Programa Oficial de Doutoramento en Neurociencia e Psicoloxía Clínica

2024/2025

Introdución

Este programa de doutoramento ten como obxectivo a formación de persoal investigador nas áreas da neurociencia básica e aplicada, a psicoloxía clínica e a psiquiatría, primando a interdisciplinariedade. Con esta perspectiva, o programa inclúe investigadores adscritos a diferentes áreas de coñecemento dos campos da neurobioloxía, a neurociencia cognitiva, a psicoloxía clínica e da Saúde e a psiquiatría. Trátase dun programa interuniversitario, organizado conxuntamente polas universidades de Santiago de Compostela (que o coordina), A Coruña e Vigo.

O estudo está verificado e publicado

O estudo renovou a sua acreditación o martes, 22 de xuño de 2021.

 

Prezo da titoría anual de doutoramento
Prezo aproximado aplicable a todos os estudantes (non residentes en España ou na UE incluídos). Gastos de secretaría, seguro escolar e complementos formativos (de ser aplicables) non incluídos.
200€
Prazas ofertadas para o curso 2024/2025
6

Por que estudar a titulación

O estudo do sistema nervioso en xeral, e do encéfalo humano en particular, é unha das áreas prioritarias de investigación en todo o mundo. Un dos maiores retos desta investigación é descubrir os misterios do cerebro, desde o funcionamento molecular até os mecanismos que sustentan procesos como a memoria, a intelixencia ou a acción consciente e a súa interacción co medio. O progreso no coñecemento do sistema nervioso permitirá combater as enfermidades que o afectan e mellorar a calidade de vida. Desde a perspectiva máis clínica, este programa integra liñas que se ocupan da comprensión, prevención e tratamento dos trastornos mentais, abordándoos desde unha perspectiva biopsicosocial.

Este programa forma parte da 'Network of European Neuroscience Schools' (NENS), unha estrutura creada no marco da FENS (Federation of European Neuroscience Societies) para facilitar información sobre a formación posgraduada no ámbito da neurociencia e promover a colaboración entre os programas de estudos europeos.

 Web propia do programa

Este estudo é interuniversitario, ademais da Universidade da Coruña, participan na súa docencia as seguintes universidades:

  • Universidade de Santiago de Compostela
  • Universidade de Vigo

Folla de ruta

Curso de comezo 2013-2014
Data última modificación/verificación ACSUG 29/07/2013
Data publicación autorización DOG 20/12/2013
Data publicación BOE de carácter oficial 11/03/2014
Data publicación plan estudos BOE 11/03/2014