Programa Oficial de Doutoramento en Tecnoloxías da Información e das Comunicacións en Redes Móbiles

2024/2025

Introdución

O programa interuniversitario de doutoramento TICRM comezou a impartirse desde o curso 2003-2004 coa participación das universidade do País Vasco, Universidade de Cantabria, Universidade de Zaragoza e Universidade da Coruña.
No curso 2007-2008 incorporouse a Universidade de Oviedo. Desde o curso 2003-2004 o programa de doutoramento obtido e renovou a mención de calidade ata o curso 2010-2011 (MCD2003-00589, MCD2005-00130 e MCD2007-00133). En 2011 obtivo a Mención cara á Excelencia (MEE2011-0265).

O estudo está verificado e pendente de publicación

O estudo renovou a sua acreditación o luns, 21 de novembro de 2022.

 

Prezo da titoría anual de doutoramento
Prezo aproximado aplicable a todos os estudantes (non residentes en España ou na UE incluídos). Gastos de secretaría, seguro escolar e complementos formativos (de ser aplicables) non incluídos.
200€
Prazas ofertadas para o curso 2024/2025
10

Por que estudar a titulación

O Programa Conxunto de Doutoramento TICRM pretende formar investigadores para cubrir parte da demanda existente no ámbito de investigación tanto no ámbito universitario como o empresarial. Recóllese que ambos os aspectos, non son incompatibles senón complementarios, de forma que o programa permita a formación de investigadores sen esquecer os condicionantes que a I+D+i ten no ámbito empresarial. Neste sentido, é de destacar que o actual Programa de Doutoramento TICRM cubriu desde o 2003 unha demanda importante por parte dos centros tecnolóxicos e de departamentos das universidades en tarefas de investigación.
No ámbito autonómico, a industria relacionada coas Tecnoloxías da Información e comunicacións ten un peso específico importante na achega ao PIB autonómico. Operadores de telecomunicacións, empresas de fabricación de compoñentes e circuítos, empresas de servizos telemáticos e afíns son un núcleo que necesita agora e no futuro, de profesionais cunha formación sólida nas tecnoloxías que forman o contido deste programa.
No ámbito nacional, cada vez máis, estase a potenciar a universalidade das TICs dentro do que se coñece como Sociedade da Información. É notoria a relevancia na economía nacional dos operadores de telecomunicacións e das industrias de fabricantes de compoñentes e circuítos electrónicos así como aquelas que ofrecen servizos telemáticos e de información. A experiencia dos solicitantes durante o último decenio, permitiu aseverar que os titulados superiores teñen unha moi boa acollida dentro das empresas, traballando tanto en áreas de I+D como en departamentos de enxeñaría.
O ámbito europeo, practicamente tódalas universidades de prestixio con titulacións relacionadas coa área de tecnoloxías da información e comunicacións teñen programas de doutoramento conducentes á formación de doutores en tecnoloxías TIC. Ademais, os proxectos de investigación e desenvolvemento entre institucións europeas e financiados pola UE son un elemento básico nestes avances. Nos países da Unión Europea, os titulados doutores egresados destes programas de posgrao son considerados como o persoal grazas ao cal se desenvolve a investigación de calidade no ámbito non só universitario senón tamén empresarial.

Este estudo é interuniversitario, ademais da Universidade da Coruña, participan na súa docencia as seguintes universidades:

  • Universidad del País Vasco
  • Universidad de Cantabria
  • Universidad de Zaragoza
  • Universidad de Oviedo

Folla de ruta

Curso de comezo 2013-2014