A Universidade da Coruña inclúe na súa oferta de Programas de Doutoramento para o curso académico 2022-2023 un novo Programa: Doutoramento en Ciencias Sociais e Envellecemento. Trátase dun Programa de Doutoramento Interuniversitario e Internacional que forma parte da oferta formativa da “UNIVERSIDAD SEM FRONTEIRAS” que comprende diversos Mestrados e Programas de Doutoramento. O Programa de Doutoramento en Ciencias Sociais e Envellecemento será desenvolvido por 4 universidades: a Universidade de Santiago de Compostela (USC), a Universidade de Vigo (UVIGO), a Universidad de Porto (U.PORTO), a Universidad de Trás-os-Montes e Alto Douro (UTAD) e a Universidade da Coruña (UDC). Este programa de doutoramento ofrece un espazo para a formación avanzada no campo dos estudos sobre envellecemento demográfico e lonxevidade a través da perspectiva científica das Ciencias Sociais.
O estudo está verificado e pendente de publicación
Prezo da titoría anual de doutoramento Prezo aproximado aplicable a todos os estudantes (non residentes en España ou na UE incluídos). Gastos de secretaría, seguro escolar e complementos formativos (de ser aplicables) non incluídos. |
200€ |
Prazas ofertadas para o curso 2023/2024 |
4 |
O Doutoramento en Ciencias Sociais e Envellecemento ten como obxectivo formar aos doutorandos no ámbito do envellecemento demográfico e os retos que expón desde a perspectiva das ciencias sociais. Por iso, este doutoramento aglutina diversas áreas disciplinares co propósito de buscar a complementariedade que resulta necesaria para estudar un fenómeno multidimensional como o envellecemento demográfico. Trátase dun programa de estudos que pretende resultar unha referencia no ámbito dos estudos sobre o envellecemento.
Este estudo é interuniversitario, ademais da Universidade da Coruña, participan na súa docencia as seguintes universidades:
Curso de comezo | 2022/2023 |
Data publicación autorización DOG | 01/01/1990 |
Data publicación BOE de carácter oficial | 01/01/1990 |