O máster nace do proxecto “Galicia 2030: Perfís profesionais de futuro e novas titulacións e especialidades universitarias” desenvolto por FEUGA para a Consellería de Cultura, Educación e Universidades da Xunta de Galicia. Nese proxecto destácase a necesidade de cubrir o rol de experto/a en Economía Circular dentro da actividade formativa do Sistema Universitario de Galicia dada a demanda de profesionais nesta área.
Trátase dun máster interuniversitario que se desenvolverá na Facultade de Economía e Empresa como centro responsable da docencia na Universidade da Coruña. Contará coa participación de profesorado especializado da propia Universidade da Coruña (UDC) e das Universidades de Vigo (UVIGO, coordinadora interuniversitaria) e de Santiago de Compostela (USC). Dentro do programa de actividades docentes do máster haberá contacto con representantes do tecido produtivo galego e con profesionais neste ámbito, incluíndo visitas guiadas a empresas e institucións que estean a aplicar os principios da Economía Circular.
Visita súa páxina web:
Mestrado en Economía Circular O estudo está verificado e pendente de publicación
Prazas ofertadas para o curso 2025/2026 |
10 |
Este máster facilita a formación necesaria para as persoas interesadas en desenvolver actividades relacionadas coa Economía Circular en diversas organizacións, sexan públicas ou privadas. A Economía Circular é un ámbito con crecente demanda de profesionais pola súa relación coa sustentabilidade de calquera actividade económica e social, abarcando todos os elementos que rodean e definen calquera produto ou servizo, desde a obtención de materias primas, a fase de produción, o momento do consumo ata o final da vida útil.