Programa Oficial de Doutoramento en Láser, Fotónica e Visión

2023/2024

Introdución

O Programa de Doutoramento en Láser, Fotónica e Visión é un programa interuniversitario que se ofrece conxuntamente coas universidades de Santiago de Compostela e Vigo.

Está deseñado para a formación avanzada no campo das tecnoloxías láser, a fotónica e as técnicas de visión. O seu obxectivo final é o de proporcionar unha formación de excelencia científica a futuros investigadores e profesionais neste ámbito, e responder, así, á crecente demanda de formación para a súa integración no sistema de I+D+i nacional e internacional.

O estudo está verificado e publicado

O estudo renovou a sua acreditación o mércores, 26 de xaneiro de 2022.

 

Prezo da titoría anual de doutoramento
Prezo aproximado aplicable a todos os estudantes (non residentes en España ou na UE incluídos). Gastos de secretaría, seguro escolar e complementos formativos (de ser aplicables) non incluídos.
200€
Prazas ofertadas para o curso 2023/2024
4

Por que estudar a titulación

En termos socio-políticos, o sector científico-técnico da ciencia e a tecnoloxía óptica e fotónica é de extrema importancia para os grandes retos do século XXI. A Unión Europea, identificou a fotónica como unha das seis tecnoloxías facilitadoras chave (KET), cuxo desenvolvemento determinarán a competitividade, produtividade e sostibilidade do emprego da industria europea a longo prazo. O investimento nestas tecnoloxías será obxecto de atención prioritaria nas políticas de I+D+i da UE, non só polo seu impacto na capacidade industrial e de innovación da Unión, senón tamén polo seu efecto en desafíos sociais como son a eficiencia e independencia enerxética, a saúde e atención sanitaria ou o transporte entre outros.

O programa agrupa os recursos humanos e materiais dos distintos grupos de investigación vinculados ás áreas do láser, a fotónica e a visión. Todos posúen unha dilatada experiencia no ámbito académico e investigador, reflectida na dirección e realización de numerosos proxectos científicos, publicacións e teses de doutoramento.

 Web propia do programa

Este estudo é interuniversitario, ademais da Universidade da Coruña, participan na súa docencia as seguintes universidades:

  • Universidade de Santiago de Compostela
  • Universidade de Vigo

Folla de ruta

Curso de comezo 2013/2014
Data última modificación/verificación ACSUG 30/07/2013
Data publicación autorización DOG 20/12/2013
Data publicación BOE de carácter oficial 11/03/2014
Data publicación plan estudos BOE 11/03/2014