Programa Oficial de Doutoramento en Ciencias Sociais e Envellecemento

2023/2024

Que se aprende

O Obxetivo xeral deste doutoramento é crear un espazo científico para a reflexión multidisciplinar, a análise e a intervención, simultaneamente, nos aspectos sociais do envellecemento individual e no envellecemento da sociedade, propiamente devandito.

Competencias xenéricas

Competencias xenéricas • Comprensión sistemática dun campo de estudo e dominio das habilidades e métodos de investigación relacionados co devandito campo • Capacidade de concibir, deseñar ou crear, poñer en práctica e adoptar un proceso substancial de investigación ou creación • Capacidade para contribuír á ampliación das fronteiras do coñecemento a través dunha investigación orixinal • Capacidade de realizar unha análise crítica e de avaliación e síntese de ideas novas e complexas • Capacidade de comunicación coa comunidade académica e científica e coa sociedade en xeral acerca dos seus ámbitos de coñecemento nos modos e idiomas de uso habitual na súa comunidade científica internacional. • Capacidade de fomentar, en contextos académicos e profesionais, o avance científico, tecnolóxico, social, artístico ou cultural dentro dunha sociedade baseada no coñecemento • Coñecer o estado actual do campo de investigación da súa especialización, así como realizar unha investigación orixinal que amplíe o seu coñecemento sobre o mesmo, desenvolvendo un corpus substancial, que a faga merecedora de publicación referenciada a nivel nacional ou internacional • Ser capaz de aplicar os coñecementos adquiridos a contornas novas para formular e resolver novas preguntas, para expor e contrastar novas hipóteses. • Coñecer profundamente a fronteira do coñecemento no ámbito de realización da tese doutoral e ser capaz de identificar os principais retos de investigación dentro do mesmo • Ter unha visión actualizada, interdisciplinar e especializada do coñecemento e metodoloxía científica no ámbito psicosocioeducativo.

Competencias específicas

Competencias específicas • Contribuír ao desenvolvemento científico mediante prácticas innovadoras orixinais no ámbito da intervención relacionada co envellecemento e os seus procesos. • Ser capaz de comunicar e transferir con claridade, tanto en contextos académicos como profesionais, os coñecementos derivados da investigación sobre o envellecemento e a intervención dirixida a persoas maiores. • Formular preguntas crave para a investigación sobre o envellecemento e resolvelas mediante contribucións novas e innovadoras que poidan ser publicadas en revistas de impacto a nivel nacional ou internacional. • Adquisición de habilidades na análise e resolución de problemas complexos relativos a algunha das liñas de investigación do programa

Saídas profesionais e académicas

Empresas e institucións colaboradoras

Perfís de saída. Entidades colaboradoras. O programa de doutoramento en “Ciencias Sociais e Envellecemento” xorde como unha proposta no marco do proxecto “Universidades sen Fronteiras”, Programa INTERREG V-A Espanha-Portugal (POCTEP)”, que ten como obxectivo mellorar a capacidade das universidades e institucións públicas para a creación de graos e titulacións conxuntas entre Galicia e o norte de Portugal e a consolidación do Espazo Fronteirizo de Ensino Superior e de Investigación da Euro-rexión. Este Programa de Doutoramento nace coa vontade de sumar esforzos de distintos investigadores e institucións que poden contribuír ao logro dos obxectivos propostos. Ademais dos profesores de Universidades galegas e portuguesas que se inclúen nos recursos humanos, por ofrecer a súa colaboración co Programa de Doutoramento nalgunha das liñas de investigación nas que ten a condición de expertos, realizáronse xestións para a firma de convenios con institucións de investigación con intereses comúns. En primeiro lugar, se promoven convenios marco de colaboración, nos cales enmarcar a colaboración máis concreta en actividades de formación de doutores/as e outras actividades de investigación: coas Universidades do Norte de Portugal e outras coas que existan posibilidades reais de colaboración a curto, medio e longo prazo; co Colexio profesional de Psicoloxía de Galicia e outros Colexios do ámbito científico das CC sociais.

Liñas de investigación

Estas son as liñas de investigación principáis deste programa de doutoramento:

  • Calidade de Vida e Envellecemento Activo
  • Diversidade funcional no envellecemento, innovación social e tecnolóxica
  • Envellecemento poboacional: aspectos demográficos
  • Impacto socioeconómico do envellecemento, organización social dos coidados e políticas públicas
  • Xénero, desigualdades sociais e envellecemento

Planificación do ensino

Complementos de formación específicos

No caso de que o doutorando careza da formación previa completa esixida no programa, a súa admisión no programa poderá quedar condicionada á superación de complementos de formación específicos, que poderán ser materias ou módulos de máster e grao. Os complementos asignados a un mesmo doutorando non poderán superar os 15 créditos ECTS e poderán realizarse de forma previa ou simultánea á matrícula en tutela académica no programa.

No caso de realización simultánea o alumnado deberá matricularse destes complementos no momento de formalizar a matrícula de tutela académica no programa, que deberán superarse no prazo máximo de tres cuadrimestres consecutivos. De non facelo así, o alumnado causará baixa no programa.

Tamén podes consultar o Regulamento de Estudos de Doutoramento da UDC, Artigo 16: Admisión.

Actividades formativas da EIDUDC

Actividades formativas da EIDUDC

Actividades formativas do programa

Doc. de actividades O programa de doutoramento en Ciencias Sociais e Envellecemento ten unha duración de 6 semestres curriculares. A estrutura curricular inclúe: - Primeiro ano: * Un seminario transversal (obrigatorio) titulado “Envellecemento e ciencias sociais. Desenvolvementos teóricos e metodolóxicos e temas de estruturación”, de asistencia obrigatoria para todos os matriculados e que confire 6 ECTS. * Cada estudante matriculado tamén terá que realizar dous seminarios optativos, entre a oferta de 4, cada un con 3 ECTS: (a) Seminario (optativo): "Estruturas, procesos, representacións sociais e experiencias de envellecemento e lonxevidade" (b) Seminario (optativo) "Institucións sociais e envellecemento” (c) Seminario (optativo): "Envellecemento e sociedade” (d) Seminario (optativo): “Métodos de investigación en Ciencias Sociais aplicados aos Estudos do Envellecemento” Todos os seminarios, obrigatorio e opcionais funcionarán no primeiro semestre do primeiro ano. - O segundo e terceiro ano o alumnado ocuparase da preparación da Tese e continuará realizando o resto de actividades formativas ata completar 500 horas. Ditas actividades formativas son as que siguen: o Participación en foros científicos e presentación de ponencias en congresos científicos o Publicacións de libros, capítulos de libros e publicacións de artículos en revistas indexadas (carácter obrigatorio) o Defensa dos plans de investigación e avaliacións anuais (carácter obrigatorio)

Compromiso documental de supervisión

Especifica a relación académica entre o doutorando e a Universidade, os seus dereitos e deberes, incluídos os posibles dereitos de propiedade intelectual e/ou industrial derivados da investigación, así como a aceptación do procedemento de resolución de conflitos e a súa duración. Inclúe tamén os deberes do/a titor/a do doutorando e do seu director ou directora de tese.

O devandito compromiso será asinado por unha representación específica designada pola universidade, o/a titor/a e o doutorando, nun prazo máximo dun mes que comezará a contar desde a data da matrícula, mentres que a sinatura do/a director/a se incorporará no momento da súa designación.

Este compromiso de supervisión engadirase ao documento de actividades do doutorando no momento da súa sinatura por todas as persoas implicadas.

Tamén podes consultar o Regulamento de Estudos de Doutoramento da UDC, Artigo 31: Compromiso de supervisión.

Plan de investigación

Nun prazo de seis meses logo da matrícula, o estudante elaborará un Plan de Investigación que incluirá a metodoloxía, os obxectivos, os medios e a planificación temporal. O plan presentarase avalado co informe do director e/ou titor e deberá ser aprobado pola CAPD. Este plan poderá mellorarse no proceso de avaliación anual contando co aval do director e/ou titor.

Anualmente, a CAPD avaliará o Plan de Investigación, xunto cos informes que a tal efecto deberán emitir o titor/a e/ou o director/a, e o documento de actividades. A avaliación positiva será requisito indispensable para continuar no programa. En caso de avaliación negativa, o estudante elaborará un novo Plan que será avaliado no prazo de seis meses. En caso de nova avaliación negativa, causará baixa definitiva no programa.

Tamén podes consultar o Regulamento de Estudos de Doutoramento da UDC, Artigo 30: Plan de investigación.

Accións para a mobilidade do estudantado

A UDC mantén convenios de mobilidade de estudantes con universidades e institucións de educación superior de catro continentes. Cada curso académico publícanse varias convocatorias de mobilidade de estudantes para que estes poidan cursar parte dos seus estudos nunha desas institucións (un semestre ou un ano académico completo), obtendo pleno recoñecemento académico ao seu regreso no expediente UDC do estudante.

Nesas convocatorias publícanse as prazas das que a UDC dispón para ofrecer aos estudantes dos distintos centros e, no seu caso, as condicións específicas de cada unha delas. Do mesmo xeito, todos os anos convócanse bolsas para financiar a realización de prácticas no estranxeiro por parte dos estudantes

As prácticas serán tamén recoñecidas como parte do seu expediente académico ou no suplemento europeo ao título. O estudante é libre para buscar a empresa ou institución de destino do EEES na que desexa facer as prácticas. A estes efectos, a UDC ten un taboleiro virtual no que se publican as ofertas que chegan ao seu coñecemento.

As convocatorias de mobilidade xestiónanse conxuntamente nos centros de procedencia dos estudantes, baixo a dirección dos Responsables de Relacións Internacionais dos centros, e na Oficina de Relacións Internacionais da Universidade (ORI). Os requisitos xerais para acceder a unha praza de mobilidade, os dereitos e obrigacións dos estudantes, así como o procedemento para conceder as prazas regúlanse no Regulamento de Mobilidade da UDC.