Programa Oficial de Doutoramento en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións

2023/2024

Introdución

O programa de doutoramento, Tecnoloxías da Información e as Comunicacións, impartiuse por primeira vez no curso 2000/2001, coincidindo coa creación do Departamento Universitario co mesmo nome. As áreas de coñecemento do Departamento, son Ciencias da Computación e Intelixencia Artificial e Enxeñaría Telemática, que determinan os contidos básicos do programa. Dende o seu comezo, o programa de doutoramento orientouse cara á investigación nestas áreas temáticas, contando cunha grande cantidade de solicitudes, superando ano tras ano a demanda de prazas ofertadas.

O desenvolvemento da chamada por uns "Sociedade da Información" e por outros "Sociedade do Coñecemento", converteu ao sector da informática e as telecomunicacións nun dos máis activos, de maior crecemento e de maior peso específico sobre os indicadores macroeconómicos de tódolos países avanzados.

A Comisión Europea demostrou durante os últimos anos un especial interese nos postos de traballo/investigación relacionados coa Sociedade da Información, por medio da potenciación da utilización das novas tecnoloxías en tódolos ámbitos sociais (eGoverment, eLearning, eHealth y eBusiness. etc.).

Temos así que o desenvolvemento de sistemas de información en Red implica múltiples tecnoloxías: redes, multimedia, sistemas intelixentes, metodoloxías de desenvolvemento e probas, xestión do coñecemento e sistemas híbridos, entre outras. Todo elo aplicable á bioinformática, medioambiente, ciencias básicas, enxeñaría civil, etc. Por elo cremos que o Programa de Doutoramento proposto ten un gran interés para a nosa Universidade e para o entorno social da mesma.

O estudo está verificado e publicado

O estudo renovou a sua acreditación o mércores, 7 de setembro de 2022.

 

Prezo da titoría anual de doutoramento
Prezo aproximado aplicable a todos os estudantes (non residentes en España ou na UE incluídos). Gastos de secretaría, seguro escolar e complementos formativos (de ser aplicables) non incluídos.
200€
Prazas ofertadas para o curso 2023/2024
20

Por que estudar a titulación

As TIC son un dos motores fundamentais para a innovación da pequena e mediana empresa para mellorar a súa competitividade tanto a nivel nacional como internacional. Por exemplo no ámbito universitario, das spin-off xeradas desde a Universidade da Coruña, a maior proporción foi no campo das TIC, amosando esa viabilidades económica e espírito emprendedor. Ademais en tódalas convocatorias de proxectos, tanto de investigación como de innovación, a nivel rexional, nacional e europeo, as TIC en si mesmas como aplicadas en outros ámbitos seguen a ser unha parte fundamental.

 Web propia do programa

Folla de ruta

Curso de comezo 2013/2014
Data última modificación/verificación ACSUG 24/07/2013
Data publicación autorización DOG 20/12/2013
Data publicación BOE de carácter oficial 11/03/2014
Data publicación plan estudos BOE 11/03/2014