Programa Oficial de Doutoramento en Láser, Fotónica e Visión

2024/2025

Introdución

O Programa de Doutoramento en Láser, Fotónica e Visión é un programa interuniversitario que se ofrece conxuntamente coas universidades de Santiago de Compostela e Vigo.

Está deseñado para a formación avanzada no campo das tecnoloxías láser, a fotónica e as técnicas de visión. O seu obxectivo final é o de proporcionar unha formación de excelencia científica a futuros investigadores e profesionais neste ámbito, e responder, así, á crecente demanda de formación para a súa integración no sistema de I+D+i nacional e internacional.

O estudo está verificado e publicado

O estudo renovou a sua acreditación o mércores, 26 de xaneiro de 2022.

 

Prezo da titoría anual de doutoramento
Prezo aproximado aplicable a todos os estudantes (non residentes en España ou na UE incluídos). Gastos de secretaría, seguro escolar e complementos formativos (de ser aplicables) non incluídos.
200€
Prazas ofertadas para o curso 2024/2025
4

Por que estudar a titulación

En termos socio-políticos, o sector científico-técnico da ciencia e a tecnoloxía óptica e fotónica é de extrema importancia para os grandes retos do século XXI. Neste sentido, a Unión Europea declarou á Fotónica como unha Tecnoloxía clave de Habilitación (KET), recoñecendo así a súa importancia para responder aos desafíos da sociedade actual e futura (Photonics21), e ademais, como afirmou a Comisión Europea nas súas recomendacións da carta europea do investigador na súa páxina 4: "Europa debe desenvolver carreiras viables e atractivas na investigación e o desenvolvemento tecnolóxico". Por outra parte, países como Japón, EEUU, Canadá, China, etc., valoran especialmente o impacto da Óptica e a Fotónica, invirtendo significativamente no seu desenvolvemento tanto a nivel público como privado.

O programa agrupa os recursos humanos e materiais dos distintos grupos de investigación vinculados ás áreas do Láser, a Fotónica e a Visión. Todos posúen unha dilatada experiencia no ámbito académico e investigador, reflicte na dirección e realización de numerosos proxectos científicos, publicacións e tesis doutorais.

 Web propia do programa

Este estudo é interuniversitario, ademais da Universidade da Coruña, participan na súa docencia as seguintes universidades:

  • Universidade de Santiago de Compostela
  • Universidade de Vigo

Folla de ruta

Curso de comezo 2013/2014
Data última modificación/verificación ACSUG 30/07/2013
Data publicación autorización DOG 20/12/2013
Data publicación BOE de carácter oficial 11/03/2014
Data publicación plan estudos BOE 11/03/2014