Programa Oficial de Doutoramento en Relacións Laborais e Recursos Humanos

2024/2025

Introdución

O campo de estudo, investigación e práctica profesional das Relacións Laborais e Recursos Humanos é un dominio de saber propio, recoñecido por lei e pola comunidade científica nacional e internacional das ciencias sociais e xurídicas, cuxa esencia é o seu carácter interdisciplinar, ó converxer no mesmo achegas de múltiples disciplinas como o dereito nas súas diversas ramas de dereito público e da empresa (p.ej., Traballo, administrativo, internacional, financeiro, mercantil), a Psicoloxía do Traballo, as organizacións e os recursos humanos, a Socioloxía Organizacional, a Economía de Empresa, a Saúde Ocupacional, Prevención de Regas e a Ergonomía, a Historia da Relacións Laborais e das Organizacións Sindicais, a Estatística, a Economía do Emprego, a Ciencia Política e da Administración, a Metodoloxía de Investigación Social e Organizacional e, en xeral, tódalas ciencias que manteñen relación co mundo do traballo, o emprego e o desemprego. Este carácter interdisciplinar fai que os seus investigadores e profesionais teñan unha identidade diferenciada da dos investigadores e profesionais das disciplinas que informan as Relacións Laborais e os Recursos Humanos.

O estudo está verificado e pendente de publicación

 

Prezo da titoría anual de doutoramento
Prezo aproximado aplicable a todos os estudantes (non residentes en España ou na UE incluídos). Gastos de secretaría, seguro escolar e complementos formativos (de ser aplicables) non incluídos.
200€
Prazas ofertadas para o curso 2024/2025
10

Por que estudar a titulación

O Programa Oficial de Doutorado Interuniversitario en Relacións Laborais e Recursos Humáns, é impartido conxuntamente coas Universidades de Santiago de Compostela, Oviedo e Zaragoza, e é pioneiro nas universidades españolas.

O obxectivo xeral do programa é proporcionar excelencia na formación en todos os ámbitos relacionados coas relacións laborais e os recursos humáns en organizacións públicas e privadas.

O programa de doutoramento permitirá o desenvolvemento de teses doutorais de alta calidade, que representen un avance e unha contribución ao coñecemento científico e que impulsen, ao propio tempo, a transferencia de coñecemento á sociedade e a incorporación da investigación técnica do máis alto nivel en organizacións públicas e privadas.

Este estudo é interuniversitario, ademais da Universidade da Coruña, participan na súa docencia as seguintes universidades:

  • Universidade de Santiago de Compostela
  • Universidad de Oviedo
  • Universidad de Zaragoza