Programa Oficial de Doutoramento en Relacións Laborais e Recursos Humanos

2024/2025

Acceso

Poderá acceder aos estudos de doutoramento da UDC o alumnado que cumpra algún dos requisitos recollidos no artigo 4 (Acceso) do Regulamento de Estudos de Doutoramento da UDC.

Admisión

Os estudantes que cumpren algún dos requisitos de acceso aos estudos de doutoramente poderán ser admitidos a un programa de doutoramento conforme aos requisitos específicos e criterios de valoración de méritos que foren propios do programa. A UDC incluirá os procedementose requisitos de admisión no plan de estudos.

A Admisión non implicará, en ningún caso, ningunha modificación dos efectos académicos e profesionais que correspondan ao título previo de que estea en posesión a persoa interesada, nin o seu recoñecemento para outro efecto que o de cursar o programa de doutoramento.

Tamén podes consultar o Regulamento de Estudos de Doutoramento da UDC, Artigo 5: Admision.

10 prazas ofertadas no curso 2024/2025

Perfil de admisión recomendado

De forma xeral os Graduados/ Licenciados/ Diplomados en Relacións Laborais, Ciencias do Traballo e Relacións Laborais e Recursos Humanos que haxan cursado un Máster que permita o ingreso a este programa de doutoramento sen complementos de formación. Os másteres de acceso serán aqueles que estén relacionados coas diferentes disciplinas que forman parte do contido da titulación de Relacións Laborais e Recursos Humanos, especialmente Dereito, Psicoloxía do Traballo, Socioloxía e ADE. A admisión estará suxeita á aprobación da comisión académica do doutoramento unha vez analizado o contido do máster en cuestión. Graduados/ Licenciados/ Diplomados en titulacións da/s rama/s de coñecemento de Ciencias Sociais e/ou aqueles que haxan cursado un máster relacionado con algunha das disciplinas incluidas dentro do ámbito das Relacións Laborais e Recursos Humanos e que outorguen ao alumno competencias similares a xuizo da Comisión Académica do Programa de Doutoramento.

Procedemento xeral de solicitude de admisión

A solicitude de admisión (ou de renovación da matrícula) e a matrícula nos estudos de doutoramento realizarase a través da secretaría virtual, achegando a documentación acreditativa de reunir os requisitos de acceso. A solicitude de admisión e matrícula para o alumnado externo da UDC debe facerse aquí.

Se desexas obter máis información podes consultar o Procedemento xeral de solicitude de admisión.

Procedemento de solicitude de admisión do alumnado cun título estranxeiro non homologado

Consulta a Admisión e matrícula da EIDUDC.

Procedemento xeral por parte da CAPD

Consulta a Admisión e matrícula da EIDUDC.

Requisitos de admisión específicos da CAPD

A selección de estudantes para a súa admisión no programa realizarase en función dos seguintes criterios: a) Calificación Promedio do Expediente académico: a. Promedio de Grao: 20% b. Promedio de Máster: 15% b) CV (titulación de procedencia, actividades de formación, publicacións, etc.): 20% c) Experiencia profesional: 5% d) Experiencia investigadora: 5% e) Nivel de Inglés B1 ou equivalente (10%) f) Entrevista persoal con membros da comisión do programa de doutoramento: (25%). Independientemente dos criterios anteriores, na entrevista valorarase fundamentalmente a motivación, as expectativas do solicitante, a súa capacidade para traballar en equipo, a súa capacidade de organización e a súa orientación e compromiso coa investigación.

Prazos

A solicitude de admisión (ou de renovación da matrícula) e a matrícula nos estudos de doutoramento realizarase de acordo cos prazos aprobados polo Consello de Goberno da UDC.

Matrícula

Consulta a información dispoñible para facer a matrícula nun estudo de doutorado da udc. 

Axudas predoutorais

Consulta as axudas predoutorais na UDC.