Programa Oficial de Doutoramento en Ciencia e Tecnoloxía Ambiental

2024/2025

Que se aprende

O programa caracterízase por un enfoque dinámico, adaptándose ás novas demandas do contexto académico e profesional. A súa decidida vontade de actualización constante en metodoloxías de investigación, colaboracións internacionais e sinerxias con proxectos financiados pola UE e o Plan estatal de I+D+i reforza a súa posición como un referente no eido ambiental. Ademais, a Universidade da Coruña, mediante o seu Plan Estratéxico, priorizou a investigación en sustensibilidade e ambiente, consolidando o apoio institucional a este doutoramento.

Neste sentido, o programa está estreitamente vinculado co Campus de Sostibilidade da Universidade da Coruña, un espazo de referencia centrado en promover a investigación, a innovación e a transferencia de coñecemento en áreas clave para a sustensidade e o desenvolvemento ambiental. Esta conexión fortalece aínda máis a capacidade do programa para xerar impacto a nivel académico, social e empresarial.

De acordo co carácter multidisciplinar do programa, participan os seguintes grupos de investigación da Universidade da Coruña:

  • Aquaterra
  • Ciencias da Terra
  • Enxeñería da Auga e do Medio Ambiente (GEAMA)
  • IA e ambiente
  • Engeniería Química Ambiental (EnQA)
  • DEREITO PÚBLICO GLOBAL # OBERVATORIO DO LITORAL
  • NanoDegradEX
  • Mezclas (MESTURAS)
  • Microalgas (MICROALGAE)
  • Química Analítica Aplicada (QANAP)
  • Química Física Ambiental
  • Biocost
  • Grupo Interdisciplinar de Patrimnio Cultural e Xeolóxico (Cultura)
  • Laboratorio de Investigación de Sistemas para a Transición enerxética (LISTE)

Competencias xenéricas

CB11 - Comprensión sistemática dun campo de estudo e dominio das habilidades e métodos de investigación relacionados co dito campo. (Substitúese "campo" por "ámbito" a partir da aplicación do R.D. 576/2023, do 4 de xullo)

CB12 - Capacidade de concibir, deseñar ou crear, pór en práctica e adoptar un proceso substancial de investigación ou creación.

CB13 - Capacidade para contribuír á ampliación das fronteiras do coñecemento a través dunha investigación orixinal.

CB14 - Capacidade de realizar unha análise crítica e de avaliación e síntese de ideas novas e complexas.

CB15 - Capacidade de comunicación coa comunidade académica e científica e coa sociedade en xeral acerca dos seus ámbitos de coñecemento nos modos e idiomas de uso habitual na súa comunidade científica internacional.

CB16 - Capacidade de fomentar, en contextos académicos e profesionais, o avance científico, tecnolóxico, social, artístico ou cultural dentro dunha sociedade superada no coñecemento.

CB17 - Capacidade de fomentar a Ciencia Aberta e a Ciencia Cidadá, conforme o artigo 12 da Lei orgánica 2/2023, do 22 de marzo, como modo de contribuír á consideración do coñecemento científico como un ben común, mediante a avaliación de actividades transversais levadas a cabo pola doutoramento ou o doutorando relacionadas con diferentes dimensións da ciencia aberta e a ciencia cidadá, así como a capacitación adquirida en sendas disciplinas en formato de microcredenciais ou similar. (A partir da aplicación do R.D. 576/2023, do 4 de xullo)

CA01 - Desenvolverse en contextos nos que hai pouca información específica.

CA02 - Atopar as preguntas claves que hai que responder para resolver un problema complexo.

CA03 - Deseñar, crear, desenvolver e emprender proxectos novidosos e innovadores no seu ámbito de coñecemento.

CA04 - Traballar tanto en equipo como de maneira autónoma nun contexto internacional ou multidisciplinar.

CA05 - Integrar coñecementos, enfrontarse á complexidade e formular xuízos con información limitada.

CA06 - A crítica e defensa intelectual de solucións.

Competencias específicas

CE1 - Comprender e diagnostica-las distintas problemáticas ambientais asociadas ós compartimentos ambientais obxecto de investigación, considerando as súas implicacións ecolóxicas, socioeconómicas e normativas, e propoñer solucións innovadoras e sustentables.

CE9 - Ser capaz de asesorar e xerar innovación científico-tecnolóxica en empresas, administracións públicas e organismos internacionais, promovendo a transferencia de coñecemento e a implementación de solucións ambientais eficientes.

CE8 - Desenvolver e innovar en tecnoloxías de enerxías renovables, almacenamento de enerxía e baterías sustenibles, incluíndo sistemas de conversión enerxética eficientes e a súa integración en estratexias de descarbonización e transición enerxética.

CE7 - Deseñar e implementar estratexias innovadoras para a xestión de residuos, a eficiencia enerxética e o uso sustenible de recursos naturais no contexto da transición ecolóxica e a loita contra o cambio climático.

CE6 - Coñecer, comprender e aplica-la lexislación e normativa ambiental a nivel internacional, nacional e rexional, incluíndo estratexias de gobernanza ambiental, políticas de sustenbilidade e mecanismos de economía circular.

CE5 - Aplicar estratexias de redución do impacto ambiental, incluíndo o deseño de infraestructuras verdes, solucións basadas na natureza e a integración de enerxías renovables na mitigación de efectos contaminantes.

CE4 - Desenvolver e innovar en tecnoloxías avanzadas para a eliminación, redución e valorización de contaminantes, incluíndo tratamentos físico-químicos, biotecnolóxicos e enfoques de economía circular.

CE3 - Dominar e/ou innovar no uso de técnicas avanzadas de análise, caracterización e monitorización de contaminantes, integrando metodoloxías basadas en sensores, espectroscopía avanzada, intelixencia artificial e xeramentas de teledetección.

CE2 - Comprender e afondar nos procesos de transporte, difusión e transformación de contaminantes nos distintos medios ambientais, incluíndo enfoques avanzados de modelización e simulación computacional para a predicción de impactos.

CE16 - Desenvolver habilidades de comunicación científica efectiva para a difusión de resultados de investigación en congresos, revistas de alto impacto e foros de transferencia de coñecemento á sociedade.

CE15 - Aplicar e desenvolver tecnoloxías da información e a comunicación (TICs), intelixencia artificial e xeramentas dixitais avanzadas (big data, modelización computacional, sensores intelixentes e sistemas de información xeográfica) na investigación e xestión ambiental, optimizando a monitorización, a análise de datos e a toma de decisións en contextos de sustensibilidade e cambio climático.

CE14 - Traballar de maneira segura en laboratorios de investigación avanzada, aplicando normativas de seguridade, hixiene e xestión de riscos, e fomentando prácticas de laboratorio sustenbles.

CE13 - Integra-los principios da sustensibilidade e a economía circular no deseño e execución de proxectos de investigación, promovendo a reducción do uso de recursos, a reutilización e a valorización de materiais.

CE12 - Aplicar xeramentas de análise de ciclo de vida (ACV) e folla ambiental en proxectos de investigación, co fin de avaliar a sustensibilidade de procesos e produtos desde unha perspectiva holística.

CE11 - Dominar a investigación en ecotoxicoloxía e avaliación do risco ambiental, incluíndo a aplicación de metodoloxías para a avaliación da toxicidade de contaminantes emerxentes e a vixilancia ambiental de compostos de interese.

CE10 - Deseñar, dirixir e xestionar estudos ambientais avanzados, asegurando o rigor metodolóxico e a integración de xeramentas dixitais (big data, intelixencia artificial, sistemas de información xeográfica) na análise e toma de decisións.

Competencias transversais

CB11 - Comprensión sistemática dun campo de estudo e dominio das habilidades e métodos de investigación relacionados co dito campo. (Substitúese "campo" por "ámbito" a partir da aplicación do R.D. 576/2023, do 4 de xullo)

CB12 - Capacidade de concibir, deseñar ou crear, pór en práctica e adoptar un proceso substancial de investigación ou creación.

CB13 - Capacidade para contribuír á ampliación das fronteiras do coñecemento a través dunha investigación orixinal.

CB14 - Capacidade de realizar unha análise crítica e de avaliación e síntese de ideas novas e complexas.

CB15 - Capacidade de comunicación coa comunidade académica e científica e coa sociedade en xeral acerca dos seus ámbitos de coñecemento nos modos e idiomas de uso habitual na súa comunidade científica internacional.

CB16 - Capacidade de fomentar, en contextos académicos e profesionais, o avance científico, tecnolóxico, social, artístico ou cultural dentro dunha sociedade superada no coñecemento.

CB17 - Capacidade de fomentar a Ciencia Aberta e a Ciencia Cidadá, conforme o artigo 12 da Lei orgánica 2/2023, do 22 de marzo, como modo de contribuír á consideración do coñecemento científico como un ben común, mediante a avaliación de actividades transversais levadas a cabo pola doutoramento ou o doutorando relacionadas con diferentes dimensións da ciencia aberta e a ciencia cidadá, así como a capacitación adquirida en sendas disciplinas en formato de microcredenciais ou similar. (A partir da aplicación do R.D. 576/2023, do 4 de xullo)

CA01 - Desenvolverse en contextos nos que hai pouca información específica.

CA02 - Atopar as preguntas claves que hai que responder para resolver un problema complexo.

CA03 - Deseñar, crear, desenvolver e emprender proxectos novidosos e innovadores no seu ámbito de coñecemento.

CA04 - Traballar tanto en equipo como de maneira autónoma nun contexto internacional ou multidisciplinar.

CA05 - Integrar coñecementos, enfrontarse á complexidade e formular xuízos con información limitada.

CA06 - A crítica e defensa intelectual de solucións.

Saídas profesionais e académicas

Como resultado da formación científico-tecnolóxica recibida, os/as doctores/as formados no programa de doutoramento Ciencia e Tecnoloxía Ambiental estarán preparados para acceder o mercado laboral tanto no eido profesional como no académico.

Saídas profesionais

  • Incorporación, e no seu caso dirección, en empresas do sector ambiental (nivel local, autonómico, nacional e/ou internacional).
  • Integración, e no seu su caso dirección, no departamento de I+D+i tanto de empresas do sector ambiental como da administración pública (nivel local, autonómico, nacional e/ou internacional).
  • Incorporación, e no seu su caso dirección, no departamento de xestión ambiental de empresas de diversos sectores produtivos (nivel local, autonómico, nacional e/ou internacional).
  • Integración, e no seu caso dirección, no departamento de xestión ambiental de organismos públicos (nivel local, autonómico, nacional e/ou internacional).
  • Emprendemento no eido da ciencia e da tecnoloxía ambiental (nivel local, autonómico, nacional e/ou internacional).
  • Dirección e/ou asesoramento técnico de ONGs orientadas á protección do medio ambiente (nivel local, autonómico, nacional e/ou internacional).
  • Incorporación a grupos de investigación de institucións de I+D+i do sector ambiental, tanto públicas como privadas (nivel autonómico, nacional e/ou internacional).
  • Dirección e desenvolvemento de proxectos I+D+i no eido da ciencia e da tecnoloxía ambiental (nivel autonómico, nacional e/ou internacional).

Saídas académicas

  • Profesor universitario en diferentes departamentos.
  • Profesor de ensinanza primaria e/ou secundaria.

Empresas e institucións colaboradoras

Entidades que colaboran no programa de doutoramento coas que existe un convenio de colaboración asinado:

  • Colexio de Químicos de Galicia
  • Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC)

Institucións que colaboran no programa de doutoramento:

  • Instituto da Auga da Region Norte de Portugal-IAREN e Universidade de Porto (Portugal)
  • Departamento de Calidade das Augas-Universidade Técnica de Berlín e Instituto de Investigación Ambiental-UFZ, Leipzig (Alemaña)
  • Department of Chemistry and Biosciences, Chalmers University of Technology, Göteborg (Suecia)
  • Institute for Nuclear Sciences (INW), Gante, (Bélxica)
  • Università degli Sutdi di Friese- Dipartimento di Biología Anaimale e Genetica #Leopardi# (Italia)
  • Organization for the development of the Western Crete (Grecia)
  • Instituto Sant#Anna Pisa (Italia)
  • Laboratorio de Ensaios de Desenvolvemento Farmacéutico-Universidade Nacional Autónoma de México (UNAM) (México)
  • Australian Center for Research on Separation Science (ACROSS-University of Tasmania (Australia)
  • Departamento de Química-Universidade Nova de Lisboa (Portugal)
  • Dipartimento di Scienza Dell#Ambiente e del Territorio, Università Degli Studi di Milano-Bicocca. (Italia).
  • Dr. Robin Sen, (School of Science, Manchester Metropolitan University, Manchester # UK)
  • Departament of Chemistry. Universidade de Patras (Grecia).
  • School of Geography Earth and Environmental Sciences. Universidade de Southampton (U.K).
  • School of Ocean and Earth Sciences. Universidade de Plymouth (U.K).
  • Departament of Chemistry. Universidade de Timisoara (Rumania)
  • Grupo Síncrisis, Universidade de Santiago de Compostela
  • Institut d'Arqueologia, Universidad de Barcelona

Liñas de investigación

Estas son as liñas de investigación principáis deste programa de doutoramento:

  • Análise, avaliación e xestión sostible dos recursos edáficos, hidrolóxicos e sedimentarios.
  • Aplicación de humedales construidos para tratamiento de efluentes domésticos e industriales
  • Biorremediación ambiental utilizando microalgas.
  • Cálculos de especiación química en el ámbito de la geoquímica,oceanografía y aguas naturales en general.
  • Caracterización y monitorización de contaminantes ambientales. Calidad de aire, aguas, medio marino. Seguridad alimentaria
  • Degradación de compuestos de interés ambiental
  • Derecho ambiental
  • Educación Ambiental: Aspectos químico-analíticos
  • Eliminación/Recuperación metales ecotóxicos en efluentes mediante combinación de técnicas electroquímicas y biológicas.
  • Elucidación de mecanismos de oxidación de compuestos de interés ambiental
  • Energías renovables
  • Modelación de procesos de depuración de aguas residuales
  • Radón en las viviendas en Galicia
  • Tecnologías biopelícula de depuración de aguas residuales
  • Tecnologías de depuración de aguas residuales en pequeños núcleos
  • Tecnoloxías fisicoquímicas e biolóxicas amigables para a remediación ambiental de augas naturais e residuais.
  • Vigilancia radiológica ambiental
  • Xestión sostible e aproveitamento químico de biomasa vexetal.

Planificación do ensino

Complementos de formación específicos

No caso de que o doutorando careza da formación previa completa esixida no programa, a súa admisión no programa poderá quedar condicionada á superación de complementos de formación específicos, que poderán ser materias ou módulos de máster e grao. Os complementos asignados a un mesmo doutorando non poderán superar os 15 créditos ECTS e poderán realizarse de forma previa ou simultánea á matrícula en tutela académica no programa.

No caso de realización simultánea o alumnado deberá matricularse destes complementos no momento de formalizar a matrícula de tutela académica no programa, que deberán superarse no prazo máximo de tres cuadrimestres consecutivos. De non facelo así, o alumnado causará baixa no programa.

Tamén podes consultar o Regulamento de Estudos de Doutoramento da UDC, Artigo 5: Admisión.

Actividades formativas da EIDUDC

Actividades formativas da EIDUDC

Actividades formativas do programa

1. Redacción e publicación de artigos e/ou publicacións científicas.

    Unha das actividades esenciais asociada á actividade investigadora é a comunicación dos resultados ao resto da comunidade científica. Unha vez obtidos os primeiros resultados de investigación suficientes para a elaboración dun artigo ou publicación científica indicaránselle ao estudante as directrices xerais para a súa redacción.

    De forma xenérica está prevista a publicación de polo menos tres publicacións durante o tempo de realización da tese de doutoramento, unha por ano; sendo o inglés o idioma preferente. Asúmese que esta actividade formativa implica unha ocupación horaria dunhas 300 horas (100 h por publicación).

    A validación desta actividade farase coa propia publicación, ou, no seu caso, a comunicación de aceptación definitiva por parte do editor da publicación.

2. Estadías en centros de I+D (+i).

    A estadía noutros centros de investigación é unha experiencia moi enriquecedora, que permite tanto a aprendizaxe de métodos e técnicas como facilitar o achegamento a outras formas na concepción da investigación. A estadía en centros estranxeiros pode permitir obter o doutoramento coa mención internacional, sempre que a súa duración sexa a esixida pola correspondente normativa.

    Esta actividade validarase coa presentación da correspondente certificación emitida polo doutor que supervise o/a doutorando/a no centro de acollida.

    Para o financiamento desta actividade acudirase a axudas públicas e/ou privadas.

3. Participación activa en seminarios (actividade obrigatoria).

    Estes seminarios, aos que se asignan un total de 42 horas, poden ser organizados por:

    • a comisión académica do programa de doutoramento (2 por ano),
    • persoal docente e investigador participante no programa de doutoramento (4 por ano),

Compromiso documental de supervisión

Especifica a relación académica entre o doutorando e a Universidade, os seus dereitos e deberes, incluídos os posibles dereitos de propiedade intelectual e/ou industrial derivados da investigación, así como a aceptación do procedemento de resolución de conflitos e a súa duración. Inclúe tamén os deberes do/a titor/a do doutorando e do seu director ou directora de tese.

O devandito compromiso será asinado por unha representación específica designada pola universidade, o/a titor/a e o doutorando, nun prazo máximo dun mes que comezará a contar desde a data da matrícula, mentres que a sinatura do/a director/a se incorporará no momento da súa designación.

Este compromiso de supervisión engadirase ao documento de actividades do doutorando no momento da súa sinatura por todas as persoas implicadas.

Tamén podes consultar o Regulamento de Estudos de Doutoramento da UDC, Artigo 13: Compromiso de supervisión.

Plan de investigación

Nun prazo de seis meses logo da matrícula, o estudante elaborará un Plan de Investigación que incluirá a metodoloxía, os obxectivos, os medios e a planificación temporal. O plan presentarase avalado co informe do director e/ou titor e deberá ser aprobado pola CAPD. Este plan poderá mellorarse no proceso de avaliación anual contando co aval do director e/ou titor.

Anualmente, a CAPD avaliará o Plan de Investigación, xunto cos informes que a tal efecto deberán emitir o titor/a e/ou o director/a, e o documento de actividades. A avaliación positiva será requisito indispensable para continuar no programa. En caso de avaliación negativa, o estudante elaborará un novo Plan que será avaliado no prazo de seis meses. En caso de nova avaliación negativa, causará baixa definitiva no programa.

Tamén podes consultar o Regulamento de Estudos de Doutoramento da UDC, Artigo 15: Plan de investigación.

Accións para a mobilidade do estudantado

A UDC mantén convenios de mobilidade de estudantes con universidades e institucións de educación superior de catro continentes. Cada curso académico publícanse varias convocatorias de mobilidade de estudantes para que estes poidan cursar parte dos seus estudos nunha desas institucións (un semestre ou un ano académico completo), obtendo pleno recoñecemento académico ao seu regreso no expediente UDC do estudante.

Nesas convocatorias publícanse as prazas das que a UDC dispón para ofrecer aos estudantes dos distintos centros e, no seu caso, as condicións específicas de cada unha delas. Do mesmo xeito, todos os anos convócanse bolsas para financiar a realización de prácticas no estranxeiro por parte dos estudantes

As prácticas serán tamén recoñecidas como parte do seu expediente académico ou no suplemento europeo ao título. O estudante é libre para buscar a empresa ou institución de destino do EEES na que desexa facer as prácticas. A estes efectos, a UDC ten un taboleiro virtual no que se publican as ofertas que chegan ao seu coñecemento.

As convocatorias de mobilidade xestiónanse conxuntamente nos centros de procedencia dos estudantes, baixo a dirección dos Responsables de Relacións Internacionais dos centros, e na Oficina de Relacións Internacionais da Universidade (ORI). Os requisitos xerais para acceder a unha praza de mobilidade, os dereitos e obrigacións dos estudantes, así como o procedemento para conceder as prazas regúlanse no Regulamento de Mobilidade da UDC.