Programa Oficial de Doutoramento en Ciencias do Deporte, Educación Física e Actividade Física Saudable

2024/2025

Introdución

O programa de doutoramento en Ciencias do Deporte, Educación Física e Actividade Física Saudable é un título oficial interuniversitario, no que participan as Universidades da Coruña e Vigo, e que aborda a investigación básica e aplicada nos ámbitos do deporte, a educación física e a actividade física relacionada coa saúde.

O seu obxectivo principal é formar en coñecementos, habilidades e destrezas avanzadas para poder desenvolver tarefas de investigación nos ámbitos do deporte, a educación física e a actividade física relacionada coa saúde.

O estudo está verificado e pendente de publicación

O estudo renovou a sua acreditación o luns, 21 de novembro de 2022.

 

Prezo da titoría anual de doutoramento
Prezo aproximado aplicable a todos os estudantes (non residentes en España ou na UE incluídos). Gastos de secretaría, seguro escolar e complementos formativos (de ser aplicables) non incluídos.
200€
Prazas ofertadas para o curso 2024/2025
15

Por que estudar a titulación

Este programa de doutoramento ofréceche unha serie de vantaxes se estás interesado/a na investigación básica ou a aplicada nos ámbitos do deporte, a educación física e a actividade física relacionada coa saúde. Poderás explorar diversos temas e enfoques dentro destas disciplinas: Educación Física no ámbito escolar, actividade física e saúde, adaptacións neuromusculares e cardiovasculares no adestramento de forza, análise do rendemento en deportes de equipo ou artísticos, etc. Ao tratarse dun título que comparten as Universidades da Coruña e Vigo, amplíanse as túas oportunidades de colaboración e acceso a recursos en ambas as institucións. Ao unirche ao programa, terás acceso a:

  • Unha rede de investigadores activos nestas áreas para colaborar, intercambiar ideas e participar en proxectos conxuntos.
  • Recursos e equipamentos de vangarda para a investigación en ciencias do deporte e a actividade física: laboratorios, instalacións deportivas e acceso a bases de datos especializadas.
  • Formación metodolóxica en investigación e desenvolvemento de habilidades esenciais para deseñar e levar a cabo estudos científicos rigorosos.
  • Colaboración interdisciplinaria que che brindará a oportunidade de interactuar con expertos noutros campos científicos relacionados, como a nutrición, a psicoloxía e a socioloxía do deporte e a saúde pública.
  • Certas experiencias docentes nalgunhas actividades nas que exercerás, baixo supervisión, como profesor/a, o que pode ser valioso para o teu desenvolvemento profesional.

Ao completar este doutoramento, terás adquiridos coñecementos e competencias para desenvolver con maior éxito a túa carreira profesional na investigación no ámbito da docencia universitaria e non universitaria, a xestión deportiva, a saúde ou outros campos relacionados. Ademais, terás a satisfacción de ter contribuído ao avance do coñecemento nestas áreas.

Este estudo é interuniversitario, ademais da Universidade da Coruña , participan na súa docencia as seguintes universidades:

  • Universidade de Vigo

Folla de ruta