Máster Universitario en Vehículos Autónomos

2026/2027 · 90 créditos

Introdución

O máster é interuniversitario, impartido na Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF) no Campus de Esteiro, na Universidade de Santiago e na Universidade de Vigo.
A distribución da formación é a seguinte:
-    45 ECTS de formación común, que se poden realizar en calquera das tres localizacións. 
-    27 ECTS de especialización, a partires do segundo semestre. Pódese optar por vehículos mariños (UDC), aéreos (USC) ou vehículos terrestres (UVigo). Cada lugar ofrece unha especialidade única e requírese presencialidade.
-    6 ECTS - Prácticas en empresas.
-    12 ECTS - Proxecto Final de Mestrado.

O estudo está pendente de verificación

 

Prazas ofertadas para o curso 2026
8

Por que estudar a titulación

O obxectivo principal deste Máster Interuniversitario entre a Universidade de A Coruña, a Universidade de Santiago e a Universidade de Vigo, coordinadora da formación, é  proporcionar formación avanzada en cuestións de mobilidade en todos os ambientes (terrestre, aéreo e marítimo), cunha clara orientación cara a unha especialización profesional de alto nivel, que axude a coñecer os aspectos tecnolóxicos e os retos da mobilidade autónoma. Do mesmo xeito, a formación inclúe unha visión aplicada deste coñecemento con prácticas en laboratorios e bancos de ensaio reais.
As tres especializacións tamén ofrecen a posibilidade de centrarse máis especificamente nas peculiaridades de cada tipo de vehículos e na tecnoloxía asociada a eles (mariños, aéreos ou terrestres).

Folla de ruta

Curso de comezo 2026