O Programa de Doutoramento Interuniversitario en Neurociencias, coordinado polo Departamento de Neurociencias da Universidade do País Vasco, reúne a un corpo docente formado por profesorado de prestixio internacional na investigación e o ensino, así como estudantes moi motivados nunha contorna científica que comparte un firme compromiso por entender a función e disfunción do sistema nervioso.
O programa ofrece formación especializada en neurociencias a estudantes procedentes de diversas contornas e cobre múltiples campos de investigación, desde a neurociencia celular e molecular á neurociencia clínica, cognitiva e do comportamento, dependendo das distintas liñas de investigación que se ofrecen en cada universidade.
O obxectivo último é formar a estudantes para que lideren a investigación en neurociencia, as ciencias da saúde ou a educación. O alumnado ten a oportunidade de traballar con calquera membro do profesorado que estea vinculado ao programa e na universidade na que se atope: Universidade do Pais Vasco, Universidade Pablo de Olavide, Universidade da Coruña, Universidade de Castilla-La Mancha, Universidade Rovira i Virgili
Link a Universidade Coordinadora:
O estudo está verificado e publicado
O estudo renovou a sua acreditación o xoves, 22 de xullo de 2021.
Prezo da titoría anual de doutoramento Prezo aproximado aplicable a todos os estudantes (non residentes en España ou na UE incluídos). Gastos de secretaría, seguro escolar e complementos formativos (de ser aplicables) non incluídos. |
200€ |
Prazas ofertadas para o curso 2023/2024 |
4 |
A Neurociencia, tanto nos seus aspectos básicos como clínicos, alcanzou un extraordinario grao de desenvolvemento e importancia.
É un dos temas máis cativadores na investigación científica na actualidade e a súa relevancia transcende o ámbito dos especialistas, sendo considerado de suma importancia no ámbito educativo e social.
Por esta razón, resulta fundamental a formación de investigadores no campo das Neurociencias.
Este estudo é interuniversitario, ademais da Universidade da Coruña, participan na súa docencia as seguintes universidades:
Curso de comezo | 2013-2014 |
Data publicación autorización DOG | 31/01/2014 |
Data publicación BOE de carácter oficial | 30/04/2014 |
Data publicación plan estudos BOE | 30/04/2014 |