O estudo está verificado e publicado
O estudo renovou a sua acreditación o venres, 19 de xullo de 2019.
Prezo para o alumnado con residencia en España ou na UE Prezo aproximado dun curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula con residencia en España ou na UE. |
836€ |
Prezo para o alumnado sen residencia en España ou na UE Prezo aproximado dun curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula sen residencia en España. |
1.045€ |
Prazas ofertadas para o curso 2023/2024 |
20 |
As funcións de management constituen unha das novas perspectivas de futuro, tanto para o sector productivo como o de servizos. A preparación e formación axeitada dos directivos, a través de técnicas de xestión de proxectos e a súa implantación, son factores chave no progreso, camiñando cara a unha mellora da competitividade das empresas e da calidade dos produtos e servizos.
O Project Manager deberá impulsar e dirixir o proxecto desde unha perspectiva de globalidade, levando a cabo os procesos de inicio, planificación, execución, seguimento, e peche de todo o proxecto. Deberá, por tanto, liderar e conducir as operacións cara á consecución do alcance do proxecto, dentro do tempo, do custo e da calidade acordados.
A formación que se desenvolve a través do Mestrado en Dirección Integrada de Proxectos (MODALIDADE PRESENCIAL OU MODALIDADE ON-LINE) enmárcase dentro deste modelo e pretende completar a formación dos profesionais que actúan de xeito parcial no proxecto, realizando as súas funcións dentro dalgúns dos procesos que compoñen o proxecto.
Co programa do Mestrado DIP pretendemos atender da maneira máis axeitada unha demanda profesional específica, exclusiva para profesionais de sectores estratéxicos, e adaptada ás características socioeconómicas da nosa contorna.
O Mestrado en Dirección Integrada de Proxectos está orientado a profesionais vencellados á construción, ás novas tecnoloxías e ao deporte que queiran adquirir unha formación de xestión ligada á súa formación base.
Este estudo é interuniversitario, ademais da Universidade da Coruña , participan na súa docencia as seguintes universidades:
Curso de comezo | 2009/2010 |
Data autorización Consello Xunta | 13/03/2008 |
Data publicación BOE de carácter oficial | 25/11/2011 |
Data publicación plan estudos DOG | 11/07/2018 |
Data publicación plan estudos BOE | 14/07/2018 |