Programa Oficial de Doutoramento en Ciencia e Tecnoloxía Ambiental

2024/2025

Introdución

A cada vez maior conciencia pública sobre os problemas ambientais ten levado ao desenvolvemento, nas últimas décadas e nos países desenvolvidos e con especial incidencia en Europa, dunha ampla variedade de novas necesidades de coñecemento, tecnoloxía, innovación e transferencia daquel relacionadas coa xestión e resolución de moi diversas problemáticas vinculadas co medio ambiente.

O Programa de Doutoramento en Ciencia e Tecnoloxía Ambiental é un título universitario oficial cuxo obxectivo é o de formar investigadores/as que poidan reforzar os procesos de xeración e transferencia do coñecemento en relación co medio ambiente, así como a innovación científica e tecnolóxica en todo o relacionado coa súa axeitada xestión.

Os/as investigadores participantes no programa de doutoramento manteñen colaboracións activas con múltiples empresas, institucións, grupos de investigación e investigadores/as tanto nacionais como estranxeiros.

O estudo está verificado e publicado

O estudo renovou a sua acreditación o luns, 21 de novembro de 2022.

 

Prezo da titoría anual de doutoramento
Prezo aproximado aplicable a todos os estudantes (non residentes en España ou na UE incluídos). Gastos de secretaría, seguro escolar e complementos formativos (de ser aplicables) non incluídos.
200€
Prazas ofertadas para o curso 2024/2025
15

Por que estudar a titulación

A preservación dos recursos naturais así como o uso racional e eficiente deles é un dos principais retos cos que se enfronta nestes momentos o ser humano. Os evidentes efectos do cambio climático requiren unha resposta científico-tecnolóxica que permita compaxinar un desenvolvemento sustensible co respecto ao ambiente. A sociedade débese de dotar de investigadores e tecnólogos capaces de afronta-lo reto que isto supón e de ofrecer solucións que minimicen o impacto ambiental da actividade do ser humano.

Xeralmente os problemas ambientais deben de ser abordados desde diversos campos, é por iso que o programa oficial de doutoramento en Ciencia e Tecnoloxía Ambiental ofrece á sociedade a formación de doutores especializados, con formación multidisciplinar, no eido da ciencia e a Tecnoloxía aplicadas ó ambiente, capaces de diagnosticar e/ou ofrecer respostas a problemas ambientais, esencialmente de orixe antropoxénica, compatibles cun desenvolvemento sustenible, respostas con compoñentes de tipo administrativo, científico e tecnolóxico, abordando dun xeito integrado os temas ambientais.

O carácter multidisciplinar deste actualizado programa oficial de doutoramento permite a formación de expertos en avaliación e xestión ambiental, monitorización e análise de contaminantes, tecnoloxías sustenbles e modelización de procesos ecolóxicos, contribuíndo á xeración de solucións innovadoras para problemáticas emerxentes como a contaminación da auga e do aire, a xestión sustenble do solo e a adaptación ao cambio climático; ademais, a súa relación cos sectores industriais e as administracións públicas facilita a transferencia de coñecemento e a aplicación directa dos resultados de investigación.

 Web propia do programa

Folla de ruta

Curso de comezo 2013-2014
Data última modificación/verificación ACSUG 02/08/2013
Data publicación autorización DOG 20/12/2013
Data publicación BOE de carácter oficial 11/03/2014
Data publicación plan estudos BOE 11/03/2014