade (ORI). Os requisitos xerais para acceder a unha praza de mobilidade, os dereitos e obrigacións dos estudantes, así como o procedemento para conceder as prazas regúlanse no Regulamento de Mobilidade da UDC.
Existen convenios con universidades europeas (Erasmus), iberoamericanas (bilaterais) e españolas (Sicue) para cursar materias da titulación con recoñecemento académico.
A facultade ofrece o detalle sobre estas accións de mobilidade en:
Mobilidade e Intercambio Internacional Mobilidade e Intercambio Nacional