Programa Oficial de Doutoramento en Ciencias Mariñas, Tecnoloxía e Xestión

2023/2024

Acceso

Poderá acceder aos estudos de doutoramento da UDC o alumnado que cumpra algún dos requisitos recollidos no artigo 15 (Acceso) do Regulamento de Estudos de Doutoramento da UDC.

Admisión

Os estudantes que cumpren algún dos requisitos de acceso aos estudos de doutoramente poderán ser admitidos a un programa de doutoramento conforme aos requisitos específicos e criterios de valoración de méritos que foren propios do programa. A UDC incluirá os procedementose requisitos de admisión no plan de estudos.

A Admisión non implicará, en ningún caso, ningunha modificación dos efectos académicos e profesionais que correspondan ao título previo de que estea en posesión a persoa interesada, nin o seu recoñecemento para outro efecto que o de cursar o programa de doutoramento.

Tamén podes consultar o Regulamento de Estudos de Doutoramento da UDC, Artigo 16: Admision.

10 prazas ofertadas no curso 2023/2024

Perfil de admisión recomendado

Os estudantes poderán proceder de diferentes titulacións compatibles cos obxectivos e ámbitos do Programa, claramente enfocado ao medio mariño, que en todo caso é a guía para o estudante que accede a el. Son especialmente recomendables as licenciaturas ou graos en Ciencias do Mar, Bioloxía, Química, e Ciencias Ambientais. Tamén licenciados ou graduados en Economía, Administración e Dirección de Empresas, Dereito, Socioloxía, Ciencia Política e titulacións de Humanidades e Ciencias da Saúde. Así mesmo, titulacións referidas a Tecnoloxías de Alimentos, Enxeñaría Naval, Enxeñaría Industrial, Enxeñaría Civil, Telecomunicacións e Náutica. Outras titulacións poden ser consideradas axeitadas a xuízo da Comisión Académica, en especial aquelas de contidos similares que reciben denominacións diferentes noutros países. Tamén son recomendables estudos previos en mestrados oficiais orientados aos mesmos perfís. É, así mesmo, recomendable un bo coñecemento de inglés, ao nivel que se explicita nos requisitos específicos do Programa.

Procedemento xeral de solicitude de admisión

A solicitude de admisión (ou de renovación da matrícula) e a matrícula nos estudos de doutoramento realizarase a través da secretaría virtual, achegando a documentación acreditativa de reunir os requisitos de acceso. A solicitude de admisión e matrícula para o alumnado externo da UDC debe facerse aquí.

Se desexas obter máis información podes consultar o Procedemento xeral de solicitude de admisión.

Procedemento de solicitude de admisión do alumnado cun título estranxeiro non homologado

Consulta a Admisión e matrícula da EIDUDC.

Procedemento xeral por parte da CAPD

Consulta a Admisión e matrícula da EIDUDC.

Requisitos de admisión específicos da CAPD

Para ser admitido/a no POD DO*MAR é necesario presentar os seguintes documentos (con unha copia para ser cotexada) ou directamente se presentarán as copias cotexadas:

  • 1. DNI/Pasaporte.
  • 2. Título e Certificación Académica Oficial de Grao, Licenciatura ou equivalente.
  • 3. Título e Certificación Académica Oficial de Mestrado (non é necesario para licenciados/as que acrediten que o seu título é de nivel MECES 3).
  • 4. Acreditación do nivel de inglés ou, no seu defecto, declaración xurada de posuír un nivel de inglés suficiente para seguir as actividades formativas do programa.
  • 5. Curriculum Vitae.
  • 6. Dúas cartas de aval. Imprescindible que unha das cartas sexa un COMPROMISO DE DIRECCIÓN DE TESE asinado por un investigador que reúna os requisitos oficiais para ser director de tese aquí. A listaxe de posibles directores de tese do programa atópase aquí.
  • 7. Título e breve resumo do tema proposto para a tese. Debe indicar en qué línea se encadra a tese: (i) observación do océano e cambio global, (ii) uso sostible de recursos mariños, (iii) xestión integral do mar, (iv) progreso tecnolóxico, enxeñaría e xestión empresarial. Más información: aquí
  • A solicitude de admisión realizarase a través da Secretaría Virtual do Estudanto e a documentación entregarase na UADI da Facultade de Ciencias. As reclamacións á listaxe provisional tamén se dirixirán á UADI da Facultade de Ciencias.

    As solicitudes de matrícula a tempo parcial, cambio de modalidade de matrícula e baixa temporal deberanse presentar na UADI da Facultade de Ciencias NOS PERÍODOS DE MATRÍCULA.

Prazos

A solicitude de admisión (ou de renovación da matrícula) e a matrícula nos estudos de doutoramento realizarase de acordo cos prazos aprobados polo Consello de Goberno da UDC.

Matrícula

Consulta a información dispoñible para facer a matrícula nun estudo de doutorado da udc. 

Axudas predoutorais

Consulta as axudas predoutorais na UDC.