Este programa de doutoramento nace dentro do Campus de Excelencia Internacional “Campus do Mar” como a aspiración das tres universidades galegas e as do norte de Portugal (Aveiro, Minho, Tras os Montes e Alto Douro), o CSIC e o IEO, de crearen unha oferta de posgrao con visión global e planificación plurianual, de carácter internacional e transfronteirizo, que consiga atraer estudantes de distintas nacionalidades que consideren a agregación de institucións creada ao redor do Campus do Mar como o destino preferido para se formaren a nivel de doutoramento.
O estudo está verificado e pendente de publicación
Prezo da titoría anual de doutoramento Prezo aproximado aplicable a todos os estudantes (non residentes en España ou na UE incluídos). Gastos de secretaría, seguro escolar e complementos formativos (de ser aplicables) non incluídos. |
200€ |
Prazas ofertadas para o curso 2023/2024 |
10 |
O obxectivo do programa de doutoramento é formar os mellores profesionais e investigadores no ámbito das ciencias, tecnoloxías e xestión do mar nas súas diferentes aplicacións económicas e sociais, que xere investigación de calidade e impacto internacional, e que proporcione á industria as mellores ferramentas para mellorar a súa competitividade a escala global.
Este estudo é interuniversitario, ademais da Universidade da Coruña, participan na súa docencia as seguintes universidades: