Obxectivos do PD-LFV
O Programa ten como obxectivo central a formación teórica e experimental de expertos (egresados) académicos ou profesionais que poidan desenvolver de forma eficiente a súa actividade en áreas básicas e aplicadas do Láser, a Fotónica e a Visión (deseño óptico, bio-óptica, metroloxía óptica e sensores ópticos, novos dispositivos fotónicos, tecnoloxía láser, etc.), atendendo ás crecentes e cada vez máis estratéxicas demandas e necesidades concretas dos ámbitos académico, social e industrial, contribuíndo desta forma tanto ao desenvolvemento de sectores socio-económicos específicos (industria, medicina, ambiente, enerxía, domótica, telecomunicacións, ...), como ao da propia ciencia e tecnoloxía da luz.
Dentro do contexto que se acaba de describir o Programa de Doutoramento de Láser, Fotónica e Visión propóñense os seguintes obxectivos globais, específicos e transversais.
Obxectivos globais
1.-Preparar persoal altamente formado e de alto nivel investigador en aspectos específicos no eido da ciencia e a tecnoloxía do Láser, a Fotónica e a Visión nas súas dimensións máis fundamentais.
2.-Preparar persoal altamente formado e de alto nivel investigador para o desenvolvemento de aplicacións da ciencia e tecnoloxía do Láser, a Fotónica e a Visión en distintos campos como: bio-óptica, metroloxía óptica e sensores, novos dispositivos fotónicos, comunicacións ópticas, tecnoloxía láser, bio-óptica, etc., orientadas a sectores socio-económicos como: a industria, medicina, ambiente, enerxía, domótica, telecomunicacións, ...
4.-Formar ao novo persoal investigador pensando na súa futura incorporación en centros de investigación e nas áreas de I+D+i das empresas, o que resulta clave para o fortalecemento de sectores productivos de valor engadido no noso país, fomentando ademais o desenvolvemento dunha estrutura de investigación sustenble.
3.-Preparar persoal altamente cualificado e de alto nivel investigador para o desenvolvemento e a innovación en colaboración co sector produtivo-empresarial nos campos do Láser, a Fotónica e a Visión.
5.-Seguir captando ademais a posgraduadas/os estranxeiras/os, tanto europeas/os como doutras rexións do mundo cuxas titulacións se adapten aos requirimentos do PD.
Objetivos Específicos
E1.-Comprensión sistemática das distintas disciplinas no campo da óptica, especialmente nas relacionados con Láser, Fotónica e Visión, así como dos distintos métodos de investigación e habilidades relacionadas co campo.
E2.-Identificar, formular e resolver de forma óptima problemas dos ámbitos da ciencia e a tecnoloxía do Láser, a Fotónica e a Visión.
E3.-Adaptación de forma comprensiva
CB11 - Comprensión sistemática dun ámbito de estudo e dominio das habilidades e métodos de investigación relacionados co dito ámbito.
CB12 - Capacidade de concibir, deseñar ou crear, pór en práctica e adoptar un proceso substancial de investigación ou creación.
CB13 - Capacidade para contribuír á ampliación das fronteiras do coñecemento a través dunha investigación orixinal.
CB14 - Capacidade de realizar unha análise crítica e de avaliación e síntese de ideas novas e complexas.
CB15 - Capacidade de comunicación coa comunidade académica e científica e coa sociedade en xeral acerca dos seus ámbitos de coñecemento nos modos e idiomas de uso habitual na súa comunidade científica internacional.
CB16 - Capacidade de fomentar, en contextos académicos e profesionais, o avance científico, tecnolóxico, social, artístico ou cultural dentro dunha sociedade superada no coñecemento.
CB17.- Capacidade de fomentar a Ciencia Aberta e a Ciencia Cidadá, conforme o artigo 12 da Lei orgánica 2/2023, do 22 de marzo, como modo de contribuír á consideración do coñecemento científico como un ben común, mediante a avaliación de actividades transversais levadas a cabo pola doutoramento ou o doutorando relacionadas con diferentes dimensións da ciencia aberta e a ciencia cidadá, así como a capacitación adquirida en sendas disciplinas en formato de micro-credenciais ou similar.
CA01 Desenvolverse en contextos nos que hai pouca información específica.
CA02 Atopar as preguntas claves que hai que responder para resolver un problema complexo.
CA03 Deseñar, crear, desenvolver e emprender proxectos novidosos e innovadores no seu ámbito de coñecemento
CA04 Traballar tanto en equipo como de maneira autónoma nun contexto internacional ou multidisciplinar.
CA05 Integrar coñecementos, enfrontarse á complexidade e formular xuízos con información limitada.
CA06 A crítica e defensa intelectual de solucións.
OC01 Coñecer os contidos científico-técnicos e saber formular os avances máis recentes e os retos máis destacados da Tecnoloxía Láser e Visión nos que o alumno se especializase (Física da Visión, Sensores Láser, Metroloxía Láser, Irradiación/Ablación Láser, instrumentación Láser, Espectroscopía Láser, ESPI, Aplicacións Industriais, Médicas e Medio-ambientais do Láser, etc. OC02 Coñecer os contidos científico-técnicos e saber formular os avances máis recentes e os retos máis destacados do Láser e Fotónica nos que o alumno se especializase (interacción Láser-Estructuras Fotónicas, Pulsos Láser, Óptica Integrada Clásica e Cuántica, Plasmónica, Fibras Ópticas e Comunicacións Ópticas Clásicas e/ou Cuánticas, Óptica Non lineal Clásica e Cuántica, Modulación Óptica de Materiais, Óptica Atómica (BEC, Trampas Ópticas, Pinzas Ópticas), Microóptica, Vórtices Ópticos, etc.
OC03 Coñecer as medidas de seguridade no uso do Láser, e en xeral as normativas de protección, incluíndo tamén aspectos relacionados coa medida da contaminación lumínica, e en xeral a radiometría e fotometría de fontes e láseres, co obxecto de saber manexar equipamentos con diferentes fontes de luz de forma eficiente e segura.
OC04 Coñecer aquelas conceptos, modelos e teorías fundamentais das liñas específicas de investigación sobre Tecnoloxías do Láser e Visión, e sobre Láser e Fotónica, que dote ao alumno dunha perspectiva de conxunto, servíndolle ademais de base para posteriores aprendizaxes.
OC05 Adquirir a capacidade para realizar unha comprensión rápida e sistemática e sobre todo actualizada na sociedade distinta(s) disciplina(s) nas que o alumno se especializase, tanto nas relacionadas coas Tecnoloxías do Láser e a Visión como en Láser e Fotónica.
OC06 - Coñecer e saber aplicar os distintos métodos de investigación e habilidades teóricas, sobre todo de modelado e simulación, e experimentais, en particular a medida e o desenvolvemento de sistemas ópticos, relacionados coas Tecnoloxías Láser e Visión, e co Láser e Fotónica.
OC07 Adquirir a capacidade para identificar, formular e resolver, ou polo menos propoñer solucións alternativas, de problemas dos ámbitos da ciencia e tecnoloxías láser e visión e o Láser e Fotónica, partindo sempre dos resultados máis recentes obtidos na comunidade científica.
OC08 Adquirir a capacidade de entender e desenvolver a Óptica en xeral, e o Láser, a Fotónica e a Visión, en particular, coma unha actividade económica e empresarial considerando tamén os seus aspectos sociais, éticos e de sustensibilidade.
OC09 Adquiri-la capacidade para realizar contribucións científico-técnicas mediante a investigación que amplíe as fronteiras do coñecemento e saber plasmalo tanto en publicacións científicas de impacto internacional como en documentos académicos e/ou divulgativos.
OC10 Adquirir a capacidade de realizar e dirixir proxectos e/ou actividades investigadoras ou de formación de forma autónoma co obxecto de acadar obxectivos de forma eficiente, tomando decisións, e de ser o caso, liderando equipos de traballo.
CB11 - Comprensión sistemática dun ámbito de estudo e dominio das habilidades e métodos de investigación relacionados co dito ámbito.
CB12 - Capacidade de concibir, deseñar ou crear, pór en práctica e adoptar un proceso substancial de investigación ou creación.
CB13 - Capacidade para contribuír á ampliación das fronteiras do coñecemento a través dunha investigación orixinal.
CB14 - Capacidade de realizar unha análise crítica e de avaliación e síntese de ideas novas e complexas.
CB15 - Capacidade de comunicación coa comunidade académica e científica e coa sociedade en xeral acerca dos seus ámbitos de coñecemento nos modos e idiomas de uso habitual na súa comunidade científica internacional.
CB16 - Capacidade de fomentar, en contextos académicos e profesionais, o avance científico, tecnolóxico, social, artístico ou cultural dentro dunha sociedade superada no coñecemento.
CB17.- Capacidade de fomentar a Ciencia Aberta e a Ciencia Cidadá, conforme o artigo 12 da Lei orgánica 2/2023, do 22 de marzo, como modo de contribuír á consideración do coñecemento científico como un ben común, mediante a avaliación de actividades transversais levadas a cabo pola doutoramento ou o doutorando relacionadas con diferentes dimensións da ciencia aberta e a ciencia cidadá, así como a capacitación adquirida en sendas disciplinas en formato de micro-credenciais ou similar.
Ademais de no ámbito docente e investigador en Universidades, Institutos e Centros públicos de investigación, estímase que existen na U.E. en torno a 300.000 empregos directos na industria da tecnoloxía Láser, Fotónica e Visión e outros tantos en empresas que a utilizan ou comercializan.
O desenvolvemento, fabricación e comercialización de materiais, compoñentes e sistemas ópticos, de sensores, elementos de vixilancia e medida abarca multitude de sectores como poden ser:
Ademais de no ámbito docente e investigador en Universidades, Institutos e Centros públicos de investigación, estímase que existen na U.E. en torno a 300.000 empregos directos na industria da tecnoloxía Láser, Fotónica e Visión e outros tantos en empresas que a utilizan ou comercializan.
O desenvolvemento, fabricación e comercialización de materiais, compoñentes e sistemas ópticos, de sensores, elementos de vixilancia e medida abarca multitude de sectores como poden ser:
Os profesores do Programa mantemos colaboracións con distintas entidades e empresas en materia de investigación, docencia e intercambio de alumnos:
Estas son as liñas de investigación principáis deste programa de doutoramento:
No caso de que o doutorando careza da formación previa completa esixida no programa, a súa admisión no programa poderá quedar condicionada á superación de complementos de formación específicos, que poderán ser materias ou módulos de máster e grao. Os complementos asignados a un mesmo doutorando non poderán superar os 15 créditos ECTS e poderán realizarse de forma previa ou simultánea á matrícula en tutela académica no programa.
No caso de realización simultánea o alumnado deberá matricularse destes complementos no momento de formalizar a matrícula de tutela académica no programa, que deberán superarse no prazo máximo de tres cuadrimestres consecutivos. De non facelo así, o alumnado causará baixa no programa.
Tamén podes consultar o Regulamento de Estudos de Doutoramento da UDC, Artigo 5: Admisión.
| complementos | créditos |
|---|---|
| Aplicacións Biomédicas dos Láseres: Fundamentos Físicos | 6 |
| Óptica Coherente | 6 |
| Física dos Láseres | 6 |
| Aplicacións Industriais dos Láseres | 6 |
| Sensores Láser:Fundamentos e Aplicacións | 6 |
| Óptica Cuántica | 6 |
| Métodos Computacionais | 6 |
| Aplicacións Metrolóxicas dos Láseres | 6 |
| Comunicacións Ópticas | 6 |
| Aplicacións Medioambientais dos Láseres | 6 |
| Laboratorio de Fotónica | 6 |
| Laboratorio de Fundamentos do Láser | 6 |
Seminarios formativos en temas específicos de láser, fotónica e visión Seminario sobre temas de interese e actualidade impartidos por profesorado do programa, profesores/investigadores visitantes ou profesionais externos Obrigatoria. 20 horas
Xornadas sobre valorización e transferencia de tecnoloxía. Asistencia a xornadas organizadas polas respectivas OTRI de cada universidade sobre temas de xestión e transferenciade I+D: solicitude de patentes, solicitude de proxectos, creación de spin-off, EBT,... Obrigatoria. 20 horas.
Organización de workshops de estudantes do programa Reunións dos estudantes do programa para exposición e discusión dos resultados do seu traballo. Obrigatoria. 20horas
Estadías curtas de investigación Estadía para completar e intercambiar experiencias nun centro distinto daquel en se estea realizando a tese de doutoramento. Recomendable realizar unha estadía de, polo menos, 3 meses.
Actividade formativa de investigación Publicación de artigos científicos en revistas indexadas JCR e asistencia a congresos de ámbito nacional ou internacional Esixirase un mínimo de dous artigos JCR como autor ou co-autor e a asistencia a un congreso.
Especifica a relación académica entre o doutorando e a Universidade, os seus dereitos e deberes, incluídos os posibles dereitos de propiedade intelectual e/ou industrial derivados da investigación, así como a aceptación do procedemento de resolución de conflitos e a súa duración. Inclúe tamén os deberes do/a titor/a do doutorando e do seu director ou directora de tese.
O devandito compromiso será asinado por unha representación específica designada pola universidade, o/a titor/a e o doutorando, nun prazo máximo dun mes que comezará a contar desde a data da matrícula, mentres que a sinatura do/a director/a se incorporará no momento da súa designación.
Este compromiso de supervisión engadirase ao documento de actividades do doutorando no momento da súa sinatura por todas as persoas implicadas.
Tamén podes consultar o Regulamento de Estudos de Doutoramento da UDC, Artigo 13: Compromiso de supervisión.
Nun prazo de seis meses logo da matrícula, o estudante elaborará un Plan de Investigación que incluirá a metodoloxía, os obxectivos, os medios e a planificación temporal. O plan presentarase avalado co informe do director e/ou titor e deberá ser aprobado pola CAPD. Este plan poderá mellorarse no proceso de avaliación anual contando co aval do director e/ou titor.
Anualmente, a CAPD avaliará o Plan de Investigación, xunto cos informes que a tal efecto deberán emitir o titor/a e/ou o director/a, e o documento de actividades. A avaliación positiva será requisito indispensable para continuar no programa. En caso de avaliación negativa, o estudante elaborará un novo Plan que será avaliado no prazo de seis meses. En caso de nova avaliación negativa, causará baixa definitiva no programa.
Tamén podes consultar o Regulamento de Estudos de Doutoramento da UDC, Artigo 15: Plan de investigación.
A UDC mantén convenios de mobilidade de estudantes con universidades e institucións de educación superior de catro continentes. Cada curso académico publícanse varias convocatorias de mobilidade de estudantes para que estes poidan cursar parte dos seus estudos nunha desas institucións (un semestre ou un ano académico completo), obtendo pleno recoñecemento académico ao seu regreso no expediente UDC do estudante.
Nesas convocatorias publícanse as prazas das que a UDC dispón para ofrecer aos estudantes dos distintos centros e, no seu caso, as condicións específicas de cada unha delas. Do mesmo xeito, todos os anos convócanse bolsas para financiar a realización de prácticas no estranxeiro por parte dos estudantes
As prácticas serán tamén recoñecidas como parte do seu expediente académico ou no suplemento europeo ao título. O estudante é libre para buscar a empresa ou institución de destino do EEES na que desexa facer as prácticas. A estes efectos, a UDC ten un taboleiro virtual no que se publican as ofertas que chegan ao seu coñecemento.
As convocatorias de mobilidade xestiónanse conxuntamente nos centros de procedencia dos estudantes, baixo a dirección dos Responsables de Relacións Internacionais dos centros, e na Oficina de Relacións Internacionais da Universidade (ORI). Os requisitos xerais para acceder a unha praza de mobilidade, os dereitos e obrigacións dos estudantes, así como o procedemento para conceder as prazas regúlanse no Regulamento de Mobilidade da UDC.