Poderá acceder aos estudos de doutoramento da UDC o alumnado que cumpra algún dos requisitos recollidos no artigo 15 (Acceso) do Regulamento de Estudos de Doutoramento da UDC.
Os estudantes que cumpren algún dos requisitos de acceso aos estudos de doutoramente poderán ser admitidos a un programa de doutoramento conforme aos requisitos específicos e criterios de valoración de méritos que foren propios do programa. A UDC incluirá os procedementose requisitos de admisión no plan de estudos.
A Admisión non implicará, en ningún caso, ningunha modificación dos efectos académicos e profesionais que correspondan ao título previo de que estea en posesión a persoa interesada, nin o seu recoñecemento para outro efecto que o de cursar o programa de doutoramento.
Tamén podes consultar o Regulamento de Estudos de Doutoramento da UDC, Artigo 16: Admision.
4 prazas ofertadas no curso 2023/2024
Como requisito xeral de acceso debe cumprirse algún dos supostos do artigo 6 de RD 99/2011 ou da disposición adicional segunda do devandito real decreto.
Non existen requisitos específicos de acceso para os alumnos procedentes de mestrados con temática afín a este programa de doutoramento:
A solicitude de admisión (ou de renovación da matrícula) e a matrícula nos estudos de doutoramento realizarase a través da secretaría virtual, achegando a documentación acreditativa de reunir os requisitos de acceso. A solicitude de admisión e matrícula para o alumnado externo da UDC debe facerse aquí.
Se desexas obter máis información podes consultar o Procedemento xeral de solicitude de admisión.
Consulta a Admisión e matrícula da EIDUDC.
Consulta a Admisión e matrícula da EIDUDC.
A solicitude realizarase a través da Secretaría Virtual do estudante da UDC. A documentación xustificativa deberá ser presentada na UADI da Escola Politécnica Superior, Ferrol.
As solicitudes serán avaliadas e puntuadas pola comisión académica segundo:
A Comisión publicará as listaxes provisorias de admitidos e non admitidos, ordenadas de acordo coa puntuación obtida
As posibles reclamacións dirixiránse á UADI da Escola Politécnica Superior
A solicitude de matrícula a tempo parcial, o cambio de modalidade de matrícula ou a baixa temporal no programa deberá presentarse na mesma UADI.
A solicitude de admisión (ou de renovación da matrícula) e a matrícula nos estudos de doutoramento realizarase de acordo cos prazos aprobados polo Consello de Goberno da UDC.
Consulta a información dispoñible para facer a matrícula nun estudo de doutorado da udc.
Consulta as axudas predoutorais na UDC.
Podes consultar a normativa relacionada cos estudos de doutoramento na UDC.
Outros documentos de interese son: